NP_GAL_Un_paseo_ilustrado_por_SdC_Alvarellos_Ed_2025
NP_ESP_Un_paseo_ilustrado_por_SdC_Alvarellos_Ed_2025




19,90 €
112 pp . 20,3 x 16 cms.
ISBN 978-84-18567-74-2
PAPEL FSC Amigo dos Bosques
Cartonado
NP_GAL_Un_paseo_ilustrado_por_SdC_Alvarellos_Ed_2025
NP_ESP_Un_paseo_ilustrado_por_SdC_Alvarellos_Ed_2025
Nunha coidada edición en capa dura e en tres idiomas –galego, castelán e inglés– e a través de 50 acuarelas, José Baqueiro ilustra un percorrido inesquecible por unha das cidades europeas máis admiradas e visitadas, Santiago de Compostela.
O volume leva por título Un paseo ilustrado por Santiago de Compostela/ An illustrated stroll through Santiago de Compostela e está coeditado por Alvarellos Editora e o Consorcio de Santiago.
O autor convida a desfrutar con pausa dos encantos, a beleza e a historia do casco medieval desta capital de Galicia na que naceu e que tanto ama.
A través duns debuxos delicados, inspirados e detallistas, proponnos un sedutor paseo que se enriquece cos textos da historiadora Elena Iglesias Durán.
A tradución ao inglés correu a cargo de María Recouso Barbeito.
[Edición en castelán]
Formato: 21×17 cms. 184 pp.
ISBN 978-84-16460-47-2
O noroeste da península ibérica é unha das zonas de España con maior densidade de xacementos arqueolóxicos. Esta guía, coeditada por Alvarellos Editora e a Deputación de Pontevedra, mostra 2.000 anos de historia de Galicia –dende a Idade de Bronce ata o primeiro cristianismo– a través de vinte emblemáticos xacementos, ubicados na provincia de Pontevedra.
Galaicos, un pueblo entre dos mundos ofrece unha ampla e atractiva despregadura gráfica, que inclúe 160 impactantes fotografías e ilustracións, con textos e fichas elaboradas polas arqueólogas e arqueólogos que traballaron nas escavacións: Rafael Rodríguez, Antoni Nicolau, Xurxo Ayán, Diego Piay e Mª Luisa Castro.
Eles levarannos a coñecer, de primeira man e de xeito didáctico, a enorme riqueza deste patrimonio cultural único.
A guía inclúe un percorrido polos xacementos de A Cabeciña, Penalba, Santa Trega, A Lanzada, Monte do Facho, Monte do Castro, Alobre, Castrolandín ou Adro Vello, entre moitos outros.
Apórtanse os resultados das máis recentes investigacións, que sitúan a Galicia, na prehistoria, coma ponte entre o Atlántico e o Mediterráneo, e perspectivas aéreas nunca antes vistas, obtidas por medio de drones.
Esta guía lánzase ao mercado coincidindo coa exposición homónima itinerante que se inaugura en Madrid, no Museo Arqueológico Nacional, no outono de 2018, promovida pola Deputación de Pontevedra. Abaixo podemos ver o vídeo promocional desta ambiciosa mostra:
300 pp. 23×21 cms.
ISBN 978-84-16460-51-9
Unha obra pioneira, resultado de anos de fonda investigación, que achega descubrimentos sorprendentes do nacemento da arte fotográfica na Galicia do século XIX.
O seu autor, o fotohistoriador Carlos Iglesias Castelao (de orixe asturiana e afincado en Compostela dende 1988), ofrece nestas páxinas un traballo rigoroso, documentadísimo e enormemente didáctico.
Un volume ilustrado con máis de 350 imaxes (moitas delas, totalmente inéditas) que principia situando os albores da fotografía no noso país para presentar de seguido o máis completo traballo coñecido ata hoxe sobre a fotografía dunha cidade galega nun período concreto.
Son as precursoras e precursores da nova arte da imaxe en Santiago de Compostela. Trázase a biografía de ata vinte e catro profesionais e os seus estudos fotográficos; demóstrase a interrelación nunha maioría deles, a súa ideoloxía común progresista ou o seu achegamento á masonaría.
Dedícase un apartado á presenza da muller na fotografía con novas descubertas arredor de Rosalía de Castro e os seus fotógrafos. Inclúese a historia completa do primeiro fotógrafo galego con estudo propio, Andrés Cisneros, e mesmo descubrimos feitos ben singulares como a historia do neno fotógrafo Luis Hermida, de oito anos…
Trátase, en fin, dun traballo sen precedentes na historia galega da fotografía que nos fará gozar desta arte que, na segunda metade do século XIX, cambiaría a nosa forma de ver o mundo.
PREMIO ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ 2018
As orixes da fotografía en Galicia recibiu o Premio Antón Losada Diéguez 2018 ao mellor Ensaio do Ano. O xurado salienta “a calidade e intensidade de investigación documental realizada sobre a chegada e asentamento da fotografía na sociedade compostelá”. Así mesmo, destácase a calidade e coidado da súa edición, e o interese das fotografías reproducidas que axudan a rescatar a memoria visual da época e complementan a investigación documental sobre a vida e traxectoria dos primeiros fotógrafos.
A obra foi, ademais, finalista na modalidade de Ensaio na Gala do Libro Galego 2019.
Páxinas: 192. Formato: 20 x 19 cms.
ISBN 978-84-18567-13-1.
Cosido con fío vexetal.
Impreso en papel amigo dos bosques.
A historia máis íntima e gráfica dun establecemento centenario: o Café Derby (1929-2020) de Santiago de Compostela. Inclúe 130 fotografías e documentos da época, boa parte deles, inéditos. Tamén se inclúen os testemuños de varias xeracións que foron protagonistas dos seus inesquecibles faladoiros.
Size: 17×21 cms. 184 pp.
English ISBN 978-84-16460-86-1
Todos os castelos encerran historias, pero a do Castelo de Soutomaior é moi especial. O historiador Diego Piay Augusto rescátaa no seu novo libro O castelo de Soutomaior. Un lugar cheo de historias (Alvarellos Editora-Deputación de Pontevedra) que ve a luz no verán de 2020, publicado en tres idiomas (galego, castelán e inglés).
A fortaleza de Soutomaior elévase maxestosa e en silencio, dominando o val do río Verdugo, na provincia de Pontevedra. O seu pasado agóchase tras unhas robustas murallas e remóntase ata o século XII. A fascinación que suscita este lugar atravesou todas as etapas da súa historia e chega ata os nosos días. Propietarios e visitantes ilustres deixaron aquí unha imborrable pegada e forman xa parte para sempre do Castelo de Soutomaior.
Este libro non é un ensaio histórico, nin unha guía ao uso, senón unha obra ilustrada que nos levará a descubrir un castelo que pasou de ser centro de poder na Galicia medieval a caer no esquecemento, para rexurdir novamente a finais do século XIX.
MÁIS DE CEN FOTOGRAFÍAS, ILUSTRACIÓNS E PLANOS
Unha narración enriquecida con multitude de anécdotas e informacións descoñecidas ata hoxe, e que inclúe máis dun centenar de fotografías (históricas e actuais), ilustracións e planos que somerxerán ao lector na historia dun dos monumentos máis sobresaíntes das Rías Baixas.
Formato: 149 pp. 30×24 cms.
ISBN: 978-84-89323-56-8
[Capa dura]
Traducido ao galego directamente do italiano medieval (s. XIV).
Un texto de finais do século XIV, os Fioretti ou Floriñas de san Francisco, foron traducidos ao galego dende o italiano medieval por Darío Xohán Cabana e ilustrados, para esta coidada edición, por Darío Basso.
Os Fioretti ou Floriñas de san Francisco foron compostas por un autor anónimo toscano entre 1370 e 1390. Narran a vida e milagres do santo fundador da orde franciscana. Dividida en 53 capítulos, esta obra relata precisamente no seu capítulo cuarto a viaxe de san Francisco a Santiago de Compostela e a súa decisión de fundar aquí o primeiro convento e o inicio da orde franciscana. Deste feito conmemórase en Galicia en 2014 o oitavo centenario.
Traducida ao longo dos tempos a varios idiomas, agora, por vez primeira, esta obra pode ser lida en galego, nunha esmerada coedición de Alvarellos Editora e a Xunta de Galicia. Darío Xohán Cabana é o responsable da tradución do texto, realizada directamente desde o italiano medieval. O volume enriquécese con dezasete impactantes acuarelas de Darío Basso.
Na súa introdución, Xohán Cabana describe o ton destas Floriñas:
“Os Fioretti son un delicioso libro de contos piadosos, a miúdo salpicados de graza e humor e sempre cheos de profunda emoción relixiosa, mística e fraternal. As figuras de san Francisco e dos seus compañeiros e seguidores xorden destas páxinas cunha extraordinaria capacidade de sedución, cheos de vida e de verdade e, por que non dicilo así, de simpatía persoal”.
PREMIO DA EDICIÓN DE GALICIA
A tradución de Darío Xohán Cabana recibiu o Premio da Edición de Galicia 2014 á Mellor Tradución do Ano. O galardón foi entregado ao editor Henrique Alvarellos e ao tradutor Xohán Cabana no transcurso da Noite da Edición de Galicia, celebrada en Pontevedra o 13 de marzo de 2015.
Páxinas 180. Formato: 20 x 19 cms.
ISBN 978-84-18567-23-0
Impreso en papel FSC Amigo dos Bosques
Esta obra será todo un agasallo para os amantes da natureza, da historia e da nosa riqueza fluvial e etnográfica. Percorre os dez quilómetros do río Sarela de Santiago descubrindo unha paisaxe inédita e un patrimonio único. A través de máis de cen fotografías, inclúe tamén un detallado mapa onde localizar todos os contidos.
![Un paseo ilustrado por Santiago de Compostela [Edición trilingüe]](https://alvarelloseditora.gal/wp-content/uploads/2025/04/Un-paseo-ilustrado-por-Santiago-alvarellos-ed-2025.jpg)