• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

12,90 

CAMIÑO DE SANTIAGO A MUXÍA POR BRANDOMIL [Edición en galego]

Unha ruta histórica ilustrada con 75 reveladoras fotografías.

 

116 pp. 12 x 22 cms.
ISBN 978-84-16460-55-7

 

A guía que é toda unha descuberta. Convídanos a percorrer unha senda histórica apenas recoñecida ata hoxe. Trátase do camiño máis dereito entre Compostela e Muxía, empregado dende hai séculos por peregrinos e camiñantes e que ten como un dos emblemas a ponte medieval de Brandomil (ata Negreira coincide co Camiño oficial de Santiago a Fisterra-Muxía).

 

Unha ruta de 86 quilómetros e que aquí se nos presenta con todos os seus atractivos: plano con etapas, lugares e monumentos para visitar, e ilustrada con setenta e cinco reveladoras fotografías.

 

Unha guía práctica que nos convida a percorrer con acougo natureza e historia, porque, como afirma o autor, “andar os vellos camiños é reclamar o futuro”.

 

[Ver edición en castelán, aquí]

Compartir

Autoría

Manuel Vilar Álvarez has a Degree in Geography and History, a PhD in Anthropology and a Master’s Degree in Cultural Heritage Management. He has carried out fieldwork and published articles and reports related to ethnographic heritage and museums, including “Ethnographic museums and essentialist representations of Galician identity”, in International Journal of Iberian Studies (2008, coauthored along with X. Pereiro). He is the author of the books Teóricos da Arte (1997) and Dicionario Xaquín Lorenzo “Xocas” (2004) and coauthor, along with X. Mª Lema, of Guía dos Faros da Costa da Morte (2000). In 2009, he was awarded the “Rutas Xacobeas” Research Prize organised by the Chambers of Commerce Association for his work on the Fisterra and Muxía Way. He was appointed director of the prestigious Museo do Pobo Galego in July 2019. 

Manuel Vilar Álvarez é licenciado en Xeografía e Historia, doutor en Antropoloxía e Máster en Xestión de Bens Culturais e Patrimonio. Realizou traballos de campo e publicou artigos e comunicacións relacionados co patrimonio etnográfico e os museos, entre eles “Ethnographic museums and essentialist representations of Galician identity”, en International Journal of Iberian Studies (2008, en coautoría con X. Pereiro). É autor dos libros Teóricos da Arte (1997) e Dicionario Xaquín Lorenzo “Xocas” (2004) e coautor, xunto a X. Mª Lema, da Guía dos Faros da Costa da Morte (2000). En 2009, recibiu o Premio de Investigación “Rutas Xacobeas” convocado pola Asociación de Cámaras de Comercio polo seu traballo sobre o Camiño de Fisterra e Muxía. Desde xullo de 2019 dirixe o Museo do Pobo Galego.