• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

95,00 

Obras del Cura de Fruíme [7 tomos]

Páxinas (total dos 7 volumes): 2.897
Lingua: castelán (principalmente) e galego
Colección: Facsímiles Século XVIII
Ano edición príncipe: 1778
Ano edición facsímile: 1988
Medidas: 15,5 x 21 cms.
ISBN obra completa: 84-85311-74-4

 

 

Encontrámonos ante unha desas obras fundacionais da cultura de Galicia.

 

A edición facsimilar —en sete tomos e nunha edición moi coidada— recupera a obra completa de Cernadas y Castro publicada en Madrid en 1778 (un ano despois do falecemento deste crego ilustrado).

 

A maior parte dos escritos do Cura de Fruíme están en castelán, pero tamén escribiu singulares pezas en galego. Tal e como subliña o seu estudoso Xosé Manuel Rivas Troitiño, Fruíme “quizais fora o escritor de maior produción en galego nese século. Ademais, xustificou o uso do galego como idioma literario nunhas célebres décimas á marquesa de Camarasa. Para Benito Vicetto, Neira de Mosquera ou Couceiro Freijomil foi o poeta máis popular que houbo en Galicia”.

 

O Cura de Fruíme foi un fecundo escritor, en prosa, verso e teatro. Nos seus textos sobre temas galegos amosa un fondo galeguismo e clama con indignación contra as inxustizas das que era vítima Galicia.

 



2bd2ecf9481a
Compartir

Autoría

Diego Antonio Cernadas y Castro (Santiago, 1702 - Lousame, 1777), máis coñecido como o Cura de Fruíme (pois adoptou o nome dunha parroquia do Concello de Lousame, próxima a Noia, onde viviu preto de 50 anos) é quizais a figura literaria máis notable de Galicia no século XVIII. Considerado o primeiro galeguista e tamén o primeiro xornalista galego, combinou o seu labor pastoral cun amplísimo traballo intelectual.