• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

24,00 

GALAICOS. Un pueblo entre dos mundos

[Edición en castelán]

 

Formato: 21×17 cms. 184 pp.
ISBN 978-84-16460-47-2

 

  • 2000 anos de historia de Galicia a través de 20 emblemáticos xacementos.

 

  • 160 ilustracións e fotografías, xunto con fichas didácticas das escavacións.

 

  • Perspectivas aéreas nunca antes vistas, obtidas por medio de drones.

 

O noroeste da península ibérica é unha das zonas de España con maior densidade de xacementos arqueolóxicos. Esta guía, coeditada por Alvarellos Editora e a Deputación de Pontevedra, mostra 2.000 anos de historia de Galicia –dende a Idade de Bronce ata o primeiro cristianismo– a través de vinte emblemáticos xacementos, ubicados na provincia de Pontevedra.

 

Galaicos, un pueblo entre dos mundos ofrece unha ampla e atractiva despregadura gráfica, que inclúe 160 impactantes fotografías e ilustracións, con textos e fichas elaboradas polas arqueólogas e arqueólogos que traballaron nas escavacións: Rafael Rodríguez, Antoni Nicolau, Xurxo Ayán, Diego Piay e Mª Luisa Castro.

 

Eles levarannos a coñecer, de primeira man e de xeito didáctico, a enorme riqueza deste patrimonio cultural único.

 

A guía inclúe un percorrido polos xacementos de A Cabeciña, Penalba, Santa Trega, A Lanzada, Monte do Facho, Monte do Castro, Alobre, Castrolandín ou Adro Vello, entre moitos outros.

 

Apórtanse os resultados das máis recentes investigacións, que sitúan a Galicia, na prehistoria, coma ponte entre o Atlántico e o Mediterráneo, e perspectivas aéreas nunca antes vistas, obtidas por medio de drones.

 

Esta guía lánzase ao mercado coincidindo coa exposición homónima itinerante que se inaugura en Madrid, no Museo Arqueológico Nacional, no outono de 2018, promovida pola Deputación de Pontevedra. Abaixo podemos ver o vídeo promocional desta ambiciosa mostra:

c34321ad5cae
Compartir

Autoría