Santiago de Compostela desde dentro [Edición en castellano]
14,90 €Unha guía sensible, ecolóxica, feminista e cultural da capital de Galicia
108 pp. 12 x 22 cms.
ISBN 978-84-16460-63-2
Cosida.
Seguindo a liña doutras guías sensibles e respectuosas coa contorna que viron a luz nos últimos anos en varias cidades de Europa, Alvarellos Editora publica Santiago de Compostela desde dentro, de Marilar Aleixandre. Unha guía alternativa, sensible, ecolóxica, feminista e literaria de Compostela.
É outra forma de descubrir unha cidade. De percorrela, sentila e apreciala. Esta guía ilustrada convida a coñecer Santiago de Compostela dun xeito diferente. Unha proposta para viaxeiras e viaxeiros sensibles, que queiran tanto gozar como aprender, ou gozar aprendendo.
A prestixiosa e premiada escritora e académica Marilar Aleixandre (Madrid, 1947) lévanos da man polos territorios máis amenos desta capital de Galicia, mais tamén transita polas paisaxes da imaxinación.
Deste xeito, apalparemos a pedra, escoitaremos a natureza, camiñaremos –entre rúas e bosques– a carón de Rosalía de Castro, Federico García Lorca ou Ramón del Valle-Inclán, e sairán ao paso as mil historias que foron construíndo Compostela.
A autora traza Nove Visitas Singulares e logo Catro Itinerarios moi sedutores, un Territorio das mulleres e un Calendario de Árbores, Flores e Festas.
Ademais, inclúense consellos prácticos sobre onde comer ou que doces ou artesanía mercar. Santiago de Compostela desde dentro é a primeira guía sensible, íntima, diferente, desta sempre viva e nova cidade medieval.