• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

Ilustrada [Palabra & imaxe]

[OFERTA] El Casino de Vigo

5,90 

Crónica ilustrada de la histórica sociedad de recreo (1847-1936)

 

Formato: 212 pp. 20×19 cms
ISBN: 978-84-89323-77-3

 

O historiador e investigador vigués Rubén Martínez Alonso viaxou a aqueles anos aurorais nos que Vigo se construía como grande cidade. E recolleu nestas páxinas a crónica do Casino dende 1847 a 1936. Os bailes, o teatro, o cinema, as visitas de personalidades ilustres (Joaquín Loriga, Castelao, Alfonso XIII e Victoria Eugenia, Basilio Álvarez, Ramón Cabanillas, Rodríguez de Viguri…). Detense tamén na contabilidade, na moda ou na arquitectura arredor do Casino de Vigo. Un relato enriquecido por un cento de fotografías históricas e ilustracións; moitas delas, tamén inéditas.

50 Cafés históricos de España y Portugal

24,00 

Formato 212 pp. 20 x 19 cms.
ISBN: 978-84-89323-90-2

 

Unha guía ilustrada con máis de 330 fotografías e documentos de época.

 

Cafés históricos de España e Portugal: cincuenta museos vivos reunidos por vez primeira nun roteiro único.

 

O aroma dos vellos e grandes Cafés. Por vez primeira, un percorrido histórico, literario e humano con parada en cincuenta dos locais máis emblemáticos de España e Portugal. Ilustrado con 330 fotografías e documentos de época.

 

O autor introdúcenos nunha atmosfera singular na que os reloxos parecen terse detido, a conversa é rica e pausada e a lectura convértese nun verdadeiro pracer. Neles chegamos a sentir o eco de preto dun Pablo Picasso, Valle-Inclán, Fernando Pessoa ou mesmo Mick Jagger ou Sara Montiel.

 

Estes 50 CAFÉS HISTÓRICOS DE ESPAÑA Y PORTUGAL son museos vivos. Representan unha heroica historia de supervivencia. 

 

Como sinala Antonio Bonet Correa no Prólogo, “son ejemplares únicos que deben ser visitados por lo menos una vez en la vida”.

 

Adaptados aos novos tempos, resultan hoxe tamén lugares dinámicos, multiculturais, que convocan a todo tipo de xentes.

A Universidade retratada

24,00 

Jules David-Cavaz en Galicia (1882)

Carlos Castelao

 

Páxinas: 132. Formato: 20 x 19 cms.
Impreso a cor en papel ecolóxico. Cosido a fío.

 

Ven a luz, por vez primeira, os rostros de profesores e alumnos da Universidade de Santiago retratados en 1882. Son as primeiras imaxes en grupo desta institución. O seu autor é o fotógrafo francés Jules David-Cavaz e foron localizadas polo Arquivo Histórico Universitario. A partir deste achado, o fotohistoriador Carlos Castelao leva a cabo un revelador estudo das persoas fotografadas, da propia Universidade de Santiago en 1882 e do moi descoñecido autor Daviz-Cavaz. Este volume publica máis de 150 fotografías daqueles días de 1882; a maior parte delas, descoñecidas. Un documento único.

AS FLORIÑAS DE SAN FRANCISCO

29,00 

Formato: 149 pp. 30×24 cms.
ISBN: 978-84-89323-56-8
[Capa dura]

 

Traducido ao galego directamente do italiano medieval (s. XIV).

 

Un texto de finais do século XIV, os Fioretti ou Floriñas de san Francisco, foron traducidos ao galego dende o italiano medieval por Darío Xohán Cabana e ilustrados, para esta coidada edición, por Darío Basso.

 

Os Fioretti ou Floriñas de san Francisco foron compostas por un autor anónimo toscano entre 1370 e 1390. Narran a vida e milagres do santo fundador da orde franciscana. Dividida en 53 capítulos, esta obra relata precisamente no seu capítulo cuarto a viaxe de san Francisco a Santiago de Compostela e a súa decisión de fundar aquí o primeiro convento e o inicio da orde franciscana. Deste feito conmemórase en Galicia en 2014 o oitavo centenario.

 

Traducida ao longo dos tempos a varios idiomas, agora, por vez primeira, esta obra pode ser lida en galego, nunha esmerada coedición de Alvarellos Editora e a Xunta de Galicia. Darío Xohán Cabana é o responsable da tradución do texto, realizada directamente desde o italiano medieval. O volume enriquécese con dezasete impactantes acuarelas de Darío Basso.

 

Na súa introdución, Xohán Cabana describe o ton destas Floriñas:

“Os Fioretti son un delicioso libro de contos piadosos, a miúdo salpicados de graza e humor e sempre cheos de profunda emoción relixiosa, mística e fraternal. As figuras de san Francisco e dos seus compañeiros e seguidores xorden destas páxinas cunha extraordinaria capacidade de sedución, cheos de vida e de verdade e, por que non dicilo así, de simpatía persoal”.

 

PREMIO DA EDICIÓN DE GALICIA

A tradución de Darío Xohán Cabana recibiu o Premio da Edición de Galicia 2014 á Mellor Tradución do Ano. O galardón foi entregado ao editor Henrique Alvarellos e ao tradutor Xohán Cabana no transcurso da Noite da Edición de Galicia, celebrada en Pontevedra o 13 de marzo de 2015.

As orixes da fotografía en Galicia

29,50 

Estudios composteláns do XIX

Carlos Castelao

 

300 pp. 23×21 cms.
ISBN 978-84-16460-51-9

 

Unha obra pioneira, resultado de anos de fonda investigación, que achega descubrimentos sorprendentes do nacemento da arte fotográfica na Galicia do século XIX.

 

O seu autor, o fotohistoriador Carlos Iglesias Castelao (de orixe asturiana e afincado en Compostela dende 1988), ofrece nestas páxinas un traballo rigoroso, documentadísimo e enormemente didáctico.

 

Un volume ilustrado con máis de 350 imaxes (moitas delas, totalmente inéditas) que principia situando os albores da fotografía no noso país para presentar de seguido o máis completo traballo coñecido ata hoxe sobre a fotografía dunha cidade galega nun período concreto.

 

Son as precursoras e precursores da nova arte da imaxe en Santiago de Compostela. Trázase a biografía de ata vinte e catro profesionais e os seus estudos fotográficos; demóstrase a interrelación nunha maioría deles, a súa ideoloxía común progresista ou o seu achegamento á masonaría.

 

Dedícase un apartado á presenza da muller na fotografía con novas descubertas arredor de Rosalía de Castro e os seus fotógrafos. Inclúese a historia completa do primeiro fotógrafo galego con estudo propio, Andrés Cisneros, e mesmo descubrimos feitos ben singulares como a historia do neno fotógrafo Luis Hermida, de oito anos…

 

Trátase, en fin, dun traballo sen precedentes na historia galega da fotografía que nos fará gozar desta arte que, na segunda metade do século XIX, cambiaría a nosa forma de ver o mundo.

 

PREMIO ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ 2018

As orixes da fotografía en Galicia recibiu o Premio Antón Losada Diéguez 2018 ao mellor Ensaio do Ano. O xurado salienta “a calidade e intensidade de investigación documental realizada sobre a chegada e asentamento da fotografía na sociedade compostelá”. Así mesmo, destácase a calidade e coidado da súa edición, e o interese das fotografías reproducidas que axudan a rescatar a memoria visual da época e complementan a investigación documental sobre a vida e traxectoria dos primeiros fotógrafos.

 

A obra foi, ademais, finalista na modalidade de Ensaio na Gala do Libro Galego 2019.

CAMINO DE SANTIAGO A MUXÍA POR BRANDOMIL (EDICIÓN EN CASTELÁN)

12,90 

116 pp. 12 x 22 cms.
ISBN 978-84-16460-56-4

 

Unha guía que é toda unha descuberta. Convídanos a percorrer unha senda histórica apenas recoñecida ata hoxe. Trátase do camiño máis dereito entre Compostela e Muxía, empregado dende hai séculos por peregrinos e camiñantes e que ten como un dos emblemas a ponte medieval de Brandomil (ata Negreira coincide co Camiño oficial de Santiago a Fisterra-Muxía).

 

Unha ruta de 86 quilómetros e que aquí se nos presenta con todos os seus atractivos: plano con etapas, lugares e monumentos para visitar, e ilustrada con setenta e cinco reveladoras fotografías.

 

Unha guía práctica que nos convida a percorrer con acougo natureza e historia, porque, como afirma o autor, “andar os vellos camiños é reclamar o futuro”.

CAMIÑO DE SANTIAGO A MUXÍA POR BRANDOMIL [Edición en galego]

12,90 

Unha ruta histórica ilustrada con 75 reveladoras fotografías.

 

116 pp. 12 x 22 cms.
ISBN 978-84-16460-55-7

 

A guía que é toda unha descuberta. Convídanos a percorrer unha senda histórica apenas recoñecida ata hoxe. Trátase do camiño máis dereito entre Compostela e Muxía, empregado dende hai séculos por peregrinos e camiñantes e que ten como un dos emblemas a ponte medieval de Brandomil (ata Negreira coincide co Camiño oficial de Santiago a Fisterra-Muxía).

 

Unha ruta de 86 quilómetros e que aquí se nos presenta con todos os seus atractivos: plano con etapas, lugares e monumentos para visitar, e ilustrada con setenta e cinco reveladoras fotografías.

 

Unha guía práctica que nos convida a percorrer con acougo natureza e historia, porque, como afirma o autor, “andar os vellos camiños é reclamar o futuro”.

 

[Ver edición en castelán, aquí]

Cores para aloumiñar soños

24,00 

Vida e obra de Miguel Anxo Macía

 

ISBN: 978-84-89323-76-6
Páxinas: 228
Medidas: 20×19 cm
Idioma: galego
Encadernación: cartonado
Data saída 1ª edición: febreiro 2012

 

Biografía ilustrada do pintor e escultor Miguel Anxo Macía (Lugo, 1955) elaborada polo profesor Camilo Gómez Torres. Pertencente á coñecida como “Xeración do 75”, Macía, un artista na plenitude do seu proceso creativo, é un dos pintores galegos máis destacados. “A obra de Miguel Anxo Macía —sinala o autor— sorprende pola súa perfección técnica, a mestría do seu debuxo, a exuberancia sensual da súa inesgotábel paleta cromática, a identificación coa terra na que naceu e a tensión emotiva das súas composicións pictóricas”. Este ensaio inclúe unha galería gráfica onde se reproducen máis de 200 obras (cadros e esculturas) do artista, dende os seus primeiros traballos, a comezos dos anos 70, ata a actualidade.

De Compostela ao exilio interior: Francisco Fernández del Riego

23,00 

Antón Mascato

 

164 pp . 20 x 19 cms
ISBN: 978-84-18567-41-4
Papel FSC Amigo dos Bosques

 

Esta obra de Antón Mascato –o primeiro biógrafo de Fernández del Riego–, percorre, dun xeito divulgativo e áxil, os fitos biográficos de Fernández del Riego, apoiada nunha ampla fotobiografía do protagonista, que inclúe máis de 200 imaxes e ilustracións.

 

Un capítulo principal do percorrido vital do protagonista detense en Compostela, pois esta cidade tivo en Francisco Fernández del Riego a un dos seus veciños máis ilustres. Residente en Santiago desde 1931 ata o seu exilio interior en 1939, foron anos nos que fragua o seu coñecemento e desenvolve a súa valía, nos que amosa o seu espírito afouto e acada meritorios obxectivos intelectuais e sociais.

 

Del Riego foi membro do Seminario de Estudos Galegos, dirixente estudantil, secretario do Grupo galeguista de Santiago, fundador do Partido Galeguista, profesor na Facultade de Dereito, secretario de actas da Comisión do Estatuto de Autonomía para Galicia, activista político, colaborador de prensa, especialista en arte… e isto só na década fundamental de 1930.

 

Logo será tamén ensinante e traballador de revistas relacionadas co mar, fundador de Editorial Galaxia, refundador do Partido Galeguista, editor, director da Fundación Penzol, preso político, xerente de Artes Gráficas Galicia, académico e presidente da Real Academia Galega, ensaísta e autor dunha extensa obra de divulgación da lingua, da literatura, da cultura e da política galegas, fundador e secretario do Partido Socialista Galego, bibliófilo ou coleccionista de arte.

 

O libro chega ás librarías a finais de abril de 2023, no ano en que Galicia homenaxea a don Paco co Día das Letras Galegas, celebración que precisamente el creou en 1963. A ilustración da capa é obra de Irene Fra Gálvez.

 

 

El Castillo de Soutomaior [Ed. en castelán]

20,00 

Formato: 17×21 cms. 184 pp.
ISBN castelán 978-84-16460-84-7

 

Todos os castelos encerran historias, pero a do Castelo de Soutomaior é moi especial. O historiador Diego Piay Augusto rescátaa no seu novo libro O castelo de Soutomaior. Un lugar cheo de historias (Alvarellos Editora – Deputación de Pontevedra), que ve a luz no verán de 2020, publicado en tres idiomas (galego, castelán e inglés).

 

A fortaleza de Soutomaior elévase maxestosa e en silencio, dominando o val do río Verdugo, na provincia de Pontevedra. O seu pasado agóchase tras unhas robustas murallas e remóntase ata o século XII. A fascinación que suscita este lugar atravesou todas as etapas da súa historia e chega ata os nosos días. Propietarios e visitantes ilustres deixaron aquí unha imborrable pegada e forman xa parte para sempre do Castelo de Soutomaior.

 

Este libro non é un ensaio histórico, nin unha guía ao uso, senón unha obra ilustrada que nos levará a descubrir un castelo que pasou de ser centro de poder na Galicia medieval a caer no esquecemento, para rexurdir novamente a finais do século XIX.

 

MÁIS DE CEN FOTOGRAFÍAS, ILUSTRACIÓNS E PLANOS

Unha narración enriquecida con multitude de anécdotas e informacións descoñecidas ata hoxe, e que inclúe máis dun centenar de fotografías (históricas e actuais), ilustracións e planos que somerxerán ao lector na historia dun dos monumentos máis sobresaíntes das Rías Baixas.

El tren de Rosalía. Historia del primer ferrocarril gallego

24,00 

Tomás Cavanna Benet

Prólogo:
Suso de Toro

 

224 pp. 20 x 19 cms.
ISBN: 978-84-18567-36-0
Impreso en Papel FSC Amigo dos Bosques

A incrible e sinuosa historia da chegada do ferrocarril a Galicia en 1873

 

Cando o 15 de setembro de 1873 arrincou, desde a estación Cornes (Conxo) –ao sur de Santiago de Compostela– o primeiro ferrocarril de Galicia, o vapor que a locomotora ía deixando ao seu paso, camiño de Carril, parecía ir debuxando, no aire, a incrible e tortuosa historia, chea de contratempos, que se conta con todo detalle nesta obra, El tren de Rosalía. Historia del primer ferrocarril gallego (Alvarellos Editora-Consorcio de Santiago), escrita polo periodista Tomás Cavanna Benet e prologada polo escritor e Premio Nacional de Narrativa Suso de Toro.

 

Unha peripecia digna dun verdadeiro guión cinematográfico. Con final feliz, si, incluída a gran festa de inauguración daquel luns de hai 150 anos, pero que arrastrou, en cada curva da vía, todos os posibles problemas que un se poida imaxinar…

 

CONVERTER SANTIAGO EN «PORTO DE MAR»

A idea de converter Santiago en «porto de mar» xurdira dúas décadas antes, en 1859, cando xa os trens circulaban, por exemplo, por Barcelona, Madrid, Zaragoza, Alacant ou Irún. En Galicia, o contexto económico era moi adverso e, precisamente por esta razón, o tren viría —digámolo en termos ferroviarios— a cambiar a agulla do país, a traer riqueza. Así o pensaron os primeiros actores daquela fazaña, como o republicano José Sánchez Villamarín ou o prestixioso xeógrafo Domingo Fontán.

 

Pero todo serían dificultades no seu soño: falta de recursos (a pantasma da quebra planeou continuamente sobre o proxecto), erros de cálculo na previsión de custos e mesmo os grandes rentistas asustaban con bulos afirmando que o paso do tren deixaría ás vacas sen leite.

 

A DERRADEIRA VIAXE DE ROSALÍA DE CASTRO 

Esta é, pois, a historia do tren de Rosalía. “De Rosalía” porque a gran poeta viviu os seus anos finais ao pé da estación de Padrón, e porque os seus restos mortais realizaron nel a súa última viaxe en 1891, como ben relata no prólogo o escritor Suso de Toro.

 

Tomás Cavanna é un profundo coñecedor da historia que aquí nos relata coa axilidade e o dato preciso do xornalista sagaz. A súa crónica, ademais, está ilustrada con máis de 130 imaxes e documentos moi descoñecidos.

 

Digamos, pois, como o autor nas súas primeiras palabras: «Lectores, ao tren!»

 

 

 

 

Entremurallas (Lugo. Patrimonio y arte)

23,90 

María Elena Cortés López (coord.)

[Obra colectiva]

 

388 pp . 15 x 23 cms.
ISBN 978-84-18567-60-5.
PAPEL FSC Amigo dos Bosques

 

Este traballo colectivo foi promovido polo Grupo Iacobus da Universidade de Santiago de Compostela e reúne o traballo de catorce especialistas arredor do patrimonio e da arte da cidade de Lugo.

 

Baixo o título de Entremurallas (Lugo. Patrimonio e arte) estúdanse, entre outros, espazos emblemáticos da cidade como a Muralla Romana, o convento de San Francisco, sede do Museo Provincial, xunto con outros estudos arredor do terremoto de 1751, a pintura de Xulia Minguillón ou a imaxe de Lugo na prensa ilustrada do século XIX.

 

O obxectivo destas páxinas, ilustradas con máis de cen fotografías, non é outro que reforzar o valor cultural do patrimonio artístico da cidade e concienciar sobre a necesidade da súa imprescindible protección.

 

Entremurallas está coordinado pola historiadora da Arte Miriam Elena Cortés López e rende homenaxe póstuma a unha das coautoras, a profesora Ana Goy Diz (1966-2022), membro do Grupo de Investigación Iacobus e do Departamento de Historia da Arte.

 

 

NP_GAL_ENTREMURALLAS_Alvarellos_Ed_2024

NP_ESP_ENTREMURALLAS_Alvarellos_Ed_2024

 

 

AUTORÍA POR ORDE DE APARICIÓN

 

Ana E. Goy Diz
María Pilar Coto Orge
José Manuel García Iglesias
Leopoldo Fernández Gasalla
María Dolores Barral Rivadulla
Diana Duo Ramila
Ana Pérez Varela
Juan Manuel Monterroso Montero
Miriam Elena Cortés López
Begoña Fernández Rodríguez
María Rivo Vázquez
Alicia M. González Bouza
Mónica Rey Cabezudo
Patricia Cupeiro López

 

 

 

GALAICOS. Un pobo entre dous mundos [Edición en galego]

24,00 

Formato: 21×17 cms. 184 pp.
ISBN 978-84-16460-49-6

 

  • 2000 anos de historia de Galicia a través de 20 emblemáticos xacementos.

 

  • 160 ilustracións e fotografías, xunto con fichas didácticas das escavacións.

 

  • Perspectivas aéreas nunca antes vistas, obtidas por medio de drones.

 

O noroeste da península ibérica é unha das zonas de España con maior densidade de xacementos arqueolóxicos. Esta guía, coeditada por Alvarellos Editora e a Deputación de Pontevedra, mostra 2.000 anos de historia de Galicia –dende a Idade de Bronce ata o primeiro cristianismo– a través de vinte emblemáticos xacementos, ubicados na provincia de Pontevedra.

 

Galaicos, un pobo entre dous mundos ofrece unha ampla e atractiva despregadura gráfica, que inclúe 160 impactantes fotografías e ilustracións, con textos e fichas elaboradas polas arqueólogas e arqueólogos que traballaron nas escavacións: Rafael Rodríguez, Antoni Nicolau, Xurxo Ayán, Diego Piay e Mª Luisa Castro.

 

Eles levarannos a coñecer, de primeira man e de xeito didáctico, a enorme riqueza deste patrimonio cultural único.

 

A guía inclúe un percorrido polos xacementos de A Cabeciña, Penalba, Santa Trega, A Lanzada, Monte do Facho, Monte do Castro, Alobre, Castrolandín ou Adro Vello, entre moitos outros.

 

Apórtanse os resultados das máis recentes investigacións, que sitúan a Galicia, na prehistoria, coma ponte entre o Atlántico e o Mediterráneo, e perspectivas aéreas nunca antes vistas, obtidas por medio de drones.

 

Esta guía lánzase ao mercado coincidindo coa exposición homónima itinerante que se inaugura en Madrid, no Museo Arqueológico Nacional, no outono de 2018, promovida pola Deputación de Pontevedra. Abaixo podemos ver o vídeo promocional desta ambiciosa mostra:

GALAICOS. Un pueblo entre dos mundos

24,00 

[Edición en castelán]

 

Formato: 21×17 cms. 184 pp.
ISBN 978-84-16460-47-2

 

  • 2000 anos de historia de Galicia a través de 20 emblemáticos xacementos.

 

  • 160 ilustracións e fotografías, xunto con fichas didácticas das escavacións.

 

  • Perspectivas aéreas nunca antes vistas, obtidas por medio de drones.

 

O noroeste da península ibérica é unha das zonas de España con maior densidade de xacementos arqueolóxicos. Esta guía, coeditada por Alvarellos Editora e a Deputación de Pontevedra, mostra 2.000 anos de historia de Galicia –dende a Idade de Bronce ata o primeiro cristianismo– a través de vinte emblemáticos xacementos, ubicados na provincia de Pontevedra.

 

Galaicos, un pueblo entre dos mundos ofrece unha ampla e atractiva despregadura gráfica, que inclúe 160 impactantes fotografías e ilustracións, con textos e fichas elaboradas polas arqueólogas e arqueólogos que traballaron nas escavacións: Rafael Rodríguez, Antoni Nicolau, Xurxo Ayán, Diego Piay e Mª Luisa Castro.

 

Eles levarannos a coñecer, de primeira man e de xeito didáctico, a enorme riqueza deste patrimonio cultural único.

 

A guía inclúe un percorrido polos xacementos de A Cabeciña, Penalba, Santa Trega, A Lanzada, Monte do Facho, Monte do Castro, Alobre, Castrolandín ou Adro Vello, entre moitos outros.

 

Apórtanse os resultados das máis recentes investigacións, que sitúan a Galicia, na prehistoria, coma ponte entre o Atlántico e o Mediterráneo, e perspectivas aéreas nunca antes vistas, obtidas por medio de drones.

 

Esta guía lánzase ao mercado coincidindo coa exposición homónima itinerante que se inaugura en Madrid, no Museo Arqueológico Nacional, no outono de 2018, promovida pola Deputación de Pontevedra. Abaixo podemos ver o vídeo promocional desta ambiciosa mostra:

Gárgolas de Compostela | Compostela Gargoyles

16,90 

Benxamín Vázquez
Fotografías de Xaime Cortizo

 

146 pp. Formato 12 x 22 cms
ISBN 978-84-18567-31-5
Impreso en papel FSC

 

Santiago de Compostela é quizais a cidade europea con maior densidade de gárgolas, esas máscaras pétreas —enigmáticas, divertidas, transgresoras— que nos contemplan desde o alto a partir da Idade Media. Hai máis de 300, e nesta pioneira guía trilingüe (galego, castelán e inglés) selecciónanse 30 das máis singulares, nunha ollada nova e moi sorprendente desta capital.

 

Santiago de Compostela es quizás la ciudad europea con mayor densidad de gárgolas, esas máscaras de piedra –enigmáticas, divertidas, transgresoras– que nos contemplan desde lo alto a partir de la Edad Media. Hay más de 300, y en esta guía seleccionamos 30 de las más singulares, en una nueva y muy sorprendente visión de esta capital.

 

Santiago de Compostela is perhaps the European city with the highest density of gargoyles, those stone figures –enigmatic, amusing, transgressive– that have peered down on us since the Middle Age. There are more than 300, and in this guide we select 30 of the most unique, offering a new and quite surprising vision of this capital.

 

 

Guía de Padrón

13,90 

Camino de Santiago, cultura, arte y gastronomía

Manuel Garrido

 

ISBN 978-84-16460-54-0
Pp.: 112. Formato 12×22 cms.
Idioma: castelán

 

Padrón é o epicentro das tradicións que deron orixe ao Camiño de Santiago. A guía que tes nas túas mans levarache por este rico patrimonio. Ademais, descubrirás que Padrón ofrece grandes atractivos: os edificios nobres e a arte do seu milenario centro histórico, as casas fundadoras de dous escritores únicos: Rosalía de Castro e Camilo José Cela, unha gastronomía liderada polos pementos de Herbón-Padrón e a senlleira lamprea (un peixe de 500 millóns de anos). Ademais, os seus sedutores espazos naturais, bañados polos ríos Sar e Ulla, e as súas animadas festas, que non debes perder.

 

Máis de cen fotografías e planos explicativos ilustran esta nova proposta.

 

Esta é a guía que faltaba para que todas as persoas, sexan peregrinas, viaxeiras, visitantes ou veciños, descubran e gocen de Padrón.

Guía verde de Santiago (castellano)

12,00 

UN PERCORRIDO ALTERNATIVO E INÉDITO POLA CAPITAL DE GALICIA
(Edición en Castelán)

 

Pp.: 216
Medidas: 12×22
Encadernación: capa branda plastificada
Idioma: castelán
Data de aparición: 30 de decembro 2009
ISBN: 978-84-89323-32-2

 

Chega ás librarías unha guía nova e orixinal de Compostela que se ocupa dun aspecto moi pouco tratado ata hoxe, pese a que a capital de Galicia é unha das cidades con máis metros cadrados de parques e xardíns por habitante de toda a Península Ibérica.

 

Trátase da Guía verde de Santiago, unha obra coeditada co Museo de Historia Natural da USC e que conta coa colaboración da Concellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentable do Concello de Santiago. A guía, que sae publicada en dúas edicións, galego e castelán, está avalada polo Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago. A directora deste Museo, a botánica María Isabel Fraga, é a coordinadora do libro ademais de ser a autora dos textos, en colaboración con Martín Souto e Daniel Castro. Tamén participan Xan Guerra e Francisco Leonardo.

 

PAPEL ECOLÓXICO E 250 FOTOGRAFÍAS

Impresa en papel reciclado e ecolóxico (procedente de bosques sustentables), esta primeira guía verde da cidade é toda unha descuberta. Un volume ameno, didáctico e sinxelo que inclúe 250 fotografías a toda cor, ilustracións e mapas de 18 parques e xardíns e fichas prácticas de 130 especies arbóreas.

 

En total, 216 páxinas nas que se traza un percorrido a través das sorprendentes zonas verdes da capital de Galicia. O libro divídese en dúas partes: a primeira céntrase nos parques máis representativos do núcleo urbano: Alameda, San Lourenzo, Campus Sur, Eugenio Granell, Bonaval, Belvís…

 

De cada un destes espazos vaise describindo a súa historia, singularidades e especies arbóreas. A segunda parte é toda unha guía botánica con fichas, fotos, debuxos e comentarios de 130 especies arbóreas que están presentes nos parques e xardíns de Compostela.

 

Ver Edición en Galego

La ciudad donde las piedras florecen

16,00 

Guía botánica de los muros históricos de Compostela

 

Formato: 138 pp. 12×22 cms.
ISBN: 978-84-89323-80-3

 

De Santiago de Compostela lévanse escrito centos de libros e milleiros de páxinas. Pero ningunha obra se dedicara, ata agora, a descubrir esas plantas que —emerxendo da pedra como da nada— florecen espontáneas nos muros históricos da cidade.

 

Esta guía móstranos como identificar e localizar as 50 plantas con flores máis representativas de once muros históricos de Compostela. Ordenada en prácticas fichas, cada unha inclúe os datos básicos da flor silvestre coa súa fotografía, as súas denominacións populares en galego e castelán e a localización na cidade. Tamén conta cun apartado de curiosidades e un breve dicionario botánico.

Memorias do Café Derby (1929-2020)

24,00 

Fernando Franjo

Páxinas: 192. Formato: 20 x 19 cms.
ISBN 978-84-18567-13-1.
Cosido con fío vexetal.
Impreso en papel amigo dos bosques.

 

A historia máis íntima e gráfica dun establecemento centenario: o Café Derby (1929-2020) de Santiago de Compostela. Inclúe 130 fotografías e documentos da época, boa parte deles, inéditos. Tamén se inclúen os testemuños de varias xeracións que foron protagonistas dos seus inesquecibles faladoiros.

MULLERES ENTRE REDES

27,50 

Cartoné. 112 pp. 24 x 24 cms.
ISBN 978-84-89323-95-7

 

A artista plástica Ana Cancela confeccionou esta obra na que reivindica o tradicional oficio das redeiras.

 

Ao longo de 112 páxinas, a autora leva a cabo un suxestivo percorrido visual polo mundo das redeiras empregando, para iso, diversas técnicas artísticas que mesturan fotografía, gravado dixitalizado, debuxo e colaxe. A carón da obra plástica, o libro recolle tamén unha serie de textos procedentes de varios autores e relacionados sempre coa dignidade da muller, da muller traballadora, e coa defensa do oficio das redeiras.

 

As imaxes recollidas na obra proceden de redeiras de Portonovo, no municipio de Sanxenxo.

 

O PARADOXO DUN OFICIO TRADICIONAL

Como sinala no seu Limiar o filósofo Marcelino Agís, «Mulleres entre redes amosa un oficio tradicional, o das redeiras, mergullado nun sorprendente paradoxo. Por unha banda, é unha actividade imprescindible para a pesca: sen redes non se pode saír faenar. Por outra, trátase dun traballo que nos fala da invisibilidade da muller que o realiza: está no peirao pero ninguén pode ver esas mans que reparan as redes coas súas puntadas. Se cadra por esta razón este libro é ao mesmo tempo un testemuño dun traballo ancestral e unha reivindicación da dignificación e visibilidade deste oficio».

 

DO INVISIBLE AO VISIBLE

O Castelo de Soutomaior [Edición en galego]

20,00 

Diego Piay

 

Formato: 17×21 cms. 184 pp.
ISBN galego 978-84-16460-85-4

 

Todos os castelos encerran historias, pero a do Castelo de Soutomaior é moi especial. O historiador Diego Piay Augusto rescátaa no seu novo libro O castelo de Soutomaior. Un lugar cheo de historias (Alvarellos Editora-Deputación de Pontevedra) que ve a luz no verán de 2020, publicado en tres idiomas (galego, castelán e inglés).

 

A fortaleza de Soutomaior elévase maxestosa e en silencio, dominando o val do río Verdugo, na provincia de Pontevedra. O seu pasado agóchase tras unhas robustas murallas e remóntase ata o século XII. A fascinación que suscita este lugar atravesou todas as etapas da súa historia e chega ata os nosos días. Propietarios e visitantes ilustres deixaron aquí unha imborrable pegada e forman xa parte para sempre do Castelo de Soutomaior.

 

Este libro non é un ensaio histórico, nin unha guía ao uso, senón unha obra ilustrada que nos levará a descubrir un castelo que pasou de ser centro de poder na Galicia medieval a caer no esquecemento, para rexurdir novamente a finais do século XIX.

 

MÁIS DE CEN FOTOGRAFÍAS, ILUSTRACIÓNS E DOCUMENTOS

Unha narración enriquecida con multitude de anécdotas e informacións descoñecidas ata hoxe, e que inclúe máis dun centenar de fotografías (históricas e actuais), ilustracións e planos que somerxerán ao lector na historia dun dos monumentos máis sobresaíntes das Rías Baixas.

Piueiro. Caderno da Tripulación

19,90 

Manuel Álvarez
Marta Dacosta

 

64 pp . 22 x 27 cms.
ISBN 978-84-18567-67-4
Impreso en papel amigo dos bosques
Cosido con fío vexetal
Entapado con sobrecuberta

 

Á VENDA A PARTIR DE DECEMBRO DE 2024

 

Impactante e coidado volume ilustrado que rende homenaxe, a través de vinte retratos do fotógrafo Manuel Álvarez e dos versos de Marta Dacosta, ao mundo mariñeiro da Guarda. Un proxecto gráfico e de memoria promovido pola Asociación Piueiro.

 

NP_GAL_PIUEIRO_Alvarellos_ed_2024

 

Piueiro. Caderno da Tripulación (Alvarellos Editora) é unha obra moi singular, un proxecto nacido do maxín do fotógrafo Manuel Álvarez Álvarez (A Guarda, 1954) e que conta cos inspirados e rotundos versos da poeta Marta Dacosta (Vigo, 1966).

 

Trátase dun libro gráfico, en edición moi coidada, que reúne os rostros de 20 coñecidas persoas mariñeiras da Guarda. Como unha loita contra a desmemoria e contra todo o patrimonio perdido, o fotógrafo Manuel Álvarez rescata estes rostros como un exercicio de resistencia. Son vinte imaxes que retratan a coñecidos e actuais mariñeiros da Guarda. A carón delas, os poemas de Marta Dacosta. E, ademais, Piueiro conta coa colaboración do historiador Joaquín Miguel Villa Álvarez e dun dos retratados, o patrón de pesca Xaquín Cadilla.

 

Sobre os protagonistas fotografados di o historiador Villa Álvarez:

«Calquera deles puidera ser José Cadilla Bochechudo, Bartolomé Pacheco Pedepunta ou José da Lomba Reichiquito, mariñeiros guardeses do ano 1753 (…). Todos sentiron e senten rabia ante a dureza do seu traballo, as inclemencias do tempo ou a inseguridade que provoca a pesca como forma de vida. Unha rabia moitas veces contida no interior forxando un carácter duro, seco, parco en palabras».

 

O fotógrafo e artífice da obra, Manuel Álvarez, imaxínaa como un Caderno da Tripulación, unhas notas que se salvaron dun afundimento: «Deste naufraxio imaxinario sobreviven en certa medida algúns compoñentes reencarnados no caderno da tripulación. Nesta ficción do caderno de bitácora, con anotacións á marxe, van soletreados os nomes dos que, como Jonás, permaneceron dentro do ventre da balea».

 

Para a poeta Marta Dacosta «crear textos poéticos para as imaxes de Manuel Álvarez foi un desafío que aínda me produce vertixe. Mais o diálogo constante que mantivemos axudou a que a palabra pousase neste exercicio de contención, sonoridade, xogo e tamén deseño do espazo ocupado polo verso. Debo agradecerlle a confianza que me demostrou e que, coa súa proposta, me levase a pensar e pescudar até dar forma a este mallante».

 

HOMENAXE PÓSTUMA A MINXOS
O volume rende homenaxe póstuma a Domingo Carrero Álvarez, Minxos, mestre carpinteiro de ribeira do Baixo Miño, grazas a quen foi posible construír en 2019 o volanteiro Piueiro. Con máis de 92 anos, foi memoria viva, herdada do pai e avó, para recuperar un barco emblemático deste municipio.

 

 

 

 

Por la calle de San Marcos

18,00 

Biografía de una rúa lucense

 

Páxinas: 186
Medidas: 20×19 cms
Idioma: castelán
ISBN:978-84-89323-68-1
Encadernación: cartonado
Data publicación: maio, 2011

 

A aparición deste ensaio coincide coa conversión en praza deste emblemático espazo urbano lugués. O autor, catedrático de ensino secundario e especialista en Historia Contemporánea, aporta documentación inédita con máis de 200 fotografías e ilustracións históricas da vida luguesa. Cómo a Historia se reflicte en Lugo a través da rúa de San Marcos: a sociedade, a política, a economía e a cultura.

 

O ensaio POR LA CALLE DE SAN MARCOS. BIOGRAFÍA DE UNA RÚA LUCENSE detense nos dous últimos séculos da historia de Lugo ao seu paso por esta emblemática vía. Unha obra ilustrada con 235 imaxes (moitas delas, inéditas, procedentes do arquivo persoal do autor) e poboada por medio milleiro de personaxes, documentación rigorosa, amplo anecdotario e un relato amenísimo que engaiola ao lector e o transporta, desde as orixes da rúa até converterse no espazo urbano que chega aos nosos días.

 

OS PERSONAXES. Isabel II con Alfonso XII no colo durante a súa visita a Lugo en 1858, Nicolás Salmerón (presidente da I República española) no seu exilio lugués de 1875 ou Alcalá Zamora (presidente da II República) en 1934, Federico García Lorca en 1932, Franco trala fin da Guerra ou o rei Juan Carlos en 1976. Todos eles, como o arquitecto Nemesio Cobreros, os médicos e poetas Manuel Amor Meilán ou Luis Pimentel, o Rey Chiquito, Juan Montes, Correa Calderón, Rafael de Vega Barrera… e así ata varios centos de personaxes —famosos e anónimos— cuxas historias, ao seu paso pola rúa de San Marcos, son rescatadas nesta obra.

 

O PALACIO DE SAN MARCOS. Unha rúa presidida polo emblemático Palacio de San Marcos; sede, dende o último tercio do século XIX, da Deputación Provincial de Lugo. É tamén un edificio que acolleu o primeiro Instituto da cidade, a Biblioteca provincial, a Escola de Maxisterio ou a Escola de Comercio.

 

DENDE A MACRO Á MICROHISTORIA. Reboredo Pazos transita no seu relato entre o marco xeral da historia e a microhistoria. Dentro desta última percorre, casa por casa, negocio por negocio, todos e cada un dos inmobles da rúa, e detense, por exemplo (entre outros), no Hielo Bar, na moblaría Americana, na libraría e editorial Celta e, como non, na Libraría Reboredo (1914-1986), propiedade da súa familia.

SALÓN TEATRO

18,00 

Corazón do espectáculo

 

Formato: 205 pp. 17×24 cms.
ISBN: 978-84-89323-54-4
(Rústica con lapelas)

 

Inaugurado nun mes de outubro de 1920, o Salón Teatro constituíuse axiña en referente cultural de Santiago. Cine, teatro, música e outras manifestacións artísticas sucedéronse neste edificio –situado no número 34 da rúa Nova– ao longo de todos estes anos. Dende 1999 é a sede do Centro Dramático Galego.

 

Este libro de Jesús Ángel Sánchez recolle de maneira amena, documentada e ilustrada con máis dun cento de fotografías e documentos da época a crónica dunha institución que foi, e segue a ser, protagonista indiscutible da vida cultural de Compostela.

Santiago de Compostela desde dentro [Edición en castellano]

14,90 

Unha guía sensible, ecolóxica, feminista e cultural da capital de Galicia

 

108 pp. 12 x 22 cms.
ISBN 978-84-16460-63-2
Cosida.

 

Seguindo a liña doutras guías sensibles e respectuosas coa contorna que viron a luz nos últimos anos en varias cidades de Europa, Alvarellos Editora publica Santiago de Compostela desde dentro, de Marilar Aleixandre. Unha guía alternativa, sensible, ecolóxica, feminista e literaria de Compostela.

 

É outra forma de descubrir unha cidade. De percorrela, sentila e apreciala. Esta guía ilustrada convida a coñecer Santiago de Compostela dun xeito diferente. Unha proposta para viaxeiras e viaxeiros sensibles, que queiran tanto gozar como aprender, ou gozar aprendendo.

 

A prestixiosa e premiada escritora e académica Marilar Aleixandre (Madrid, 1947) lévanos da man polos territorios máis amenos desta capital de Galicia, mais tamén transita polas paisaxes da imaxinación.

 

Deste xeito, apalparemos a pedra, escoitaremos a natureza, camiñaremos –entre rúas e bosques– a carón de Rosalía de Castro, Federico García Lorca ou Ramón del Valle-Inclán, e sairán ao paso as mil historias que foron construíndo Compostela.

 

A autora traza Nove Visitas Singulares e logo Catro Itinerarios moi sedutores, un Territorio das mulleres e un Calendario de Árbores, Flores e Festas. 

 

Ademais, inclúense consellos prácticos sobre onde comer ou que doces ou artesanía mercar. Santiago de Compostela desde dentro é a primeira guía sensible, íntima, diferente, desta sempre viva e nova cidade medieval.

Santiago de Compostela desde dentro [Edición en galego]

14,90 

Unha guía sensible, ecolóxica, feminista e cultural da capital de Galicia

 

108 pp. 12 x 22 cms.
ISBN 978-84-16460-62-5
Cosida.

 

Seguindo a liña doutras guías sensibles e respectuosas coa contorna que viron a luz nos últimos anos en varias cidades de Europa, Alvarellos Editora publica Santiago de Compostela desde dentro, de Marilar Aleixandre. Unha guía alternativa, sensible, ecolóxica, feminista e literaria de Compostela.

 

É outra forma de descubrir unha cidade. De percorrela, sentila e apreciala. Esta guía ilustrada convida a coñecer Santiago de Compostela dun xeito diferente. Unha proposta para viaxeiras e viaxeiros sensibles, que queiran tanto gozar como aprender, ou gozar aprendendo.

 

A prestixiosa e premiada escritora e académica Marilar Aleixandre (Madrid, 1947) lévanos da man polos territorios máis amenos desta capital de Galicia, mais tamén transita polas paisaxes da imaxinación.

 

Deste xeito, apalparemos a pedra, escoitaremos a natureza, camiñaremos –entre rúas e bosques– a carón de Rosalía de Castro, Federico García Lorca ou Ramón del Valle-Inclán, e sairán ao paso as mil historias que foron construíndo Compostela.

 

A autora traza Nove Visitas Singulares e logo Catro Itinerarios moi sedutores, un Territorio das mulleres e un Calendario de Árbores, Flores e Festas. 

 

Ademais, inclúense consellos prácticos sobre onde comer ou que doces ou artesanía mercar.

 

Santiago de Compostela desde dentro é a primeira guía sensible, íntima, diferente, desta sempre viva e nova cidade medieval.

Santiagos de Santiago

27,00 

Dos apóstoles al final del Camino

 

José Manuel García Iglesias

 

 

ISBN: 978-84-89323-67-4
Páxinas: 228
Medidas: 20×19 cm
Idioma: castelán
Encadernación: rústica con lapelas
Data 1ª edición: decembro 2011

 

García Iglesias reivindica a presenza de Santiago o Menor en Compostela

 

Santiagos de Santiago. Dos apóstoles al final del Camino é o título da nova obra do catedrático de Historia da Arte da USC José Manuel García Iglesias. Neste volume, coeditado por Alvarellos Editora e o Consorcio de Santiago, o autor leva a cabo un documentado percorrido (ilustrado con máis de cen fotografías) pola iconografía do culto xacobeo en Compostela e centrado en reivindicar a pegada dos dous apóstolos homónimos: Santiago o Maior e Santiago o Menor.

 

O culto a Santiago Zebedeo —ou o Maior— propiciou a construción da gran basílica compostelá, pero cando se estaba erguendo, chegou a esta urbe a cabeza de Santiago Alfeo —ou o Menor—, duplicando, desta maneira e dalgún xeito, o ser xacobeo de Compostela.

 

Se o fillo do Zebedeo nos recibe no Pórtico da Gloria, é pola contra o fillo de Alfeo quen está na entrada da cripta, ou catedral vella. Do mesmo xeito, os máis grandes prelados de Santiago (Xelmírez, Landoira, Alonso III de Fonseca…) fixeron especial fincapé neste dobre culto. Non obstante, o tempo fixo esquecer a Santiago o Menor, por mimetismo, en certa medida, co seu homónimo no apostolado.

 

Reivindicar a presenza compostelá de Santiago o Menor e, sobre todo, afondar na forma na que se interpreta aquí a Santiago o Maior son os obxectivos desta obra.

Sarela. Paisaxe cultural

24,00 

José Manuel Ortigueira Bobillo

 

Páxinas 180. Formato: 20 x 19 cms.
ISBN 978-84-18567-23-0
Impreso en papel FSC Amigo dos Bosques

 

 

Esta obra será todo un agasallo para os amantes da natureza, da historia e da nosa riqueza fluvial e etnográfica. Percorre os dez quilómetros do río Sarela de Santiago descubrindo unha paisaxe inédita e un patrimonio único. A través de máis de cen fotografías, inclúe tamén un detallado mapa onde localizar todos os contidos.

The Soutomaior Castle [English Ed.]

20,00 

Size: 17×21 cms. 184 pp.
English ISBN 978-84-16460-86-1

 

Todos os castelos encerran historias, pero a do Castelo de Soutomaior é moi especial. O historiador Diego Piay Augusto rescátaa no seu novo libro O castelo de Soutomaior. Un lugar cheo de historias (Alvarellos Editora-Deputación de Pontevedra) que ve a luz no verán de 2020, publicado en tres idiomas (galego, castelán e inglés).

 

A fortaleza de Soutomaior elévase maxestosa e en silencio, dominando o val do río Verdugo, na provincia de Pontevedra. O seu pasado agóchase tras unhas robustas murallas e remóntase ata o século XII. A fascinación que suscita este lugar atravesou todas as etapas da súa historia e chega ata os nosos días. Propietarios e visitantes ilustres deixaron aquí unha imborrable pegada e forman xa parte para sempre do Castelo de Soutomaior.

 

Este libro non é un ensaio histórico, nin unha guía ao uso, senón unha obra ilustrada que nos levará a descubrir un castelo que pasou de ser centro de poder na Galicia medieval a caer no esquecemento, para rexurdir novamente a finais do século XIX.

 

MÁIS DE CEN FOTOGRAFÍAS, ILUSTRACIÓNS E PLANOS

Unha narración enriquecida con multitude de anécdotas e informacións descoñecidas ata hoxe, e que inclúe máis dun centenar de fotografías (históricas e actuais), ilustracións e planos que somerxerán ao lector na historia dun dos monumentos máis sobresaíntes das Rías Baixas.

Un paseo ilustrado por Santiago de Compostela [Edición trilingüe]

19,90 

José Baqueiro

 

112 pp . 20,3 x 16 cms.
ISBN 978-84-18567-74-2
PAPEL FSC Amigo dos Bosques
Cartonado

 

NP_GAL_Un_paseo_ilustrado_por_SdC_Alvarellos_Ed_2025

NP_ESP_Un_paseo_ilustrado_por_SdC_Alvarellos_Ed_2025

 

Nunha coidada edición en capa dura e en tres idiomas –galego, castelán e inglés– e a través de 50 acuarelas, José Baqueiro ilustra un percorrido inesquecible por unha das cidades europeas máis admiradas e visitadas, Santiago de Compostela.

 

O volume leva por título Un paseo ilustrado por Santiago de Compostela/ An illustrated stroll through Santiago de Compostela e está coeditado por Alvarellos Editora e o Consorcio de Santiago.

 

O autor convida a desfrutar con pausa dos encantos, a beleza e a historia do casco medieval desta capital de Galicia na que naceu e que tanto ama.

 

A través duns debuxos delicados, inspirados e detallistas, proponnos un sedutor paseo que se enriquece cos textos da historiadora Elena Iglesias Durán.

 

A tradución ao inglés correu a cargo de María Recouso Barbeito.

 

UNIVERSOS EN ORDEN

39,00 

Las órdenes religiosas y el patrimonio cultural iberoamericano

 

2 volumes formato 23 x 15 cms.
1.468 páxinas
ISBN 978-84-16460-04-5

 

A NOVA ACHEGA DO GRUPO IACOBUS DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO

 

Dous volumes con un total de 1.468 páxinas e centos de imaxes e ilustracións a cor integran este novo traballo promovido polo Grupo Iacobus de investigación da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, unha obra publicada pola USC en coedición con Alvarellos Editora.

 

O grupo de investigación Iacobus da Universidade de Santiago presenta unha das súas novas publicacións. Leva por título Universos en orden. Las órdenes religiosas y el patrimonio cultural iberoamericano. Coeditada pola USC e Alvarellos Editora, reúne as máis recentes aportacións de 54 historiadores da arte.

 

En total, dous volumes con 1.468 páxinas e centos de imaxes e ilustracións, nunha obra dixirida polo catedrático de Historia da Arte da USC, José Manuel García Iglesias, e coordinada polas doutoras Carla Fernández Martínez e Rosa María Cacheda Barreiro.

 

DESDE GALICIA A AMÉRICA

 

Os artigos recollidos en Universos en orden abranguen un amplo campo de investigación e traballo que se estende, dende Galicia, por toda Iberoamérica.

 

Son varios os relacionados con monumentos galegos, que abordan aspectos singulares do mosteiro de San Paio de Antealtares, a escaleira do Colexio dos Irlandeses, a iconografía da Igrexa de Conxo, todos eles en Compostela, ou a historia do Franciscanismo nesta cidade.

 

Outros céntranse na catedral de Tui, na igrexa da Compañía de Monforte de Lemos, no mosteiro de Santa María de Oia, na exigrexa de San Francisco de Lugo ou nas ruínas de Santo Domingo en Pontevedra.

 

Do exterior proceden estudos sobre a arquitectura franciscana en México, os programas iconográficos dos xesuítas en Lima, a presenza dos Jerónimos en Europa e América, a arquitectura xesuítica portuguesa durante a Contrarreforma e a arquitectura española cisterciense a través da prensa artística, entre outros moitos.

Way of St. James from Santiago to Muxía via Brandomil [English Edition]

12,90 

A historic pilgrimage route featuring remains from Roman times

 

116 pp. 12 x 22 cms.
ISBN 978-84-16460-65-6

 

Edición en inglés dunha guía que é toda unha descuberta. Convídanos a percorrer unha senda histórica apenas recoñecida ata hoxe. Trátase do camiño máis dereito entre Compostela e Muxía, empregado dende hai séculos por peregrinos e camiñantes e que ten como un dos emblemas a ponte medieval de Brandomil (ata Negreira coincide co Camiño oficial de Santiago a Fisterra-Muxía).

 

Unha ruta de 86 quilómetros e que aquí se nos presenta con todos os seus atractivos: plano con etapas, lugares e monumentos para visitar, e ilustrada con setenta e cinco reveladoras fotografías.

 

Unha guía práctica que nos convida a percorrer con acougo natureza e historia, porque, como afirma o autor, “andar os vellos camiños é reclamar o futuro”.

Alvarellos Editora
Resumen de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e para mostrarche publicidade personalizada en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).