Alvarellos Editora
Somos unha editorial galega, independente, que naceu en 1977 en Lugo e ten a súa sede, desde 2004, en Santiago de Compostela. Loitamos por adaptarnos ao século XXI sen perder as raíces fondas da nosa historia e cultura.
Publicamos ensaio e divulgación, poesía, orixinais guías de Santiago e Galicia, fotografía histórica, rescatamos clásicos en edicións moi coidadas… E temos un selo propio de álbum ilustrado para primeiras lecturas, Verdemar, de contos pola diversidade.
Publicamos cada ano entre 15 e 20 novos títulos. Mantemos un catálogo vivo dunhas 250 obras e un catálogo histórico de máis de 400.
O noso proxecto editorial está encabezado por Henrique Alvarellos Casas, como director e editor, e Marta Pérez Rodríguez, como xerente e administradora. Entre os dous coordinamos un grupo de persoas colaboradoras —filólogas e historiadoras, deseñadoras, ilustradoras e distribuidoras— coas que completamos un equipo que busca sempre seducir o público lector con novas propostas.
Ano | Premio | Título/Colección premiados |
---|---|---|
2006 | Premio Gourmand ao “Mejor monográfico en Español”. | 45 recetas con ortigas, de Martín Álvarez |
2006 | Premio Gourmand “Mención de Honor del Jurado Internacional”. Pekín, 2016). | 45 recetas con ortigas, de Martín Álvarez |
2007 | Premio á Edición Histórica | Alvarellos Editora (30 anos de traxectoria) |
2008 | Premio Nacional de Gastronomía Álvaro Cunqueiro | 50 recetas con filloas (VV.AA) |
2008 | Premio Irmandade do Libro á Mellor Obra editorial do Ano | Colección Rescate |
2010 | Mellor tradución do ano | 30 gramos, de Leonel Moura, traducido ao galego dende o portugués por Ramón Nicolás. |
2010 | Premio Gourmand á “Mellor guía de viaxe gastronómica” | Guía secreta da gastronomía de Lugo, por Miguel Vila Pernas |
2013 | Mellor Libro de Poesía do Ano nos Premios da Edición de Galicia | Sobre ruínas, de Xesús Rábade Paredes |
2013 | Mellor Libro de Non Ficción do Ano nos Premios da Edición de Galicia | Cantares gallegos, hoxe, de Pilar García Negro |
2014 | Mellor Tradución do Ano nos Premios da Edición de Galicia | As floriñas de San Francisco por Darío Xohán Cabana |
2014 | Mellor Iniciativa Editorial do Ano nos Premios da Edición de Galicia | Colección Rescate |
2014 | Premio Irmandade do Libro á Mellor Difusión Cultural | Programa “Libros sen Reservas” conducido por Quique Alvarellos en Santiago TV. |
2016 | Premio Manuel Beiras á defensa do galego no comercio | Concedido á Editorial pola Cámara de Comercio de Santiago e o Concello de Santiago. |
2016 | Obras finalistas I Gala do Libro Galego | Carlos Maside. Correspondencia [1928-1958]. Cartas inéditas e dispersas, María Esther Rodríguez Losada (comp.) e Anxo Tarrío Varela (edic.) –Categoría de mellor Ensaio. No tempo de Follas Novas: unha viaxe pola literatura universal, María Pilar García Negro (edit.) –Categoría de mellor Ensaio. …e os domingos, un croissant, de Ursula Heinze –Categoría de Narrativa. |
2017 | Obras Finalistas II Gala do Libro Galego | Os últimos carballos do Banquete de Conxo de Henrique Alvarellos, Xurxo Martínez, Paco Singul e Xurxo Souto –Categoría de mellor Ensaio. De catro a catro. Manuscrito inédito de Manuel Antonio –Categoría de mellor Iniciativa Bibliográfica Rosa tántrica, de Luz Pozo Garza, –Categoría de Mellor Libro de Poesía. |
2017 | Finalista nos Premios da Crítica de Galicia | De catro a catro. Manuscrito inédito de Manuel Antonio – Categoría de Creación |
2017 | Premio Frei Martín Sarmiento | Contos do Sol e da Lúa, de Helena Villar Janeiro ilustrado por Ana Costas |
2019 | Finalistas IV Gala do Libro Galego (2019) | As orixes da fotografía en Galicia, de Carlos Castelao. Galaicos, un pobo entre dous mundos, de VV AA, Memorias dun loitador antifranquista, de David Álvarez Carballido, Lorca, poeta galego (iniciativa bibliográfica), Memorias da árbore da noite triste, de Fátima Rey. Poesía Mínima | Minimal Poetry, de Helena Villar Janeiro. Seis poemas galegos, de Federico García Lorca. |
2019 | Premio ao Mellor Libro Editado en Galicia (IV Gala Libro Galego) | Seis poemas galegos. Edición facsimilar e ilustrada, de Federico García Lorca. |
2020 | Premio ao Mellor Libro Editado en Galicia (V Gala Libro Galego) | Fosforescencias, de Lupe Gómez, ilustrado por Anxo Pastor. |
2021 | Finalista dos Premios Follas Novas do libro Galego 2021 ao Mellor Libro Editado | Aramados, de Manuel García Gerpe. Trad. de Miro Villar. |
2021 | Finalista dos Premios Follas Novas do Libro Galego 2021 ao Mellor Libro Divulgación | Federico García Lorca en Santiago de Compostela, de Henrique Alvarellos. |
2022 | Premio Frei Martín Sarmiento ao mellor Álbum Ilustrado | Como se di?, de Lawrence Schimel e Thiago Lopes |
2024 | Finalista dos Premios Follas Novas do Libro Galego 2023 ao Mellor Libro Divulgación | O Benshi de Galicia. O arrebato cinematógráfico de Rey Soto, de Manolo González. |
2024 | Finalista dos Premios Follas Novas do Libro Galego 2023 ao Mellor Ensaio | Carmiña Sierra, a primeira muller do Seminario de Estudos Galegos, de Aurora Marco. |
2024 | Finalista dos Premios Follas Novas do Libro Galego 2023 á Mellor Promoción da Lectura | Contármonos, de varias autoras. |
2024 | 2º Premio - Facsímile mellor editado en España en 2023 (concedido polo Ministerio de Cultura). | Flor de santidad, de Ramón del Valle-Inclán. |