• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

22,50 

Jardín umbrío. Edición facsimilar (1920)

Ramón María del Valle-Inclán

Formato 13 x 18 cms.
ISBN 978-84-18567-64-3.
Impreso en papel amigo dos bosques.
Cosido con fío vexetal.
Encadernado con sobrecuberta.

Continuamos co rescate de obras facsimilares de Valle-Inclán. Desta volta trátase da magnífica serie de relatos, unha xoia da narrativa breve española, que o gran autor editou en 1920 dentro da súa obra completa, e baixo o título de Jardín Umbrío. Unha coidada edición que reproduce fielmente a obra orixinal concebida e deseñada polo propio escritor en na que hoxe colaboran Margarita Santos-Zas, Alessia Schininà e Joaquín del Valle-Inclán.

NP_GAL_JARDÍN UMBRÍO_Alvarellos_Ed_2024

NP_ESP_JARDÍN UMBRÍO_Alvarellos_Ed_2024

Valle-Inclán foi o editor das súas propias obras: deseñou, decidiu a maquetación, seleccionou o papel… O resultado é un magnífico obxecto artístico, libros que hoxe están considerados entre os máis innovadores do deseño editorial modernista en España. Aquí temos a proba.

Este é o terceiro volume de Don Ramón que rescatamos nunha edición facsimilar. Despois da publicación en 2018 do seu tratado de estética La lámpara maravillosa e en 2023 da novela Flor de santidad (publicación recoñecida ese ano polo Ministerio de Cultura como o 2º mellor facsímil editado en España), tocaba gozar dos 17 espléndidos contos de Jardín umbrío, presentados tal e como Valle os concebiu e publicou en 1920.

Reproducimos, pois, fielmente esta xoia literaria da narrativa breve española e, como en ocasións anteriores, contamos con colaboradores excepcionais: o neto e biógrafo do autor, Joaquín del Valle-Inclán Alsina, quen analiza esta singular faceta, de deseñador editorial do seu avó, e o revelador estudo introdutorio asinado por Margarita Santos Zas –directora da Cátedra Valle-Inclán da Universidade de Santiago–, xunto coa filóloga Alessia Schininà. Condensan sabiamente a peripecia editorial desta obra e as súas claves literarias.

Disfrutemos das historias deste Valle xenial. Historias que nos levarán a ese mundo galaico de misterios, traxedias, do máxico marabilloso… E vivámolas coa experiencia lectora que nos proporciona este coidado facsímile.

Compartir

Autoría

Ramón María del Valle-Inclán (Vilanova de Arousa, 1866 - Santiago de Compostela, 1936). Ver biografía, aquí. Na imaxe, o autor no Ateneo de Madrid en xaneiro de 1916. Neste lugar pronunciará unha serie de conferencias baixo o título "La lámpara maravillosa. Ejercicios espirituales".