• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

Autor

Antón Mascato

Antón Mascato (O Grove, 1957) é editor, investigador e escritor. Estudou Filoloxía Galego-Portuguesa en Compostela. É o autor da primeira biografía sobre Francisco Fernández del Riego, titulada Paco del Riego. Unha historia da restauración política cultural (2000). Publicou así mesmo, entre outras, as obras A ruta do Mar de Arousa (2005), editada en varios idiomas (valeulle a concesión da Centola de Ouro do concello do Grove); Anduriña. Cen anos de paixón (2019); A Irmandade Galeguista do Grove (2021) e A resistencia comunista no Grove (2022). Dende 1992 dedicouse á investigación e redacción do seu traballo sobre a memoria política do Grove, libro editado en 2019 baixo o título Atila no Grove. Crónica política e Memoria da masacre (1923-1948). No eido da edición, ocupou cargos directivos en Ir Indo, Edicións do Cumio ou NovaGalicia. É presidente da Asociación pola Memoria histórica do Grove e membro do consello de redacción da revista Nova Ardentía, de cultura marítima e fluvial. É autor, con Pepe Carreiro, do cómic Francisco Fernández del Riego. O home que valía por mil (2023). (Fotografía de Cruz López).

Antón Mascato (O Grove, 1957) é editor, investigador e escritor. Estudou Filoloxía Galego-Portuguesa en Compostela. É o autor da primeira biografía sobre Francisco Fernández del Riego, titulada Paco del Riego. Unha historia da restauración política cultural (2000). Publicou así mesmo, entre outras, as obras A ruta do Mar de Arousa (2005), editada en varios idiomas (valeulle a concesión da Centola de Ouro do concello do Grove); Anduriña. Cen anos de paixón (2019); A Irmandade Galeguista do Grove (2021) e A resistencia comunista no Grove (2022). Dende 1992 dedicouse á investigación e redacción do seu traballo sobre a memoria política do Grove, libro editado en 2019 baixo o título Atila no Grove. Crónica política e Memoria da masacre (1923-1948). No eido da edición, ocupou cargos directivos en Ir Indo, Edicións do Cumio ou NovaGalicia. É presidente da Asociación pola Memoria histórica do Grove e membro do consello de redacción da revista Nova Ardentía, de cultura marítima e fluvial. É autor, con Pepe Carreiro, do cómic Francisco Fernández del Riego. O home que valía por mil (2023).

(Fotografía de Cruz López).

Libros do Autor

De Compostela ao exilio interior: Francisco Fernández del Riego

23,00 

Antón Mascato

 

164 pp . 20 x 19 cms
ISBN: 978-84-18567-41-4
Papel FSC Amigo dos Bosques

 

Esta obra de Antón Mascato –o primeiro biógrafo de Fernández del Riego–, percorre, dun xeito divulgativo e áxil, os fitos biográficos de Fernández del Riego, apoiada nunha ampla fotobiografía do protagonista, que inclúe máis de 200 imaxes e ilustracións.

 

Un capítulo principal do percorrido vital do protagonista detense en Compostela, pois esta cidade tivo en Francisco Fernández del Riego a un dos seus veciños máis ilustres. Residente en Santiago desde 1931 ata o seu exilio interior en 1939, foron anos nos que fragua o seu coñecemento e desenvolve a súa valía, nos que amosa o seu espírito afouto e acada meritorios obxectivos intelectuais e sociais.

 

Del Riego foi membro do Seminario de Estudos Galegos, dirixente estudantil, secretario do Grupo galeguista de Santiago, fundador do Partido Galeguista, profesor na Facultade de Dereito, secretario de actas da Comisión do Estatuto de Autonomía para Galicia, activista político, colaborador de prensa, especialista en arte… e isto só na década fundamental de 1930.

 

Logo será tamén ensinante e traballador de revistas relacionadas co mar, fundador de Editorial Galaxia, refundador do Partido Galeguista, editor, director da Fundación Penzol, preso político, xerente de Artes Gráficas Galicia, académico e presidente da Real Academia Galega, ensaísta e autor dunha extensa obra de divulgación da lingua, da literatura, da cultura e da política galegas, fundador e secretario do Partido Socialista Galego, bibliófilo ou coleccionista de arte.

 

O libro chega ás librarías a finais de abril de 2023, no ano en que Galicia homenaxea a don Paco co Día das Letras Galegas, celebración que precisamente el creou en 1963. A ilustración da capa é obra de Irene Fra Gálvez.