• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

12,00 

Guía verde de Santiago (castellano)

UN PERCORRIDO ALTERNATIVO E INÉDITO POLA CAPITAL DE GALICIA
(Edición en Castelán)

 

Pp.: 216
Medidas: 12×22
Encadernación: capa branda plastificada
Idioma: castelán
Data de aparición: 30 de decembro 2009
ISBN: 978-84-89323-32-2

 

Chega ás librarías unha guía nova e orixinal de Compostela que se ocupa dun aspecto moi pouco tratado ata hoxe, pese a que a capital de Galicia é unha das cidades con máis metros cadrados de parques e xardíns por habitante de toda a Península Ibérica.

 

Trátase da Guía verde de Santiago, unha obra coeditada co Museo de Historia Natural da USC e que conta coa colaboración da Concellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentable do Concello de Santiago. A guía, que sae publicada en dúas edicións, galego e castelán, está avalada polo Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago. A directora deste Museo, a botánica María Isabel Fraga, é a coordinadora do libro ademais de ser a autora dos textos, en colaboración con Martín Souto e Daniel Castro. Tamén participan Xan Guerra e Francisco Leonardo.

 

PAPEL ECOLÓXICO E 250 FOTOGRAFÍAS

Impresa en papel reciclado e ecolóxico (procedente de bosques sustentables), esta primeira guía verde da cidade é toda unha descuberta. Un volume ameno, didáctico e sinxelo que inclúe 250 fotografías a toda cor, ilustracións e mapas de 18 parques e xardíns e fichas prácticas de 130 especies arbóreas.

 

En total, 216 páxinas nas que se traza un percorrido a través das sorprendentes zonas verdes da capital de Galicia. O libro divídese en dúas partes: a primeira céntrase nos parques máis representativos do núcleo urbano: Alameda, San Lourenzo, Campus Sur, Eugenio Granell, Bonaval, Belvís…

 

De cada un destes espazos vaise describindo a súa historia, singularidades e especies arbóreas. A segunda parte é toda unha guía botánica con fichas, fotos, debuxos e comentarios de 130 especies arbóreas que están presentes nos parques e xardíns de Compostela.

 

Ver Edición en Galego

Compartir

Autoría