• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

Autor

Camilo Gómez Torres

Camilo Gómez Torres (Quiroga-Lugo, 1948) é doutor en Filoloxía Románica Hispánica (Galego-Portugués). Foi mestre na Escola de Maxisterio de Ourense e, dende 1977, profesor de Literatura no Instituto Lucus Augusti de Lugo, ata a súa xubilación en 2009. Especialista na obra poética de Manuel María, é autor de Manuel María: os traballos e os días (2001), Orientacións para o uso dos signos de puntuación (2002),  Bibliografía de Manuel María (2003), A Terra Chá na poesía de Manuel María. Rotas culturais para unhas viaxes poéticas (2003) e O tempo vital de Manuel María. Crónica sociolingüística (2005). Coordina, ademais, a publicación da revista Xistral de creación poética lucense.

Libros do Autor

Cores para aloumiñar soños

24,00 

Vida e obra de Miguel Anxo Macía

 

ISBN: 978-84-89323-76-6
Páxinas: 228
Medidas: 20×19 cm
Idioma: galego
Encadernación: cartonado
Data saída 1ª edición: febreiro 2012

 

Biografía ilustrada do pintor e escultor Miguel Anxo Macía (Lugo, 1955) elaborada polo profesor Camilo Gómez Torres. Pertencente á coñecida como “Xeración do 75”, Macía, un artista na plenitude do seu proceso creativo, é un dos pintores galegos máis destacados. “A obra de Miguel Anxo Macía —sinala o autor— sorprende pola súa perfección técnica, a mestría do seu debuxo, a exuberancia sensual da súa inesgotábel paleta cromática, a identificación coa terra na que naceu e a tensión emotiva das súas composicións pictóricas”. Este ensaio inclúe unha galería gráfica onde se reproducen máis de 200 obras (cadros e esculturas) do artista, dende os seus primeiros traballos, a comezos dos anos 70, ata a actualidade.