Flor de santidad. Historia milenaria [Ed. facsimilar]
19,90 €Ramón del Valle-Inclán
2º PREMIO AO MELLOR FACSÍMILE EDITADO EN ESPAÑA EN 2023 (MINISTERIO DE CULTURA)
252 pp . 13 x 18 cms.
ISBN 978-84-18567-53-7
Impreso en papel amigo dos bosques
A experiencia de ler a Valle-Inclán nunha coidada edición facsímile que rescata a novela de 1920.
A presente edición facsímile de Valle-Inclán resulta toda unha experiencia lectora. Poder desfrutar dunha novela de 1920 do gran escritor galego pasando as páxinas dun volume que recrea, fielmente, a edición orixinal de hai un século, maquetada polo propio autor e coas ilustracións de Moya del Pino. Joaquín del Valle-Inclán, neto do autor, e a profesora da Universidade da Coruña, Olivia Rodríguez-Tudela colaboran, con cadanseu traballo, neste singular rescate.
Un libro para ler e tamén un libro para contemplar, para mirar. Este é o espírito da presente edición facsímile de Flor de santidad. Historia milenaria, a inesquecible novela que don Ramón del Valle-Inclán publicaría en 1920 como Tomo II da súa Opera Omnia, e que rescatamos tal e como foi editada daquela. Marabillosamente ilustrada polo habitual colaborador de Valle, José Moya del Pino, e con deseño e maqueta ideados polo propio escritor. A profesora da Universidade da Coruña, Olivia Rodríguez-Tudela, descóbrenos as claves temáticas e tamén estéticas para desfrutar a fondo desta singular obra. Unha edición que conta ademais coa colaboración de Joaquín del Valle-Inclán, neto de don Ramón.
A AMBIGÜIDADE DIABÓLICA DUN PEREGRINO
Aquí nárrase a historia de Ádega, rapaza virxinal e inocente que se entrega á ambigüidade diabólica dun peregrino no que se funden Cristo e Satanás. Como fondo inspirador, o lendario rito da fecundidade e o seu baño nas ondas atlánticas da praia da Lanzada. O propio Valle-Inclán chegaría a cualificar este relato coma «una novela que en el estilo, en el ambiente y en el asunto, se diferencia totalmente de la moderna manera de novelar». Con Flor de santidad continuamos o camiño aberto en 2018 coa publicación –tamén facsímile– de La lámpara maravillosa.
Mergullémonos pois de novo no universo único de Valle e na súa singular Galicia recreada.
Esta obra recibiu unha axuda á edición do Ministerio de Cultura e Deporte.
PREMIO DO MINISTERIO DE CULTURA
Esta obra recibiu o 2º Premio ao Facsímile Mellor Editado en España en 2023, un galardón concedido polo Ministerio de Cultura.