• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

27,00 

Santiagos de Santiago

Dos apóstoles al final del Camino

 

José Manuel García Iglesias

 

 

ISBN: 978-84-89323-67-4
Páxinas: 228
Medidas: 20×19 cm
Idioma: castelán
Encadernación: rústica con lapelas
Data 1ª edición: decembro 2011

 

García Iglesias reivindica a presenza de Santiago o Menor en Compostela

 

Santiagos de Santiago. Dos apóstoles al final del Camino é o título da nova obra do catedrático de Historia da Arte da USC José Manuel García Iglesias. Neste volume, coeditado por Alvarellos Editora e o Consorcio de Santiago, o autor leva a cabo un documentado percorrido (ilustrado con máis de cen fotografías) pola iconografía do culto xacobeo en Compostela e centrado en reivindicar a pegada dos dous apóstolos homónimos: Santiago o Maior e Santiago o Menor.

 

O culto a Santiago Zebedeo —ou o Maior— propiciou a construción da gran basílica compostelá, pero cando se estaba erguendo, chegou a esta urbe a cabeza de Santiago Alfeo —ou o Menor—, duplicando, desta maneira e dalgún xeito, o ser xacobeo de Compostela.

 

Se o fillo do Zebedeo nos recibe no Pórtico da Gloria, é pola contra o fillo de Alfeo quen está na entrada da cripta, ou catedral vella. Do mesmo xeito, os máis grandes prelados de Santiago (Xelmírez, Landoira, Alonso III de Fonseca…) fixeron especial fincapé neste dobre culto. Non obstante, o tempo fixo esquecer a Santiago o Menor, por mimetismo, en certa medida, co seu homónimo no apostolado.

 

Reivindicar a presenza compostelá de Santiago o Menor e, sobre todo, afondar na forma na que se interpreta aquí a Santiago o Maior son os obxectivos desta obra.

539349b74195
Compartir

Autoría

José Manuel García Iglesias nace en Santiago de Compostela en 1950. Licenciouse en 1973 en Historia e Xeografía e, ao ano seguinte, en Historia da Arte. Doutorouse en 1979. En ambos grados de licenciatura recibiu o Premio Extraordinario e en 1976 o Accésit ao Premio Nacional Fin de Carrera de Historia del Arte. A súa tese doutoral alcanzou, tamén, o Premio Extraordinario. É, desde 1974, profesor do departamento de Historia da Arte na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela e, a partir do 5 de decembro de 1986, catedrático de Historia da Arte Moderna e Contemporánea na devandita facultade. É ademais académico correspondente da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.

No ámbito da organización cultural e, en concreto, dos proxectos expositivos, estivo á fronte de “Galicia no tempo” (1990-1991), “Galaecia Fulget” (1995-1996), “Galicia, Terra Única” (1997), Xacobeo 99 e Xacobeo 2004. Coordinou, ademais, os proxectos da Xunta de Galicia “Galicia, Cidade Única” -relativo ás Semanas Culturales de las Ciudades Europeas de la Cultura del Año 2000- e “Galicia. Camiños de Concordia” (2005). Está integrado no Grupo de Investigación IACOBUS (proxectos e estudos sobre patrimonio cultural) da Universidade de Santiago de Compostela; conta, actualmente, con 390 rexistros bibliográficos na Biblioteca da USC.

Do seu labor investigador, dentro do ámbito da arte moderna hai que destacar —nos últimos anos— os libros seguintes: Pazos de Galicia (1989); A Catedral de Santiago e o barroco (1990); Galicia, tiempos de barroco (1990); El barroco (I). La época. Los patrocinadores. Arquitectos del siglo XVII (1993); El barroco (II). Arquitectos del siglo XVIII. Otras actividades artísticas (1993); Camino de Santiago. Patrimonio Mundial (2004). E no referente á arte contemporánea: Quessada (1987); Manuel Prego. A súa obra (1989); Labra (1992); Galicia, hacia la modernidad (1998); Camilo Otero (1999) e José Lorenzo Macías. A pintura soñada (2007).