• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

A lume lento [gastronomía]

45 RECETAS CON ORTIGAS

16,00 

La propuesta más imaginativa de la Nova Cociña Galega

 

Nº páxinas: 99
Lingua: castelán
Medidas: 18×18 cms.
ISBN: 84–89323–07–0
Encadernación: tapa blanda con lapelas, plastificada

 

A gastronomía galega amplía os seus horizontes. Este libro é toda unha novidade no riquísimo panorama gastronómico galego e español, unha obra que nos abrirá os ollos a un mundo de novas sensacións, sabores e texturas.

 

A proposta máis imaxinativa da Nova Cociña Galega, todo un tratado sobre a ortiga como ingrediente con cualidades excepcionais para a cocina doce ou salgada, exquisita en revoltos, empanadas, cremas, potaxes, xeados…

50 RECETAS CON FILLOAS

16,00 

El dulce más emblemático de la gastronomía gallega

 

Varios Autores

Nº páxinas: 122
Lingua: castelán
Medidas: 18×18 cms
ISBN: 978-84-89323-17-9
Encadernación: tapa branda con lapelas, plastificada

 

As filloas son, quizais, o doce tradicional máis famoso da gastronomía galega. Este libro presenta, por vez primeira, un completísimo, ameno e práctico tratado culinario coa filloa como ingrediente básico. Cincuenta receitas que demostran que as filloas de Galicia establecen unha maridaxe perfecta con todo tipo de pratos: para entrantes, cociña con carnes, peixes, e, por suposto, para un variado e suxestivo repertorio de sobremesas.

 

Partindo da xenuína elaboración das filloas á pedra que se mantén viva desde fai séculos no concello coruñés da Baña (na comarca de Santiago), 50 receitas con filloas recolle as mellores elaboracións presentadas nos diferentes certames gastronómicos organizados pola Asociación Filloas á pedra d’A Baña, onde participan, coas súas saborosas propostas, 30 restauradores e veciños.

50 recetas con moras y otros frutos silvestres

16,00 

Xesús Fraga

 

Páxinas: 109
Medidas: 18×18 cm
Idioma: castelán
Data de publicación 1ª edición: setembro, 2011
ISBN: 978-84-89323-75-9
Encadernación: rústica con lapelas

 

O xornalista Xesús Fraga publica en Alvarellos Editora o primeiro receitario completo de España baseado na cociña con froitos silvestres. Propostas únicas para cociñar con amoras, grosellas, arandos ou framboesas. O libro 50 recetas con moras y otros frutos silvestres (Alvarellos Editora) de Xesús Fraga ofrece unha panorámica dos múltiplos xeitos de empregar na cociña as coñecidas amoras, grosellas, arandos ou framboesas, pero tamén as uvas espiña ou as bagas do sabugueiro.

 

A meirande parte das propostas —magnificamente ilustradas coas fotografías de Ana Couceiro— son moi sinxelas e serven como base para outras elaboracións. Aínda que o protagonismo recaia no doce, tamén se inclúe unha presada de pratos salgados.

 

Trátase do primeiro libro adicado por completo á cociña con froitos silvestres de todos os editados até agora no mercado español. Moitas son receitas de uso tradicional en cociñas de países como Inglaterra, Francia, Escocia ou Alemania; outras toman como referencia esa tradición ou a creación dun cociñeiro contemporáneo para explorar un camiño novo, e algunha saíu do maxín do autor. Marmeladas, tartas, todo tipo de postres, pratos salgados ou bebidas…

 

Esta obra ofrece 50 ideas para darlle bo uso a ese cesto de amoras co que voltamos de dar un paseo polo campo ou rescatalas do conxelador para transformar unha receita en algo totalmente diferente. Estes son algúns dos suxestivos nomes das elaboracións: “Sopa helada de piña con sorbete de mora y galleta crujiente de almedra”, “Crumble de mora y manzana”, “Tarta de queso express con coulis de mora” ou “Milhojas de mora, frambuesa y chocolate blanco”.

 

» Ver as primeiras páxinas do libro

GUÍA SECRETA DA GASTRONOMÍA DE GALICIA: LUGO

16,00 

Páxinas: 152
Medidas: 18×18 cm
Idioma: galego
Data de publicación 1ª edición: agosto 2011
ISBN: 978-84-89323-69-8
Encadernación: tapa branda plastificada con lapelas
Colección: A lume lento [gastronomía]

 

A provincia máis grande de Galicia reúne quizais a meirande oferta gastronómica do país. Este libro é toda unha viaxe polos usos culinarios, as receitas, os produtos e os establecementos máis xenuínos de Lugo da man dun experto gastrónomo.

 

Tras a publicación do volume dedicado a Ourense, elaborado polo chef Martín Álvarez (Premio Gourmand 2010 á “Mellor viaxe gastronómica” e libro finalista dos Premios da Edición de Galicia 2010), a Guía secreta da gastronomía de Galicia continúa o seu percorrido. Agora, pola provincia de Lugo. Nesta segunda entrega, a provincia máis extensa do país revélanos, da man do experto gastrónomo Miguel Vila, os seus tesouros culinarios: produtos, receitas, costumes máis xenuínos e lugares onde atopar toda unha identidade gastronómica, tantas veces descoñecida por propios e foráneos.

 

UN MUNDO XENUÍNO

A guía detense nalgúns dos mellores pans do país (Ousá, Mondoñedo, Martiñán…) e en queixos de tres denominacións de orixe (San Simón, Arzúa-Ulloa e O Cebreiro) con outros menos populares e igual de xenuínos. Descóbrenos, así mesmo, como medir a gradación no picante dos pementos de Mougán ou fálanos de variantes antigas de patacas que aínda se sementan como a cazona ou a habanera. O autor viaxa polas peculiares receitas luguesas como as sardiñas arenques, o pato ao estilo Ribadeo, o bonito en rolo, os chanfainos ou chouláns, e recolle todo o universo da matanza. Remata, como non, coas sobremesas de sona (como as tortas de Mondoñedo, Portomarín ou Guitiriz) e outras menos coñecidas como a colineta, cos renacentes viños do sur (da Ribeira Sacra) e as augardentes (Portomarín ou Quiroga).

 

SEIS TESTEMUÑAS MOI ESPECIAIS

Seis amantes da boa cociña completan este brillante traballo de Miguel Vila: o cociñeiro Iago Castrillón, os xornalistas Manuel Gago e Santiago Jaureguízar, o escritor Xabier P. DoCampo, a presidenta da Asociación de Sumilleres (Mercedes González) e a escritora Helena Villar Janeiro. Cada un deles revélanos un secreto gastronómico lugués moi suculento.

GUÍA SECRETA DA GASTRONOMÍA DE GALICIA: OURENSE

16,00 

Páxinas: 138
Medidas: 18×18 cm
Idioma: galego
Data de publicación 1ª edición: xuño 2010
ISBN: 978-84-89323-43-8
Encadernación: tapa branda plastificada con lapelas
Colección: “A lume lento”

 

En Alvarellos Editora principiamos unha peculiar viaxe gastronómica por Galicia. E facémolo pola provincia máis xenuína: Ourense.

 

O autor desta nova guía “secreta” que agora presentamos xa fora quen de gañar dous premios Gourmand en 2006 co seu orixinal libro 45 recetas con ortigas (Alvarellos Editora) e hoxe ofrécenos unha nova proposta que é tamén unha loita contra o esquecemento: a Guía secreta da gastronomía galega cuxo tomo primeiro conságrase á provincia de Ourense.

 

Martín Álvarez percorre as feiras, as festas, as romarías e os mercados do seu país ourensán e recolle deles as tradicións gastronómicas, as receitas ou os usos culinarios que corren o risco de se perder no mundo da globalización, pero que son unha das expresións máis fondas da nosa identidade.

 

Capítulo a capítulo vai pescudando, coma un Cunqueiro do século XXI, o país do millón de vacas. E nárranos a gastronomía dos peixes terra dentro, a horta do rianxo, os licores que elevan o espírito, os pans de millo e fariña triga, a repostería do arroz con leite, das chulas e das rosquillas… E atende tamén a eses establecementos –tendas, restaurantes, tabernas– onde degustar algo único. “O meu obxectivo é espertar no lector a sensibilidade por amar todo aquilo que forma parte da nosa cultura, para así conservalo e deixárllelo como legado a xeracións futuras”.

 

Abramos, pois, as páxinas desta historia de sabores vellos, de sabores esquecidos, de sabores sorprendentes… E loitemos porque non morran. A obra pertence á colección “A lume lento” desta editorial; é o primeiro de catro volumes, un por provincia, que sairán á venda nos próximos meses.

 

O seguinte, dedicado a Lugo, foi escrito polo gastrónomo Miguel Vila.