Autor

José Manuel Ortigueira Bobillo

"José Manuel Ortigueira Bobillo naceu en Rairiz de Veiga (Ourense) en 1960 e dende 1985 reside en Santiago de Compostela. É enxeñeiro agrónomo e máster en dirección de empresas, e ten dirixido diversos proxectos culturais relacionados coa paisaxe e a fotografía. Entre eles, as exposicións Compostela Única (2013) e Camiño de Inverno. De Ponferrada a Compostela (2020), que contaron con cadanseu libro-catálogo, ou a organización das Xornadas Internacionais de Paisaxismo (1991). Así mesmo, é autor do libro Casos prácticos sobre análisis de inversiones y financiación de pymes. Desafiar la miopía empresarial (2004). A súa vida profesional está centrada no desenvolvemento industrial e tecnolóxico de Galicia, a través das sociedades públicas autonómicas Sodiga e Xesgalicia."

José Manuel Ortigueira Bobillo naceu en Rairiz de Veiga (Ourense) en 1960 e dende 1985 reside en Santiago de Compostela. É enxeñeiro agrónomo e máster en dirección de empresas, e ten dirixido diversos proxectos culturais relacionados coa paisaxe e a fotografía. Entre eles, as exposicións Compostela Única (2013) e Camiño de Inverno. De Ponferrada a Compostela (2020), que contaron con cadanseu libro-catálogo, ou a organización das Xornadas Internacionais de Paisaxismo (1991). Así mesmo, é autor do libro Casos prácticos sobre análisis de inversiones y financiación de pymes. Desafiar la miopía empresarial (2004). A súa vida profesional está centrada no desenvolvemento industrial e tecnolóxico de Galicia, a través das sociedades públicas autonómicas Sodiga e Xesgalicia.

Libros do Autor

Sarela. Paisaxe cultural

24,00 

José Manuel Ortigueira Bobillo

 

Páxinas 180. Formato: 20 x 19 cms.
ISBN 978-84-18567-23-0
Impreso en papel FSC Amigo dos Bosques

 

 

Esta obra será todo un agasallo para os amantes da natureza, da historia e da nosa riqueza fluvial e etnográfica. Percorre os dez quilómetros do río Sarela de Santiago descubrindo unha paisaxe inédita e un patrimonio único. A través de máis de cen fotografías, inclúe tamén un detallado mapa onde localizar todos os contidos.