• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

29,50 

As orixes da fotografía en Galicia

Estudios composteláns do XIX

Carlos Castelao

 

300 pp. 23×21 cms.
ISBN 978-84-16460-51-9

 

Unha obra pioneira, resultado de anos de fonda investigación, que achega descubrimentos sorprendentes do nacemento da arte fotográfica na Galicia do século XIX.

 

O seu autor, o fotohistoriador Carlos Iglesias Castelao (de orixe asturiana e afincado en Compostela dende 1988), ofrece nestas páxinas un traballo rigoroso, documentadísimo e enormemente didáctico.

 

Un volume ilustrado con máis de 350 imaxes (moitas delas, totalmente inéditas) que principia situando os albores da fotografía no noso país para presentar de seguido o máis completo traballo coñecido ata hoxe sobre a fotografía dunha cidade galega nun período concreto.

 

Son as precursoras e precursores da nova arte da imaxe en Santiago de Compostela. Trázase a biografía de ata vinte e catro profesionais e os seus estudos fotográficos; demóstrase a interrelación nunha maioría deles, a súa ideoloxía común progresista ou o seu achegamento á masonaría.

 

Dedícase un apartado á presenza da muller na fotografía con novas descubertas arredor de Rosalía de Castro e os seus fotógrafos. Inclúese a historia completa do primeiro fotógrafo galego con estudo propio, Andrés Cisneros, e mesmo descubrimos feitos ben singulares como a historia do neno fotógrafo Luis Hermida, de oito anos…

 

Trátase, en fin, dun traballo sen precedentes na historia galega da fotografía que nos fará gozar desta arte que, na segunda metade do século XIX, cambiaría a nosa forma de ver o mundo.

 

PREMIO ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ 2018

As orixes da fotografía en Galicia recibiu o Premio Antón Losada Diéguez 2018 ao mellor Ensaio do Ano. O xurado salienta “a calidade e intensidade de investigación documental realizada sobre a chegada e asentamento da fotografía na sociedade compostelá”. Así mesmo, destácase a calidade e coidado da súa edición, e o interese das fotografías reproducidas que axudan a rescatar a memoria visual da época e complementan a investigación documental sobre a vida e traxectoria dos primeiros fotógrafos.

 

A obra foi, ademais, finalista na modalidade de Ensaio na Gala do Libro Galego 2019.

fa46ae24c72d
Compartir

Autoría

CARLOS CASTELAO (Madrid, 1970) é fotohistoriador e deltiólogo. Especializado no século XIX e principios do XX, ten unha longa traxectoria avalada por varias publicacións e a participación en numerosas conferencias e encontros, sempre cun obxectivo divulgativo e de conservación do noso patrimonio. En 2018 publicou As orixes da fotografía en Galicia. Estudios composteláns do XIX (Alvarellos Editora-Consorcio de Santiago), fito da historia da fotografía galega e obra recoñecida cos premios Antón Losada Diéguez (2019) e Ramón Baltar Feijóo (2020), así como finalista da Gala do Libro Galego 2019 e do premio Mondoñedo 10 (2019) ao mellor ensaio da década. mantén este blog MEMORIA DA IMAXE sobre a fotografía pioneira en Galicia. Ver aquí a súa biografía.