• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

24,00 

A Universidade retratada

Jules David-Cavaz en Galicia (1882)

Carlos Castelao

 

Páxinas: 132. Formato: 20 x 19 cms.
Impreso a cor en papel ecolóxico. Cosido a fío.

 

Ven a luz, por vez primeira, os rostros de profesores e alumnos da Universidade de Santiago retratados en 1882. Son as primeiras imaxes en grupo desta institución. O seu autor é o fotógrafo francés Jules David-Cavaz e foron localizadas polo Arquivo Histórico Universitario. A partir deste achado, o fotohistoriador Carlos Castelao leva a cabo un revelador estudo das persoas fotografadas, da propia Universidade de Santiago en 1882 e do moi descoñecido autor Daviz-Cavaz. Este volume publica máis de 150 fotografías daqueles días de 1882; a maior parte delas, descoñecidas. Un documento único.

Compartir

Autoría

CARLOS CASTELAO (Madrid, 1970) é fotohistoriador e deltiólogo. Especializado no século XIX e principios do XX, ten unha longa traxectoria avalada por varias publicacións e a participación en numerosas conferencias e encontros, sempre cun obxectivo divulgativo e de conservación do noso patrimonio. En 2018 publicou As orixes da fotografía en Galicia. Estudios composteláns do XIX (Alvarellos Editora-Consorcio de Santiago), fito da historia da fotografía galega e obra recoñecida cos premios Antón Losada Diéguez (2019) e Ramón Baltar Feijóo (2020), así como finalista da Gala do Libro Galego 2019 e do premio Mondoñedo 10 (2019) ao mellor ensaio da década. mantén este blog MEMORIA DA IMAXE sobre a fotografía pioneira en Galicia. Ver aquí a súa biografía.

NP_G_A_Universidade_Retratada_2022

A localización no Arquivo Histórico Universitario de Santiago a comezos de 2021 de dez fotografías inéditas do ano 1882 está na orixe desta obra. Leva por título A Universidade retratada. Jules David-Cavaz en Galicia (1882), escrita polo fotohistoriador Carlos Castelao e coeditada por Alvarellos Editora e a Universidade de Santiago de Compostela.

Nas imaxes localizadas aparecen retratados varios grupos de catedráticos, estudantes e persoal da Universidade de Santiago de Compostela, un achado de enorme valor documental e histórico que revela, por vez primeira, os rostros e as imaxes en grupo máis antigas das coñecidas ata agora da Universidade de Santiago.

O autor das instantáneas é un destacado artista francés ambulante, Jules David-Cavaz, considerado hoxe o primeiro gran fotógrafo de ámbito europeo.

O fotohistoriador Carlos Castelao, despois dunha intensa e rigorosa investigación, emprendeu un arduo traballo de rescate gráfico da vida e obra de David-Cavaz, un profesional do que ben pouco se coñecía ata hoxe, e de quen chegou a localizar ata noventa e cinco fotografías galegas.

MÁIS DE 150 IMAXES DESCOÑECIDAS

O autor ofrece nas páxinas desta Universidade retratada un volume que é todo un gozo: exhuma máis de cento cincuenta imaxes, a maior parte delas descoñecidas pero, sobre todo, leva a cabo un minucioso estudo deses rostros, deses nomes que poboaban as aulas de Compostela naquel 1882; entre eles, por certo, os de moitos dos grandes pensadores que alicerzaron a Galicia actual e que, dende estas páxinas, nos interpelan século e medio despois.

Alvarellos Editora
Resumen de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e para mostrarche publicidade personalizada en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).