• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

Autor

Varios Autores

Libros do Autor

El gran viaje de estudios de García Lorca (2ª ed)

22,50 

 

Luis Mariscal

Federico García Lorca

 

Por vez primeira, a crónica íntegra da excursión cultural de 1916 por Castela, Galicia e León.

 

336 pp. | 13 x 23 cms.
ISBN 978-84-16460-35-9

 

No outono de 1916 García Lorca tomaría aos seus 18 anos unha decisión radical: abandonar un futuro prometedor na música e propoñerse ser escritor. Sucedeu durante unha longa viaxe de estudos –co seu profesor Domínguez Berrueta e catro alumnos máis– por Castela, Galicia e León.

 

Esta é a crónica íntegra, por vez primeira, daquela excursión. Unha edición ilustrada e anotada, publicada por Alvarellos Editora, que reúne os textos do compañeiro de Lorca, Luis Mariscal, e o propio caderno de viaxe do futuro poeta.

 

Un libro de viaxes moi especial; tamén é un libro de historia e de arte e, sobre todo, un libro lorquiano, do primeiro Lorca.

 

 

CENTENARIO DE IMPRESIONES Y PAISAJES (1918)

Alvarellos Editora publica esta obra coincidindo co centenario da edición do primeiro libro de Federico García Lorca (Impresiones y paisajes, abril de 1918) e cos 120 anos do nacemento do poeta. Unha edición anotada e ilustrada con 35 fotografías e documentos de época, ao coidado do editor e escritor Henrique Alvarellos.

 

O volume inclúe, por unha banda, o relato da viaxe narrada, durante a propia excursión cultural, polo compañeiro de Lorca, Luis Mariscal, que anota, en cada parada, datos precisos e reflexións sobre a paisaxe e as xentes. Un documento excepcional, nunca publicado en libro íntegro ata hoxe.

 

A VISIÓN DIRECTA E ÍNTIMA DE FEDERICO

Doutra banda, contamos coa visión directa e íntima de García Lorca. Reunimos as súas cartas, plenas de entusiasmo; as súas primeiras prosas, que destilan emoción e fondura crítica; ademais de importantes fragmentos daquel primeiro libro, Impresiones y paisajes, e outros textos seus referentes á viaxe.

 

O xornalista granadino e investigador Juan Luis Tapia traza un interesante perfil biográfico de Luis Mariscal, mentres que a doutora en historia da arte Carla Fernández se ocupa das notas histórico-artísticas da narración do compañeiro de Lorca.

 

ITINERARIO DA VIAXE

Madrid — El Escorial — Ávila — Medina del Campo — Salamanca — Zamora— Astorga — Ourense — Redondela — Santiago de Compostela — A Coruña—Lugo — León— Sahagún — Venta de Baños — Burgos — Segovia.

 

[Este libro recibiu unha axuda á edición do Ministerio de Cultura e Deporte].

GALAICOS. Un pobo entre dous mundos [Edición en galego]

24,00 

Formato: 21×17 cms. 184 pp.
ISBN 978-84-16460-49-6

 

  • 2000 anos de historia de Galicia a través de 20 emblemáticos xacementos.

 

  • 160 ilustracións e fotografías, xunto con fichas didácticas das escavacións.

 

  • Perspectivas aéreas nunca antes vistas, obtidas por medio de drones.

 

O noroeste da península ibérica é unha das zonas de España con maior densidade de xacementos arqueolóxicos. Esta guía, coeditada por Alvarellos Editora e a Deputación de Pontevedra, mostra 2.000 anos de historia de Galicia –dende a Idade de Bronce ata o primeiro cristianismo– a través de vinte emblemáticos xacementos, ubicados na provincia de Pontevedra.

 

Galaicos, un pobo entre dous mundos ofrece unha ampla e atractiva despregadura gráfica, que inclúe 160 impactantes fotografías e ilustracións, con textos e fichas elaboradas polas arqueólogas e arqueólogos que traballaron nas escavacións: Rafael Rodríguez, Antoni Nicolau, Xurxo Ayán, Diego Piay e Mª Luisa Castro.

 

Eles levarannos a coñecer, de primeira man e de xeito didáctico, a enorme riqueza deste patrimonio cultural único.

 

A guía inclúe un percorrido polos xacementos de A Cabeciña, Penalba, Santa Trega, A Lanzada, Monte do Facho, Monte do Castro, Alobre, Castrolandín ou Adro Vello, entre moitos outros.

 

Apórtanse os resultados das máis recentes investigacións, que sitúan a Galicia, na prehistoria, coma ponte entre o Atlántico e o Mediterráneo, e perspectivas aéreas nunca antes vistas, obtidas por medio de drones.

 

Esta guía lánzase ao mercado coincidindo coa exposición homónima itinerante que se inaugura en Madrid, no Museo Arqueológico Nacional, no outono de 2018, promovida pola Deputación de Pontevedra. Abaixo podemos ver o vídeo promocional desta ambiciosa mostra:

GALAICOS. Un pueblo entre dos mundos

24,00 

[Edición en castelán]

 

Formato: 21×17 cms. 184 pp.
ISBN 978-84-16460-47-2

 

  • 2000 anos de historia de Galicia a través de 20 emblemáticos xacementos.

 

  • 160 ilustracións e fotografías, xunto con fichas didácticas das escavacións.

 

  • Perspectivas aéreas nunca antes vistas, obtidas por medio de drones.

 

O noroeste da península ibérica é unha das zonas de España con maior densidade de xacementos arqueolóxicos. Esta guía, coeditada por Alvarellos Editora e a Deputación de Pontevedra, mostra 2.000 anos de historia de Galicia –dende a Idade de Bronce ata o primeiro cristianismo– a través de vinte emblemáticos xacementos, ubicados na provincia de Pontevedra.

 

Galaicos, un pueblo entre dos mundos ofrece unha ampla e atractiva despregadura gráfica, que inclúe 160 impactantes fotografías e ilustracións, con textos e fichas elaboradas polas arqueólogas e arqueólogos que traballaron nas escavacións: Rafael Rodríguez, Antoni Nicolau, Xurxo Ayán, Diego Piay e Mª Luisa Castro.

 

Eles levarannos a coñecer, de primeira man e de xeito didáctico, a enorme riqueza deste patrimonio cultural único.

 

A guía inclúe un percorrido polos xacementos de A Cabeciña, Penalba, Santa Trega, A Lanzada, Monte do Facho, Monte do Castro, Alobre, Castrolandín ou Adro Vello, entre moitos outros.

 

Apórtanse os resultados das máis recentes investigacións, que sitúan a Galicia, na prehistoria, coma ponte entre o Atlántico e o Mediterráneo, e perspectivas aéreas nunca antes vistas, obtidas por medio de drones.

 

Esta guía lánzase ao mercado coincidindo coa exposición homónima itinerante que se inaugura en Madrid, no Museo Arqueológico Nacional, no outono de 2018, promovida pola Deputación de Pontevedra. Abaixo podemos ver o vídeo promocional desta ambiciosa mostra:

Gañar a vida cruzando a Raia

19,50 

Emigración gallega a Portugal (siglos XVI-XIX)

 

Pp.: 353.

Formato: 15,5 cms x 23 cms.

ISBN 978-84-16460-95-3

 

Este volume reúne nove estudos de prestixiosos especialistas luso-galaicos que participaron, durante os días 17 e 18 de outubro de 2019, no seminario Gañar a vida; salvar a Vida; traballadores e exiliados galegos en Portugal (XVII-XIX), organizado polo Grupo de Investigación de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela.

 

Nesta obra recóllese a experiencia de máis de catro décadas de investigación en común sobre a migración galega a Portugal, ao mesmo tempo que se trazan futuras liñas de traballo sobre a mobilidade das xentes do Noroeste.

Microrrelatos

9,50 

Premiados no Iº e IIº Certame [2019-2020] Día do Libro do Concello de Vilalba

 

54 pp. Formato 14 x 21 cms
ISBN 978-84-16460-90-8
Idioma: galego

 

O presente volume reúne os textos gañadores da Iª e IIª edición do Certame de Microrrelatos Día do Libro organizada polo Concello de Vilalba e Culturalia GZ en 2019 e 2020. Son en total dezaoito composicións, pertencentes a tres categorías: Infantil, Xuvenil e Persoas adultas. Os microrrelatos desenvolven, en moi poucas liñas, toda unha trama; esta brevidade –e intensidade– é sen dúbida un atractivo para as persoas lectoras de hoxe, que gozarán destas dezaoito pequenas grandes historias.

 

Gañadoras Iº Certame [2019]:

Infantil: Nerea Villar Ferreiro, África Montenegro Feal, María Otero Díaz.

Xuvenil: Mariña Maceiras Segovia, Sandra Rodríguez Macía, Nee Barros Fernández.

Persoas adultas: Patricia Torrado Queiruga, Raquel Fernández Fernández, Beatriz Dourado.

 

Gañadoras IIº Certame [2020]:

Infantil: Paula Pérez Cendán,  Aroa Fernández Jiménez, África Montenegro Feal.

Xuvenil: Mariña Maceiras Segovia, Nee Barros Fernández, Carlota Millor Prado.

Persoas adultas: Pedro Naveira Pedreira, Patricia Torrado Queiruga, Cristina Arias López.

UNIVERSOS EN ORDEN

39,00 

Las órdenes religiosas y el patrimonio cultural iberoamericano

 

2 volumes formato 23 x 15 cms.
1.468 páxinas
ISBN 978-84-16460-04-5

 

A NOVA ACHEGA DO GRUPO IACOBUS DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO

 

Dous volumes con un total de 1.468 páxinas e centos de imaxes e ilustracións a cor integran este novo traballo promovido polo Grupo Iacobus de investigación da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, unha obra publicada pola USC en coedición con Alvarellos Editora.

 

O grupo de investigación Iacobus da Universidade de Santiago presenta unha das súas novas publicacións. Leva por título Universos en orden. Las órdenes religiosas y el patrimonio cultural iberoamericano. Coeditada pola USC e Alvarellos Editora, reúne as máis recentes aportacións de 54 historiadores da arte.

 

En total, dous volumes con 1.468 páxinas e centos de imaxes e ilustracións, nunha obra dixirida polo catedrático de Historia da Arte da USC, José Manuel García Iglesias, e coordinada polas doutoras Carla Fernández Martínez e Rosa María Cacheda Barreiro.

 

DESDE GALICIA A AMÉRICA

 

Os artigos recollidos en Universos en orden abranguen un amplo campo de investigación e traballo que se estende, dende Galicia, por toda Iberoamérica.

 

Son varios os relacionados con monumentos galegos, que abordan aspectos singulares do mosteiro de San Paio de Antealtares, a escaleira do Colexio dos Irlandeses, a iconografía da Igrexa de Conxo, todos eles en Compostela, ou a historia do Franciscanismo nesta cidade.

 

Outros céntranse na catedral de Tui, na igrexa da Compañía de Monforte de Lemos, no mosteiro de Santa María de Oia, na exigrexa de San Francisco de Lugo ou nas ruínas de Santo Domingo en Pontevedra.

 

Do exterior proceden estudos sobre a arquitectura franciscana en México, os programas iconográficos dos xesuítas en Lima, a presenza dos Jerónimos en Europa e América, a arquitectura xesuítica portuguesa durante a Contrarreforma e a arquitectura española cisterciense a través da prensa artística, entre outros moitos.