03-03-2017 El Correo Gallego Universos en orden’, a nova achega da arte relixiosa galega
03-03-2017 La Voz de Galicia «O libro permite interpretar a realidade dende a arte»
02-03-2017 Xornal da USC Universos en orden, nova achega do Grupo Iacobus
39,00 €
Las órdenes religiosas y el patrimonio cultural iberoamericano
2 volumes formato 23 x 15 cms.
1.468 páxinas
ISBN 978-84-16460-04-5
A NOVA ACHEGA DO GRUPO IACOBUS DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO
Dous volumes con un total de 1.468 páxinas e centos de imaxes e ilustracións a cor integran este novo traballo promovido polo Grupo Iacobus de investigación da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, unha obra publicada pola USC en coedición con Alvarellos Editora.
O grupo de investigación Iacobus da Universidade de Santiago presenta unha das súas novas publicacións. Leva por título Universos en orden. Las órdenes religiosas y el patrimonio cultural iberoamericano. Coeditada pola USC e Alvarellos Editora, reúne as máis recentes aportacións de 54 historiadores da arte.
En total, dous volumes con 1.468 páxinas e centos de imaxes e ilustracións, nunha obra dixirida polo catedrático de Historia da Arte da USC, José Manuel García Iglesias, e coordinada polas doutoras Carla Fernández Martínez e Rosa María Cacheda Barreiro.
DESDE GALICIA A AMÉRICA
Os artigos recollidos en Universos en orden abranguen un amplo campo de investigación e traballo que se estende, dende Galicia, por toda Iberoamérica.
Son varios os relacionados con monumentos galegos, que abordan aspectos singulares do mosteiro de San Paio de Antealtares, a escaleira do Colexio dos Irlandeses, a iconografía da Igrexa de Conxo, todos eles en Compostela, ou a historia do Franciscanismo nesta cidade.
Outros céntranse na catedral de Tui, na igrexa da Compañía de Monforte de Lemos, no mosteiro de Santa María de Oia, na exigrexa de San Francisco de Lugo ou nas ruínas de Santo Domingo en Pontevedra.
Do exterior proceden estudos sobre a arquitectura franciscana en México, os programas iconográficos dos xesuítas en Lima, a presenza dos Jerónimos en Europa e América, a arquitectura xesuítica portuguesa durante a Contrarreforma e a arquitectura española cisterciense a través da prensa artística, entre outros moitos.
Emigración gallega a Portugal (siglos XVI-XIX)
Pp.: 353.
Formato: 15,5 cms x 23 cms.
ISBN 978-84-16460-95-3
Este volume reúne nove estudos de prestixiosos especialistas luso-galaicos que participaron, durante os días 17 e 18 de outubro de 2019, no seminario Gañar a vida; salvar a Vida; traballadores e exiliados galegos en Portugal (XVII-XIX), organizado polo Grupo de Investigación de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela.
Nesta obra recóllese a experiencia de máis de catro décadas de investigación en común sobre a migración galega a Portugal, ao mesmo tempo que se trazan futuras liñas de traballo sobre a mobilidade das xentes do Noroeste.
54 pp. Formato 14 x 21 cms
ISBN 978-84-16460-90-8
Idioma: galego
O presente volume reúne os textos gañadores da Iª e IIª edición do Certame de Microrrelatos Día do Libro organizada polo Concello de Vilalba e Culturalia GZ en 2019 e 2020. Son en total dezaoito composicións, pertencentes a tres categorías: Infantil, Xuvenil e Persoas adultas. Os microrrelatos desenvolven, en moi poucas liñas, toda unha trama; esta brevidade –e intensidade– é sen dúbida un atractivo para as persoas lectoras de hoxe, que gozarán destas dezaoito pequenas grandes historias.
Gañadoras Iº Certame [2019]:
Infantil: Nerea Villar Ferreiro, África Montenegro Feal, María Otero Díaz.
Xuvenil: Mariña Maceiras Segovia, Sandra Rodríguez Macía, Nee Barros Fernández.
Persoas adultas: Patricia Torrado Queiruga, Raquel Fernández Fernández, Beatriz Dourado.
Gañadoras IIº Certame [2020]:
Infantil: Paula Pérez Cendán, Aroa Fernández Jiménez, África Montenegro Feal.
Xuvenil: Mariña Maceiras Segovia, Nee Barros Fernández, Carlota Millor Prado.
Persoas adultas: Pedro Naveira Pedreira, Patricia Torrado Queiruga, Cristina Arias López.
Por vez primeira, a crónica íntegra da excursión cultural de 1916 por Castela, Galicia e León.
336 pp. | 13 x 23 cms.
ISBN 978-84-16460-35-9
No outono de 1916 García Lorca tomaría aos seus 18 anos unha decisión radical: abandonar un futuro prometedor na música e propoñerse ser escritor. Sucedeu durante unha longa viaxe de estudos –co seu profesor Domínguez Berrueta e catro alumnos máis– por Castela, Galicia e León.
Esta é a crónica íntegra, por vez primeira, daquela excursión. Unha edición ilustrada e anotada, publicada por Alvarellos Editora, que reúne os textos do compañeiro de Lorca, Luis Mariscal, e o propio caderno de viaxe do futuro poeta.
Un libro de viaxes moi especial; tamén é un libro de historia e de arte e, sobre todo, un libro lorquiano, do primeiro Lorca.
CENTENARIO DE IMPRESIÓNS E PAISAXES (1918)
Alvarellos Editora publica esta obra coincidindo co centenario da edición do primeiro libro de Federico García Lorca (Impresións e paisaxes, Selecta, abril de 1918) e cos 120 anos do nacemento do poeta. Unha edición anotada e ilustrada con 35 fotografías e documentos de época, ao coidado do editor e escritor Henrique Alvarellos.
O volume inclúe, por unha banda, o relato da viaxe narrada, durante a propia excursión cultural, polo compañeiro de Lorca, Luis Mariscal, que anota, en cada parada, datos precisos e reflexións sobre a paisaxe e as xentes. Un documento excepcional, nunca publicado en libro íntegro ata hoxe.
A VISIÓN DIRECTA E ÍNTIMA DE FEDERICO
Doutra banda, contamos coa visión directa e íntima de García Lorca. Reunimos as súas cartas, plenas de entusiasmo; as súas primeiras prosas, que destilan emoción e fondura crítica; ademais de importantes fragmentos daquel primeiro libro, Impresións e paisaxes, e outros textos seus referentes á viaxe.
O xornalista granadino e investigador Juan Luis Tapia traza un interesante perfil biográfico de Luis Mariscal, mentres que a doutora en historia da arte Carla Fernández se ocupa das notas histórico-artísticas da narración do compañeiro de Lorca.
ITINERARIO DA VIAXE
Madrid — El Escorial — Ávila — Medina del Campo — Salamanca — Zamora— Astorga — Ourense — Redondela — Santiago de Compostela — A Coruña—Lugo — León— Sahagún — Venta de Baños — Burgos — Segovia.
[Este libro recibiu unha axuda á edición do Ministerio de Cultura e Deporte].
[Edición en castelán]
Formato: 21×17 cms. 184 pp.
ISBN 978-84-16460-47-2
O noroeste da península ibérica é unha das zonas de España con maior densidade de xacementos arqueolóxicos. Esta guía, coeditada por Alvarellos Editora e a Deputación de Pontevedra, mostra 2.000 anos de historia de Galicia –dende a Idade de Bronce ata o primeiro cristianismo– a través de vinte emblemáticos xacementos, ubicados na provincia de Pontevedra.
Galaicos, un pueblo entre dos mundos ofrece unha ampla e atractiva despregadura gráfica, que inclúe 160 impactantes fotografías e ilustracións, con textos e fichas elaboradas polas arqueólogas e arqueólogos que traballaron nas escavacións: Rafael Rodríguez, Antoni Nicolau, Xurxo Ayán, Diego Piay e Mª Luisa Castro.
Eles levarannos a coñecer, de primeira man e de xeito didáctico, a enorme riqueza deste patrimonio cultural único.
A guía inclúe un percorrido polos xacementos de A Cabeciña, Penalba, Santa Trega, A Lanzada, Monte do Facho, Monte do Castro, Alobre, Castrolandín ou Adro Vello, entre moitos outros.
Apórtanse os resultados das máis recentes investigacións, que sitúan a Galicia, na prehistoria, coma ponte entre o Atlántico e o Mediterráneo, e perspectivas aéreas nunca antes vistas, obtidas por medio de drones.
Esta guía lánzase ao mercado coincidindo coa exposición homónima itinerante que se inaugura en Madrid, no Museo Arqueológico Nacional, no outono de 2018, promovida pola Deputación de Pontevedra. Abaixo podemos ver o vídeo promocional desta ambiciosa mostra:
Formato: 21×17 cms. 184 pp.
ISBN 978-84-16460-49-6
O noroeste da península ibérica é unha das zonas de España con maior densidade de xacementos arqueolóxicos. Esta guía, coeditada por Alvarellos Editora e a Deputación de Pontevedra, mostra 2.000 anos de historia de Galicia –dende a Idade de Bronce ata o primeiro cristianismo– a través de vinte emblemáticos xacementos, ubicados na provincia de Pontevedra.
Galaicos, un pobo entre dous mundos ofrece unha ampla e atractiva despregadura gráfica, que inclúe 160 impactantes fotografías e ilustracións, con textos e fichas elaboradas polas arqueólogas e arqueólogos que traballaron nas escavacións: Rafael Rodríguez, Antoni Nicolau, Xurxo Ayán, Diego Piay e Mª Luisa Castro.
Eles levarannos a coñecer, de primeira man e de xeito didáctico, a enorme riqueza deste patrimonio cultural único.
A guía inclúe un percorrido polos xacementos de A Cabeciña, Penalba, Santa Trega, A Lanzada, Monte do Facho, Monte do Castro, Alobre, Castrolandín ou Adro Vello, entre moitos outros.
Apórtanse os resultados das máis recentes investigacións, que sitúan a Galicia, na prehistoria, coma ponte entre o Atlántico e o Mediterráneo, e perspectivas aéreas nunca antes vistas, obtidas por medio de drones.
Esta guía lánzase ao mercado coincidindo coa exposición homónima itinerante que se inaugura en Madrid, no Museo Arqueológico Nacional, no outono de 2018, promovida pola Deputación de Pontevedra. Abaixo podemos ver o vídeo promocional desta ambiciosa mostra:
03-03-2017 El Correo Gallego Universos en orden’, a nova achega da arte relixiosa galega
03-03-2017 La Voz de Galicia «O libro permite interpretar a realidade dende a arte»
02-03-2017 Xornal da USC Universos en orden, nova achega do Grupo Iacobus
Páxinas 180. Formato: 20 x 19 cms.
ISBN 978-84-18567-23-0
Impreso en papel FSC Amigo dos Bosques
Esta obra será todo un agasallo para os amantes da natureza, da historia e da nosa riqueza fluvial e etnográfica. Percorre os dez quilómetros do río Sarela de Santiago descubrindo unha paisaxe inédita e un patrimonio único. A través de máis de cen fotografías, inclúe tamén un detallado mapa onde localizar todos os contidos.
300 pp. 23×21 cms.
ISBN 978-84-16460-51-9
Unha obra pioneira, resultado de anos de fonda investigación, que achega descubrimentos sorprendentes do nacemento da arte fotográfica na Galicia do século XIX.
O seu autor, o fotohistoriador Carlos Iglesias Castelao (de orixe asturiana e afincado en Compostela dende 1988), ofrece nestas páxinas un traballo rigoroso, documentadísimo e enormemente didáctico.
Un volume ilustrado con máis de 350 imaxes (moitas delas, totalmente inéditas) que principia situando os albores da fotografía no noso país para presentar de seguido o máis completo traballo coñecido ata hoxe sobre a fotografía dunha cidade galega nun período concreto.
Son as precursoras e precursores da nova arte da imaxe en Santiago de Compostela. Trázase a biografía de ata vinte e catro profesionais e os seus estudos fotográficos; demóstrase a interrelación nunha maioría deles, a súa ideoloxía común progresista ou o seu achegamento á masonaría.
Dedícase un apartado á presenza da muller na fotografía con novas descubertas arredor de Rosalía de Castro e os seus fotógrafos. Inclúese a historia completa do primeiro fotógrafo galego con estudo propio, Andrés Cisneros, e mesmo descubrimos feitos ben singulares como a historia do neno fotógrafo Luis Hermida, de oito anos…
Trátase, en fin, dun traballo sen precedentes na historia galega da fotografía que nos fará gozar desta arte que, na segunda metade do século XIX, cambiaría a nosa forma de ver o mundo.
PREMIO ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ 2018
As orixes da fotografía en Galicia recibiu o Premio Antón Losada Diéguez 2018 ao mellor Ensaio do Ano. O xurado salienta “a calidade e intensidade de investigación documental realizada sobre a chegada e asentamento da fotografía na sociedade compostelá”. Así mesmo, destácase a calidade e coidado da súa edición, e o interese das fotografías reproducidas que axudan a rescatar a memoria visual da época e complementan a investigación documental sobre a vida e traxectoria dos primeiros fotógrafos.
A obra foi, ademais, finalista na modalidade de Ensaio na Gala do Libro Galego 2019.
Guía botánica de los muros históricos de Compostela
Formato: 138 pp. 12×22 cms.
ISBN: 978-84-89323-80-3
De Santiago de Compostela lévanse escrito centos de libros e milleiros de páxinas. Pero ningunha obra se dedicara, ata agora, a descubrir esas plantas que —emerxendo da pedra como da nada— florecen espontáneas nos muros históricos da cidade.
Esta guía móstranos como identificar e localizar as 50 plantas con flores máis representativas de once muros históricos de Compostela. Ordenada en prácticas fichas, cada unha inclúe os datos básicos da flor silvestre coa súa fotografía, as súas denominacións populares en galego e castelán e a localización na cidade. Tamén conta cun apartado de curiosidades e un breve dicionario botánico.
116 pp. 12 x 22 cms.
ISBN 978-84-16460-56-4
Unha guía que é toda unha descuberta. Convídanos a percorrer unha senda histórica apenas recoñecida ata hoxe. Trátase do camiño máis dereito entre Compostela e Muxía, empregado dende hai séculos por peregrinos e camiñantes e que ten como un dos emblemas a ponte medieval de Brandomil (ata Negreira coincide co Camiño oficial de Santiago a Fisterra-Muxía).
Unha ruta de 86 quilómetros e que aquí se nos presenta con todos os seus atractivos: plano con etapas, lugares e monumentos para visitar, e ilustrada con setenta e cinco reveladoras fotografías.
Unha guía práctica que nos convida a percorrer con acougo natureza e historia, porque, como afirma o autor, “andar os vellos camiños é reclamar o futuro”.
Size: 17×21 cms. 184 pp.
English ISBN 978-84-16460-86-1
Todos os castelos encerran historias, pero a do Castelo de Soutomaior é moi especial. O historiador Diego Piay Augusto rescátaa no seu novo libro O castelo de Soutomaior. Un lugar cheo de historias (Alvarellos Editora-Deputación de Pontevedra) que ve a luz no verán de 2020, publicado en tres idiomas (galego, castelán e inglés).
A fortaleza de Soutomaior elévase maxestosa e en silencio, dominando o val do río Verdugo, na provincia de Pontevedra. O seu pasado agóchase tras unhas robustas murallas e remóntase ata o século XII. A fascinación que suscita este lugar atravesou todas as etapas da súa historia e chega ata os nosos días. Propietarios e visitantes ilustres deixaron aquí unha imborrable pegada e forman xa parte para sempre do Castelo de Soutomaior.
Este libro non é un ensaio histórico, nin unha guía ao uso, senón unha obra ilustrada que nos levará a descubrir un castelo que pasou de ser centro de poder na Galicia medieval a caer no esquecemento, para rexurdir novamente a finais do século XIX.
MÁIS DE CEN FOTOGRAFÍAS, ILUSTRACIÓNS E PLANOS
Unha narración enriquecida con multitude de anécdotas e informacións descoñecidas ata hoxe, e que inclúe máis dun centenar de fotografías (históricas e actuais), ilustracións e planos que somerxerán ao lector na historia dun dos monumentos máis sobresaíntes das Rías Baixas.
Biografía de una rúa lucense
Páxinas: 186
Medidas: 20×19 cms
Idioma: castelán
ISBN:978-84-89323-68-1
Encadernación: cartonado
Data publicación: maio, 2011
A aparición deste ensaio coincide coa conversión en praza deste emblemático espazo urbano lugués. O autor, catedrático de ensino secundario e especialista en Historia Contemporánea, aporta documentación inédita con máis de 200 fotografías e ilustracións históricas da vida luguesa. Cómo a Historia se reflicte en Lugo a través da rúa de San Marcos: a sociedade, a política, a economía e a cultura.
O ensaio POR LA CALLE DE SAN MARCOS. BIOGRAFÍA DE UNA RÚA LUCENSE detense nos dous últimos séculos da historia de Lugo ao seu paso por esta emblemática vía. Unha obra ilustrada con 235 imaxes (moitas delas, inéditas, procedentes do arquivo persoal do autor) e poboada por medio milleiro de personaxes, documentación rigorosa, amplo anecdotario e un relato amenísimo que engaiola ao lector e o transporta, desde as orixes da rúa até converterse no espazo urbano que chega aos nosos días.
OS PERSONAXES. Isabel II con Alfonso XII no colo durante a súa visita a Lugo en 1858, Nicolás Salmerón (presidente da I República española) no seu exilio lugués de 1875 ou Alcalá Zamora (presidente da II República) en 1934, Federico García Lorca en 1932, Franco trala fin da Guerra ou o rei Juan Carlos en 1976. Todos eles, como o arquitecto Nemesio Cobreros, os médicos e poetas Manuel Amor Meilán ou Luis Pimentel, o Rey Chiquito, Juan Montes, Correa Calderón, Rafael de Vega Barrera… e así ata varios centos de personaxes —famosos e anónimos— cuxas historias, ao seu paso pola rúa de San Marcos, son rescatadas nesta obra.
O PALACIO DE SAN MARCOS. Unha rúa presidida polo emblemático Palacio de San Marcos; sede, dende o último tercio do século XIX, da Deputación Provincial de Lugo. É tamén un edificio que acolleu o primeiro Instituto da cidade, a Biblioteca provincial, a Escola de Maxisterio ou a Escola de Comercio.
DENDE A MACRO Á MICROHISTORIA. Reboredo Pazos transita no seu relato entre o marco xeral da historia e a microhistoria. Dentro desta última percorre, casa por casa, negocio por negocio, todos e cada un dos inmobles da rúa, e detense, por exemplo (entre outros), no Hielo Bar, na moblaría Americana, na libraría e editorial Celta e, como non, na Libraría Reboredo (1914-1986), propiedade da súa familia.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e para mostrarche publicidade personalizada en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Esta web utiliza Google Analytics para recompilar información anónima tal como o número de visitantes do sitio, ou as páxinas máis populares.
Deixar esta cookie activa permítenos mellorar a nosa web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!