SANTIAGOS DE SANTIAGO
27,00 €Dos apóstoles al final del Camino
ISBN: 978-84-89323-67-4
Páxinas: 228
Medidas: 20×19 cm
Idioma: castelán
Encadernación: rústica con lapelas
Data 1ª edición: decembro 2011
García Iglesias reivindica a presenza de Santiago o Menor en Compostela
Santiagos de Santiago. Dos apóstoles al final del Camino é o título da nova obra do catedrático de Historia da Arte da USC José Manuel García Iglesias. Neste volume, coeditado por Alvarellos Editora e o Consorcio de Santiago, o autor leva a cabo un documentado percorrido (ilustrado con máis de cen fotografías) pola iconografía do culto xacobeo en Compostela e centrado en reivindicar a pegada dos dous apóstolos homónimos: Santiago o Maior e Santiago o Menor.
O culto a Santiago Zebedeo —ou o Maior— propiciou a construción da gran basílica compostelá, pero cando se estaba erguendo, chegou a esta urbe a cabeza de Santiago Alfeo —ou o Menor—, duplicando, desta maneira e dalgún xeito, o ser xacobeo de Compostela.
Se o fillo do Zebedeo nos recibe no Pórtico da Gloria, é pola contra o fillo de Alfeo quen está na entrada da cripta, ou catedral vella. Do mesmo xeito, os máis grandes prelados de Santiago (Xelmírez, Landoira, Alonso III de Fonseca…) fixeron especial fincapé neste dobre culto. Non obstante, o tempo fixo esquecer a Santiago o Menor, por mimetismo, en certa medida, co seu homónimo no apostolado.
Reivindicar a presenza compostelá de Santiago o Menor e, sobre todo, afondar na forma na que se interpreta aquí a Santiago o Maior son os obxectivos desta obra.