• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

22,90 

De catro a catro. Manuscrito orixinal

2ª EDICIÓN

Manuel Antonio

 

170 pp | 21 x 15 cms.
Cartonado con sobrecuberta.
ISBN 978-84-16460-99-1

 

De catro a catro é un dos libros de poesía galega máis relevantes de todos os tempos e está considerado, ademais, como unha das cimas universais da poesía vangardista.

 

O manuscrito orixinal e inédito de Manuel Antonio (Rianxo, 1900-1930) que aquí publicamos é o documento polo que se guiou o seu editor Ánxel Casal —controlado moi de preto polo propio poeta— para compoñer o libro De catro a catro. Follas d’un diario d’abordo, que sairía do prelo de Nós, Pubricacións Galegas e Imprenta, na rúa Real, nº 36-1º da Coruña, en marzo de 1928.

 

O manuscrito é peza única, propiedade dos herdeiros de Domingo García-Sabell, que xenerosamente o cederon para proceder á súa divulgación. Presenta moi bo estado de conservación polo que foi posible abordar esta edición facsimilar e a transcrición íntegra do texto.

 

O traballo de lectura e transcrición foi realizado por Anxo Tarrío Varela, catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade de Santiago.

 

Quixemos respectar o formato e deseño orixinais: o caderno contable no que foron escritos os versos, polo que este volume reproduce fielmente esas características.

 

Presentamos agora, en  2021, esta segunda edición. Publicamos o manuscrito por vez primeira en decembro de 2016, nunha coedición entre Alvarellos Editora e o Consorcio de Santiago, coa colaboración da Universidade de Santiago, cuxo Servizo de Publicacións se ocupou da dixitalización do orixinal.

 

Esta edición do manuscrito chegou a ser cualificada pola crítica como «un dos achados documentais máis sorprendentes deste século» (Armando Requeixo, Faro de Vigo), «unha auténtica alfaia» (Ramón Nicolás, Caderno da crítica) ou «estremecedora edición facsimilar» (Ramón Rozas, Diario de Pontevedra).

 

Así mesmo, foi finalista en 2017 nos Premios da Crítica de Galicia (na categoría de Creación) e na Gala do Libro Galego (na categoría de Mellor Iniciativa Bibliográfica).

 

Ver interior

78710d877710 ,
Compartir

Autoría

Manuel Antonio Pérez Sánchez (Rianxo, 1900-1930), poeta. Biografía, aquí.