• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

Autor

José Baqueiro

José Baqueiro Canabal é un santiagués que naceu no casco histórico, onde segue a residir. Axiña apunta maneiras para o debuxo e, de rapaz, asiste ás clases do mestre e artista Antonio Moragón na Escola de Artes. Baqueiro, que foi un innovador empresario do sector téxtil, tamén dedicou unha parte da súa vida á política municipal. Formou parte dos gobernos de Xerardo Estévez e Xosé Bugallo no período 1991-2011, e foi tenente de alcalde, así como responsable das áreas de Turismo, Cultura e Festas, entre outras delegacións. O inquedo compostelán exhibe, de novo, o seu talento artístico neste segundo libro de acuarelas. [Fotografía do autor: Xacobe Neto]

Libros do Autor

Un paseo ilustrado por Santiago de Compostela [Edición trilingüe]

19,90 

José Baqueiro

 

112 pp . 20,3 x 16 cms.
ISBN 978-84-18567-74-2
PAPEL FSC Amigo dos Bosques
Cartonado

 

NP_GAL_Un_paseo_ilustrado_por_SdC_Alvarellos_Ed_2025

NP_ESP_Un_paseo_ilustrado_por_SdC_Alvarellos_Ed_2025

 

Nunha coidada edición en capa dura e en tres idiomas –galego, castelán e inglés– e a través de 50 acuarelas, José Baqueiro ilustra un percorrido inesquecible por unha das cidades europeas máis admiradas e visitadas, Santiago de Compostela.

 

O volume leva por título Un paseo ilustrado por Santiago de Compostela/ An illustrated stroll through Santiago de Compostela e está coeditado por Alvarellos Editora e o Consorcio de Santiago.

 

O autor convida a desfrutar con pausa dos encantos, a beleza e a historia do casco medieval desta capital de Galicia na que naceu e que tanto ama.

 

A través duns debuxos delicados, inspirados e detallistas, proponnos un sedutor paseo que se enriquece cos textos da historiadora Elena Iglesias Durán.

 

A tradución ao inglés correu a cargo de María Recouso Barbeito.

 

Alvarellos Editora
Resumen de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e para mostrarche publicidade personalizada en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).