22/06/2011, De Luns a Venres, ”A Historia contámola desde o presente; polo tanto, pode ser sempre unha gran mentira” 08/06/2011, La Voz de Galicia, ”San Marcos, protagonista de la historia de Lugo y de España” 23/05/2011, El Progreso, ”De extrarradio a corazón urbano” 04/05/2011, El Progreso, ”La calle fue fruto de una especulación inmobiliaria”
AS FLORIÑAS DE SAN FRANCISCO
29,00 €Formato: 149 pp. 30×24 cms.
ISBN: 978-84-89323-56-8
[Capa dura]
Traducido ao galego directamente do italiano medieval (s. XIV).
Un texto de finais do século XIV, os Fioretti ou Floriñas de san Francisco, foron traducidos ao galego dende o italiano medieval por Darío Xohán Cabana e ilustrados, para esta coidada edición, por Darío Basso.
Os Fioretti ou Floriñas de san Francisco foron compostas por un autor anónimo toscano entre 1370 e 1390. Narran a vida e milagres do santo fundador da orde franciscana. Dividida en 53 capítulos, esta obra relata precisamente no seu capítulo cuarto a viaxe de san Francisco a Santiago de Compostela e a súa decisión de fundar aquí o primeiro convento e o inicio da orde franciscana. Deste feito conmemórase en Galicia en 2014 o oitavo centenario.
Traducida ao longo dos tempos a varios idiomas, agora, por vez primeira, esta obra pode ser lida en galego, nunha esmerada coedición de Alvarellos Editora e a Xunta de Galicia. Darío Xohán Cabana é o responsable da tradución do texto, realizada directamente desde o italiano medieval. O volume enriquécese con dezasete impactantes acuarelas de Darío Basso.
Na súa introdución, Xohán Cabana describe o ton destas Floriñas:
“Os Fioretti son un delicioso libro de contos piadosos, a miúdo salpicados de graza e humor e sempre cheos de profunda emoción relixiosa, mística e fraternal. As figuras de san Francisco e dos seus compañeiros e seguidores xorden destas páxinas cunha extraordinaria capacidade de sedución, cheos de vida e de verdade e, por que non dicilo así, de simpatía persoal”.
PREMIO DA EDICIÓN DE GALICIA
A tradución de Darío Xohán Cabana recibiu o Premio da Edición de Galicia 2014 á Mellor Tradución do Ano. O galardón foi entregado ao editor Henrique Alvarellos e ao tradutor Xohán Cabana no transcurso da Noite da Edición de Galicia, celebrada en Pontevedra o 13 de marzo de 2015.