• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

Facsímiles

De catro a catro. Manuscrito orixinal

22,90 
2ª EDICIÓN

Manuel Antonio

 

170 pp | 21 x 15 cms.
Cartonado con sobrecuberta.
ISBN 978-84-16460-99-1

 

De catro a catro é un dos libros de poesía galega máis relevantes de todos os tempos e está considerado, ademais, como unha das cimas universais da poesía vangardista.

 

O manuscrito orixinal e inédito de Manuel Antonio (Rianxo, 1900-1930) que aquí publicamos é o documento polo que se guiou o seu editor Ánxel Casal —controlado moi de preto polo propio poeta— para compoñer o libro De catro a catro. Follas d’un diario d’abordo, que sairía do prelo de Nós, Pubricacións Galegas e Imprenta, na rúa Real, nº 36-1º da Coruña, en marzo de 1928.

 

O manuscrito é peza única, propiedade dos herdeiros de Domingo García-Sabell, que xenerosamente o cederon para proceder á súa divulgación. Presenta moi bo estado de conservación polo que foi posible abordar esta edición facsimilar e a transcrición íntegra do texto.

 

O traballo de lectura e transcrición foi realizado por Anxo Tarrío Varela, catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade de Santiago.

 

Quixemos respectar o formato e deseño orixinais: o caderno contable no que foron escritos os versos, polo que este volume reproduce fielmente esas características.

 

Presentamos agora, en  2021, esta segunda edición. Publicamos o manuscrito por vez primeira en decembro de 2016, nunha coedición entre Alvarellos Editora e o Consorcio de Santiago, coa colaboración da Universidade de Santiago, cuxo Servizo de Publicacións se ocupou da dixitalización do orixinal.

 

Esta edición do manuscrito chegou a ser cualificada pola crítica como «un dos achados documentais máis sorprendentes deste século» (Armando Requeixo, Faro de Vigo), «unha auténtica alfaia» (Ramón Nicolás, Caderno da crítica) ou «estremecedora edición facsimilar» (Ramón Rozas, Diario de Pontevedra).

 

Así mesmo, foi finalista en 2017 nos Premios da Crítica de Galicia (na categoría de Creación) e na Gala do Libro Galego (na categoría de Mellor Iniciativa Bibliográfica).

 

Ver interior

El primer loco (Edición facsimilar e ilustrada)

19,50 

280 pp . 15 x 20 cms.
ISBN 978-84-16460-58-8
Idioma: castelán (a novela) e galego (a introdución)

Rosalía de Castro

 

EL PRIMER LOCO foi publicada en Madrid en 1881. Está ambientada no Bosque do Banquete de Conxo. A presente edición inclúe, á parte da reprodución facsimilar de 1881, un revelador estudo de María do Cebreiro e Germán Labrador e impactantes fotografías do Bosque de Conxo, de Denís Estévez.

 

Presentamos unha edición moi especial da derradeira novela de Rosalía de Castro. Publicada en Madrid en 1881, El primer loco (subtitulada “Cuento extraño”) desenvólvese no bosque que, en 1856, acollera o insólito Banquete democrático de Conxo, un espazo natural –e vital– que fascinaba á autora. A novela ergue unha dobre bandeira: por unha banda, a da dignidade humana; por outra, a defensa da paisaxe, da natureza.

 

O presente volume, publicado en coedición Alvarellos Editora-Consorcio de Santiago, reproduce fielmente aquela edición primeira e incorpora un magnífico estudo introdutorio, escrito polos especialistas María do Cebreiro Rábade Villar (Universidade de Santiago de Compostela) e Germán Labrador Méndez (Universidade de Princeton-New Yersey), un traballo que con seguridade sentará as bases e abrirá camiños para futuras e novas interpretacións da obra de Rosalía de Castro, en concreto na súa relación coa psiquiatría e tamén co espiritismo.

 

Un singular apéndice gráfico completa esta sedutora publicación: vinte fotografías de Denís Estévez que nos convidan a trazar unha reveladora viaxe sensorial polas sendas do histórico bosque do Banquete de Conxo e de El primer loco.

En las orillas del Sar (Edición facsimilar)

18,50 

Rosalía de Castro

 

184 pp . 14’5 x 21’5 cms.
ISBN: 978-84-18567-20-9
Cosído a fío. Papel ecolóxico.
Entapado con sobrecuberta

 

Os derradeiros poemas de Rosalía de Castro tal e como se publicaron orixinalmente en 1884. Rigorosa e coidada edición facsimilar que incorpora un Limiar da especialista María do Cebreiro Rábade Villar. Unha experiencia lectora única. Trátase da primeira edición facsimilar venal desta obra, desde aquela “edición príncipe” de 1884.

 

«Rosalía de Castro é unha das primeiras poetas ecoloxistas de Europa (…). Esta edición facsimilar ten a potencia de devolverlle á autora a súa soberanía», afirma María do Cebreiro.

 

Nota de Prensa

España Sagrada, Tomo XIX: Santiago

29,00 

Henrique Flórez

 

Páxinas: 415
Lingua: castelán
Medidas: 15,5 x 21 cms.
ISBN: 84–85311-84-1

 

Recuperamos, dezasete anos despois da súa primeira edición en facsímile (Alvarellos Editora, 1989), o tomo XIX dedicado a Santiago de Compostela da gran enciclopedia do século XVIII, a España Sagrada.

 

O relixioso burgalés Henrique Flórez é o autor deste volume de máis de catrocentas páxinas, publicado por vez primeira en Madrid no ano 1742. Nel nárrase a fundación da cidade e da diocese compostelá, coa súa orixe no porto de Iria Flavia, no século IX, e chégase nos feitos ata o tempo do seu primeiro grande arcebispo, Diego Xelmírez, no século XII.

 

O tomo de máis de 400 páxinas, ao igual que os restantes desta colección de facsímiles do século XVIII, está encadernado en capa dura e nunha edición moi coidada.

Flor de santidad. Historia milenaria [Ed. facsimilar]

19,90 

Ramón del Valle-Inclán

 

2º PREMIO AO MELLOR FACSÍMILE EDITADO EN ESPAÑA EN 2023 (MINISTERIO DE CULTURA)

 

252 pp . 13 x 18 cms.
ISBN 978-84-18567-53-7
Impreso en papel amigo dos bosques

A experiencia de ler a Valle-Inclán nunha coidada edición facsímile que rescata a novela de 1920.

 

A presente edición facsímile de Valle-Inclán resulta toda unha experiencia lectora. Poder desfrutar dunha novela de 1920 do gran escritor galego pasando as páxinas dun volume que recrea, fielmente, a edición orixinal de hai un século, maquetada polo propio autor e coas ilustracións de Moya del Pino. Joaquín del Valle-Inclán, neto do autor, e a profesora da Universidade da Coruña, Olivia Rodríguez-Tudela colaboran, con cadanseu traballo, neste singular rescate.

 

Un libro para ler e tamén un libro para contemplar, para mirar. Este é o espírito da presente edición facsímile de Flor de santidad. Historia milenaria, a inesquecible novela que don Ramón del Valle-Inclán publicaría en 1920 como Tomo II da súa Opera Omnia, e que rescatamos tal e como foi editada daquela. Marabillosamente ilustrada polo habitual colaborador de Valle, José Moya del Pino, e con deseño e maqueta ideados polo propio escritor. A profesora da Universidade da Coruña, Olivia Rodríguez-Tudela, descóbrenos as claves temáticas e tamén estéticas para desfrutar a fondo desta singular obra. Unha edición que conta ademais coa colaboración de Joaquín del Valle-Inclán, neto de don Ramón.

 

A AMBIGÜIDADE DIABÓLICA DUN PEREGRINO

Aquí nárrase a historia de Ádega, rapaza virxinal e inocente que se entrega á ambigüidade diabólica dun peregrino no que se funden Cristo e Satanás. Como fondo inspirador, o lendario rito da fecundidade e o seu baño nas ondas atlánticas da praia da Lanzada. O propio Valle-Inclán chegaría a cualificar este relato coma «una novela que en el estilo, en el ambiente y en el asunto, se diferencia totalmente de la moderna manera de novelar». Con Flor de santidad continuamos o camiño aberto en 2018 coa publicación –tamén facsímile– de La lámpara maravillosa.

 

Mergullémonos pois de novo no universo único de Valle e na súa singular Galicia recreada.

 

Esta obra recibiu unha axuda á edición do Ministerio de Cultura e Deporte.

 

PREMIO DO MINISTERIO DE CULTURA

Esta obra recibiu o 2º Premio ao Facsímile Mellor Editado en España en 2023, un galardón concedido polo Ministerio de Cultura.

 

 

 

 

Jardín umbrío. Edición facsimilar (1920)

22,50 

Ramón María del Valle-Inclán

 

Formato 13 x 18 cms.
ISBN 978-84-18567-64-3.
Impreso en papel amigo dos bosques.
Cosido con fío vexetal.
Encadernado con sobrecuberta.

 

Continuamos co rescate de obras facsimilares de Valle-Inclán. Desta volta trátase da magnífica serie de relatos, unha xoia da narrativa breve española, que o gran autor editou en 1920 dentro da súa obra completa, e baixo o título de Jardín Umbrío. Unha coidada edición que reproduce fielmente a obra orixinal concebida e deseñada polo propio escritor en na que hoxe colaboran Margarita Santos-Zas, Alessia Schininà e Joaquín del Valle-Inclán.

 

NP_GAL_JARDÍN UMBRÍO_Alvarellos_Ed_2024

NP_ESP_JARDÍN UMBRÍO_Alvarellos_Ed_2024

 

Valle-Inclán foi o editor das súas propias obras: deseñou, decidiu a maquetación, seleccionou o papel… O resultado é un magnífico obxecto artístico, libros que hoxe están considerados entre os máis innovadores do deseño editorial modernista en España. Aquí temos a proba.

 

Este é o terceiro volume de Don Ramón que rescatamos nunha edición facsimilar. Despois da publicación en 2018 do seu tratado de estética La lámpara maravillosa e en 2023 da novela Flor de santidad (publicación recoñecida ese ano polo Ministerio de Cultura como o 2º mellor facsímil editado en España), tocaba gozar dos 17 espléndidos contos de Jardín umbrío, presentados tal e como Valle os concebiu e publicou en 1920.

 

Reproducimos, pois, fielmente esta xoia literaria da narrativa breve española e, como en ocasións anteriores, contamos con colaboradores excepcionais: o neto e biógrafo do autor, Joaquín del Valle-Inclán Alsina, quen analiza esta singular faceta, de deseñador editorial do seu avó, e o revelador estudo introdutorio asinado por Margarita Santos Zas –directora da Cátedra Valle-Inclán da Universidade de Santiago–, xunto coa filóloga Alessia Schininà. Condensan sabiamente a peripecia editorial desta obra e as súas claves literarias.

 

Disfrutemos das historias deste Valle xenial. Historias que nos levarán a ese mundo galaico de misterios, traxedias, do máxico marabilloso… E vivámolas coa experiencia lectora que nos proporciona este coidado facsímile.

La lámpara maravillosa. Ejercicios espirituales (Ed. facsimilar)

22,50 

 

Ramón del Valle-Inclán

 

302 pp | 13 x 17,5 cms.
ISBN 978-84-16460-34-2
EDICIÓN FACSIMILAR
Cosida con fío.
Capa con sobrecuberta

 

Coidada e rigorosa edición facsímile deste belísimo e insólito libro de Ramón del Valle-Inclán. Unha obra  publicada en 1916, ilustrada por José Moya del Pino e concibida como un todo, pois forma e fondo dialogan aquí á perfección.

 

Un século despois, regresamos a aquela «edición príncipe» ou primeira, e quixemos reproducila fielmente, co fin de achegar o máis posible a experiencia lectora de hoxe ao espírito orixinal desta Lámpara maravillosa que nos iluminará no camiño de comprensión da beleza.

 

O libro preséntasenos como unha autobiografía do autor, quen, fascinado polo ocultismo, desexa transitar por novos vieiros creativos e non dubida en experimentar, por exemplo, co propio cánnabis. Séntese peregrino e sitúa en Santiago de Compostela (a súa «rosa mística de pedra») ese lugar onde o tempo se fai eternidade.

 

A presente edición (en xaneiro de 2022 publicamos a 2ª) enriquécese cun estudo a cargo da profesora Olivia Rodríguez-Tudela, fotografías de época do autor e un prólogo do profesor Joaquín del Valle-Inclán Alsina, neto do escritor.

Memorias para la historia de la poesía y poetas españoles [Facsimilar]

29,00 

Páxinas: 429
Lingua: castelán
Colección: Facsímiles Século XVIII
Ano 1ª edición: 1775
Ano edición facsímile: 1988
ISBN: 84–85311–70-1
Medidas: 15,5 x 21 cms.
Limiar: Eligio Rivas Quintas

 

Martín Sarmiento é unha das grandes personalidades de Galicia. A obra que editamos en facsímile (encadernada en tapa dura e en edición de luxo) foi publicada orixinariamente por Ibarra en Madrid en 1775, tres anos despois do falecemento deste ilustrado nacido en Villafranca del Bierzo (León).

 

Estas Memorias para la historia de la poesía, y poetas españoles son todo un tratado completo das letras hispanas. Como afirma, no Prólogo, o doutor en Filoloxía Románica Eligio Rivas Quintas, “o Padre Sarmiento vai dereito ás fontes; a miúdo, aos propios orixinais. É un dos primeiros en abrir roteiros, tanto na literatura castelá como galega. Analiza o Cantar del Mío Cid e o seu significado na épica, a súa antigüidade e a métrica, logo de ler todo o manuscrito. Magóase de que non haxa quen dea ao prelo a poesía de Gonzalo de Berceo e ofrécese, se tal sucedese, a comentala el mesmo. Axiña se dá conta dos valores que agocha o Arcipreste de Hita na peculiar miscelánea do Libro del Buen Amor. E adiviña toda a dimensión da nosa escola lírica galego-portuguesa cando aínda non apareceran os Cancioneiros”.

Obras del Cura de Fruíme [7 tomos]

95,00 

Páxinas (total dos 7 volumes): 2.897
Lingua: castelán (principalmente) e galego
Colección: Facsímiles Século XVIII
Ano edición príncipe: 1778
Ano edición facsímile: 1988
Medidas: 15,5 x 21 cms.
ISBN obra completa: 84-85311-74-4

 

 

Encontrámonos ante unha desas obras fundacionais da cultura de Galicia.

 

A edición facsimilar —en sete tomos e nunha edición moi coidada— recupera a obra completa de Cernadas y Castro publicada en Madrid en 1778 (un ano despois do falecemento deste crego ilustrado).

 

A maior parte dos escritos do Cura de Fruíme están en castelán, pero tamén escribiu singulares pezas en galego. Tal e como subliña o seu estudoso Xosé Manuel Rivas Troitiño, Fruíme “quizais fora o escritor de maior produción en galego nese século. Ademais, xustificou o uso do galego como idioma literario nunhas célebres décimas á marquesa de Camarasa. Para Benito Vicetto, Neira de Mosquera ou Couceiro Freijomil foi o poeta máis popular que houbo en Galicia”.

 

O Cura de Fruíme foi un fecundo escritor, en prosa, verso e teatro. Nos seus textos sobre temas galegos amosa un fondo galeguismo e clama con indignación contra as inxustizas das que era vítima Galicia.

 



Revista “Peña Trevinca. Montañeros de Galicia” [1944-1950]. Edición facsimilar

22,50 

Páxinas: 310.

Formato 16 x 22 cms.

ISBN 978-84-18567-08-7

Rústica fresada. Impresa a cor.

Papel FSC Amigo dos Bosques.

A revista que, nos anos 40, iniciou o montañismo en Galicia e un novo xeito de ver a natureza.

Presentamos un valioso documento. A publicación facsimilar dunha revista da que só se conservaba hoxe unha colección completa: nove números que viron a luz no Barco de Valdeorras entre 1944 e 1950. Unha iniciativa pioneira no eido do montañismo e da natureza que agora rescatamos íntegra, precedida da análise de tres xeógrafos da Universidade de Santiago de Compostela (L. Martín Agrelo, Juan M. Trillo e Valerià Paül) e ao coidado do historiador Ricardo Gurriarán.

 

Seis poemas galegos [Edición facsimilar e ilustrada]

16,00 
Premio ao Mellor Libro Editado en Galicia en 2018

 

Federico García Lorca

 

 

60 pp . 17 x 21 cms.
ISBN 978-84-16460-53-3

 

Edición facsimilar do libro galego máis reeditado e traducido de todo o século XX. Incorpora as fotografías do poeta en Galicia. Nunha edición ao coidado de Henrique Alvarellos.

 

NP_Premio_seis_poemas_galegos_GALA NP_Cast_seis_poemas_galegos

NP_Gal_seis_poemas_galegos

 

Federico García Lorca foi un gran embaixador da cultura galega. A única lingua na que decidiu escribir, á parte do seu castelán natal, foi a galega. A primeira edición dos Seis poemas galegos saíu do prelo de Ánxel Casal en Santiago de Compostela en decembro de 1935,  oito meses antes do asasinato do gran poeta granadino. A tiraxe apenas superaba os douscentos exemplares e foron moi poucos os que sobreviviron ao saqueo dos fascistas en agosto do 36.

 

Non obstante, os poemas galegos de Lorca serían axiña incorporados ás súas obras completas e reeditados e traducidos durante este tempo por todo o mundo. Hoxe constitúen o libro en galego máis difundido do século XX.

 

AS FOTOGRAFÍAS DE GARCÍA LORCA EN GALICIA

 

A presente edición facsimilar reproduce fielmente un daqueles contados exemplares de 1935. Respecta, por unha banda, o deseño, formato e papel orixinais da editorial Nós; por outra, incorpora, como un singular apéndice gráfico, as fotografías comentadas de García Lorca en Galicia, ata dez imaxes de 1916 e 1932 obtidas na terra onde el se sentía “poeta gallego… poeta de alta hierba, de la lluvia alta y pausada”, algunhas delas, moi descoñecidas, mais outras catro fotografías directamente relacionadas coa xestación dos Seis poemas galegos.

 

O editor e escritor Henrique Alvarellos, responsable da edición, tamén este ano, do libro El gran viaje de estudios de García Lorca (Alvarellos Editora), ocupouse neste facsimilar da selección e comentario de cada unha das fotografías.

 

Este coidado volume recibiu na IV Gala do Libro Galego o Premio ao Mellor Libro Editado en Galicia en 2018.

Sonetos del amor oscuro [Facsímil de la edición clandestina de 1983]

13,90 

Federico García Lorca

 

 

24 pp . 12 x 15 cms.
ISBN 978-84-18567-79-7

 

 

Rescatamos, en riguroso facsimilar, a primeira edición dos Sonetos del amor oscuro de Federico García Lorca. Un volume publicado de modo clandestino en 1983. Aquela insólita e polémica edición pirata rexorde agora, nun exemplar totalmente fiel ao orixinal, reprodución exacta dunha verdadeira xoia bibliográfica.

 

 

No outono de 1983 aparecía en España, de forma clandestina, a primeira edición dos coñecidos como Sonetos del amor oscuro de Federico García Lorca. Unha publicación non venal, de 250 exemplares numerados, que se distribuíu de maneira anónima a unha listaxe selecta de personalidades da cultura española de entón. Nela non figuraba o nome do autor, tampouco se identificaban as citas de apertura, nin había referencia algunha a imprenta, editoriais ou promotores.

 

A sorprendente circulación de aquel libro, cuxo obxectivo sería provocar a publicación «oficial» deste conxunto de poemas que Lorca escribira entre 1935 e 1936, causou un enorme impacto.

 

Dende Alvarellos Editora quixemos rescatar aquel libro pirata, e facelo nunha edición totalmente fiel á orixinal, porque pensamos que se trata dunha verdadeira xoia bibliográfica.

 

 

Esta edición foi composta na mesma tipografía Bodoni do orixinal e impresa en papel tipo vergado Conqueror Laid Oister de 120 gramos. Para a capa e a sobrecuberta eliximos unha cartolina Bristol ready Rojo Fuego: 180 gramos para a capa e 250 para a nova sobrecuberta. Igualmente, respectamos o mesmo sistema de montaxe/encadernado da primeira edición, atada cun cordel bicolor.

 

 

Sobre a edición clandestina de 1983

 

«Fue un juego literario exquisito».
MARIO HERNÁNDEZ

 

«Una pequeña joya».
JOSÉ LUIS CANO

 

«A mí me llegó una copia, sin remitente, anónima. Yo no sabía nada de este asunto, ¡lo juro!».
IAN GIBSON

 

Sobre os Sonetos del amor oscuro

 

«Solo tiene parangón, en lengua española, con san Juan de la Cruz o Quevedo».
MIGUEL GARCÍA-POSADA

 

«Toda la obra de Lorca está transida de amor homosexual. Es un prodigio de escritor, hablando solo de este tema habla a todos los hombres y mujeres del mundo».
LUIS ALBERTO DE CUENCA

 

«Me leía sus Sonetos del amor oscuro, prodigio de pasión, de entusiasmo, de felicidad, de tormento, puro y ardiente monumento al amor».
VICENTE ALEIXANDRE (1937)

 

«Me dijo de memoria seis o siete sonetos (…)
de una increíble belleza».
PABLO NERUDA (1968)

 

 

 

 

 

Alvarellos Editora
Resumen de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e para mostrarche publicidade personalizada en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).