• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

Autoría

Adrián Noia

ADRIÁN NOIA (Santiago de Compostela, 2001) é escritor e filólogo. En 2022 publicou a súa primeira novela O país dos raposos (2º Premio Xuventude Crea 2021), á que seguirían A terra leve (2024) e Pontealbar (2025). Recibiu o Premio SELIC de Creación Literaria por O silencio non arrola (2026). Durante seis anos (entre 2013 e 2019) Adrián foi alumno do IES Arcebispo Xelmírez I, dous deles, integrante do grupo «Vai no Dentista».

Libros do Autor

Vai no Dentista. Trinta anos do grupo de teatro do Instituto Arcebispo Xelmírez I (1995-2025)

24,00 

Adrián Noia

208 pp. 20 x 19 cms
ISBN 978-84-18567-99-5
PAPEL FSC

A historia do grupo teatral compostelán “Vai no Dentista”, creado en 1995 no Instituto Xelmírez I. Un percorrido polos trinta anos de vida desta agrupación que tivo sempre como eixo o traballo en grupo, a potenciación das capacidades expresivas do alumnado e a defensa da lingua. Adrián Noia é o autor desta singular crónica, ilustrada con oitenta documentos e fotografías.

Alvarellos Editora e o Consorcio de Santiago publican Vai no dentista. Trinta anos do grupo de teatro do Instituto do Arcebispo Xelmírez I (1995-2025), un volume ilustrado con oitenta documentos e fotografías onde se traza un percorrido visual, e vital, a través das obras creadas e representadas, das persoas participantes, e inclúese un divertido anecdotario.

A carón da historia do grupo é imprescindíbel reivindicar o impagábel labor que, nestes trinta anos, «Vai no Dentista» foi desenvolvendo na potenciación das capacidades expresivas do alumnado, no traballo en grupo e na defensa da lingua. Nuns mozos e mozas que xamais esquecerán a súa experiencia sobre os escenarios.

Elaborado polo escritor Adrián Noia, conta tamén coa colaboración de Manuel Portas e Sagrario Torrado.

NP_GAL_Vai_No_Dentista

 

Alvarellos Editora
Resumen de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e para mostrarche publicidade personalizada en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).