Autor

Federico García Lorca

"Federico García Lorca (Fuente Vaqueros-Granada, 1898 – Víznar-Granada, 1936) é hoxe o poeta español máis lido de todos os tempos, autor tamén en lingua galega dos Seis poemas galegos (1935) que esta editorial recupera en edición facsimilar e ilustrada. Integrante da Xeración do 27, é autor dunha selecta obra en verso (onde destacan os poemarios Romancero gitano, Poema del cante jondo ou Poeta en Nueva York) e teatral (con obras como Bodas de sangre, Yerma ou La Casa de Bernarda Alba). A súa poesía conecta dun xeito único a tradición popular coa vangarda. En 2018, coincidindo cos cen anos da publicación do seu primeiro libro (Impresiones y paisajes) e os 120 do seu nacemento, celebrouse, o 25 de outubro, o primeiro “Día de García Lorca en Galicia”, promovido por Alvarellos Editora."

Libros do Autor

Caderno lorquiano con froitos

4,50 

64 pp. Tamaño: 9 x 13 cm.
Cosido con fío vexetal.
Cartolina capa: Masterblanck liño 270 gr.
Papel interior: Coral Book W. 90 gr.

 

Con debuxos de Federico García Lorca realizados en Santiago de Compostela en maio de 1932.

 

Alvarellos Editora lanza este outono cinco Cadernos lorquianos. Trátase de cinco modelos ilustrados con debuxos que realizou o propio Federico García Lorca en Santiago de Compostela en maio de 1932.

 

Os orixinais pertencen á Biblioteca do escritor e amigo de Lorca Carlos Martínez-Barbeito (A Coruña, 1913-1997) e permanecen hoxe no Arquivo da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.

 

Foron cinco debuxos que Federico García Lorca incluíu como dedicatorias dos seus libros en dous exemplares para Martínez-Barbeito, un de Canciones e outro do Romancero gitano. Segundo testemuño do propio receptor, o poeta andaluz debuxounas en maio de 1932 no hall do Hotel Compostela onde se hospedaba, e utilizando dúas plumas estilográficas prestadas polo seu amigo galego.

 

Estas cinco ilustracións aparecen publicadas e comentadas –xunto con outras tamén realizadas en Compostela– no libro Federico García Lorca en Santiago de Compostela (Alvarellos Editora, 2020), de Henrique Alvarellos, que saíu á luz en outubro de 2020.

 

Cada un dos modelos de caderno leva un nome identificativo: Pierrot, Biface, Negrita, Floreiro e Froitos, facendo referencia aos motivos que os ilustran.

 

García Lorca era tamén un orixinal e inspiradísimo artista plástico. Nos seus debuxos composteláns emprega técnicas superrealistas e liñas delicadas, aparecen elementos florais e rostros bifaces e sobrevoa nalgúns deles a omnipresente idea da morte e do fracaso que define boa parte da súa obra poética e dramática.

 

COIDADA EDICIÓN E PRESENTACIÓN

Os novos cadernos lorquianos están cosidos a fío e teñen 64 páxinas e unha coidada presentación e edición con cartolina de capa Masterblank liño de 270 gr. e papel interior Coral Book W de 90 gr.
Pódense adquirir a través da web de Alvarellos Editora, www.alvarellos.info, e serviranse baixo pedido ás librarías que as soliciten.

 

Características

64 pp. Tamaño: 9 x 13 cm.
Cosido con fío vexetal.
Capa en cartolina Masterblanck liño 270 gr.
Papel interior: Coral Book W. 90 gr.

Caderno lorquiano modelo FLOREIRO

4,50 

64 pp. Tamaño: 9 x 13 cm.
Cosido con fío vexetal.
Capa en cartolina Masterblanck liño 270 gr.
Papel interior: Coral Book W. 90 gr.

 

Con debuxos de Federico García Lorca realizados en Santiago de Compostela en maio de 1932.

 

Alvarellos Editora lanza este outono cinco Cadernos lorquianos. Trátase de cinco modelos ilustrados con debuxos que realizou o propio Federico García Lorca en Santiago de Compostela en maio de 1932.

 

Os orixinais pertencen á Biblioteca do escritor e amigo de Lorca Carlos Martínez-Barbeito (A Coruña, 1913-1997) e permanecen hoxe no Arquivo da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.

 

Foron cinco debuxos que Federico García Lorca incluíu como dedicatorias dos seus libros en dous exemplares para Martínez-Barbeito, un de Canciones e outro do Romancero gitano. Segundo testemuño do propio receptor, o poeta andaluz debuxounas en maio de 1932 no hall do Hotel Compostela onde se hospedaba, e utilizando dúas plumas estilográficas prestadas polo seu amigo galego.

 

Estas cinco ilustracións aparecen publicadas e comentadas –xunto con outras tamén realizadas en Composela– no libro Federico García Lorca en Santiago de Compostela (Alvarellos Editora, 2020), de Henrique Alvarellos, que saíu á luz en outubro de 2020.

 

Cada un dos modelos de caderno leva un nome identificativo: Pierrot, Biface, Negrita, Floreiro e Cereixas, facendo referencia aos motivos que os ilustran.

 

García Lorca era tamén un orixinal e inspiradísimo artista plástico. Nos seus debuxos composteláns emprega técnicas superrealistas e liñas delicadas, aparecen elementos florais e rostros bifaces e sobrevoa nalgúns deles a omnipresente idea da morte e do fracaso que define boa parte da súa obra poética e dramática.

 

COIDADA EDICIÓN E PRESENTACIÓN

Os novos cadernos lorquianos están cosidos a fío e teñen 64 páxinas e unha coidada presentación e edición con cartolina de capa Masterblank liño de 270 gr. e papel interior Coral Book W de 90 gr.
Pódense adquirir a través da web de Alvarellos Editora, www.alvarellos.info, e serviranse baixo pedido ás librarías que as soliciten.

 

Características

64 pp. Tamaño: 9 x 13 cms.
Cosido con fío vexetal.
Capa en cartolina Masterblanck liño 270 gr.
Papel interior: Coral Book W. 90 gr.

Caderno lorquiano modelo NEGRITA

4,50 

64 pp. Tamaño: 9 x 13 cm.
Cosido con fío vexetal.
Cartolina capa: Masterblanck liño 270 gr.
Papel interior: Coral Book W. 90 gr.

 

Con debuxos de Federico García Lorca realizados en Santiago de Compostela en maio de 1932.

 

Alvarellos Editora lanza este outono cinco Cadernos lorquianos. Trátase de cinco modelos ilustrados con debuxos que realizou o propio Federico García Lorca en Santiago de Compostela en maio de 1932.

 

Os orixinais pertencen á Biblioteca do escritor e amigo de Lorca Carlos Martínez-Barbeito (A Coruña, 1913-1997) e permanecen hoxe no Arquivo da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.

 

Foron cinco debuxos que Federico García Lorca incluíu como dedicatorias dos seus libros en dous exemplares para Martínez-Barbeito, un de Canciones e outro do Romancero gitano. Segundo testemuño do propio receptor, o poeta andaluz debuxounas en maio de 1932 no hall do Hotel Compostela onde se hospedaba, e utilizando dúas plumas estilográficas prestadas polo seu amigo galego.

 

Estas cinco ilustracións aparecen publicadas e comentadas –xunto con outras tamén realizadas en Compostela– no libro Federico García Lorca en Santiago de Compostela (Alvarellos Editora, 2020), de Henrique Alvarellos, que saíu á luz en outubro de 2020.

 

Cada un dos modelos de caderno leva un nome identificativo: Pierrot, Biface, Negrita, Floreiro Froitos, facendo referencia aos motivos que os ilustran.

 

García Lorca era tamén un orixinal e inspiradísimo artista plástico. Nos seus debuxos composteláns emprega técnicas superrealistas e liñas delicadas, aparecen elementos florais e rostros bifaces e sobrevoa nalgúns deles a omnipresente idea da morte e do fracaso que define boa parte da súa obra poética e dramática.

 

COIDADA EDICIÓN E PRESENTACIÓN

Os novos cadernos lorquianos están cosidos a fío e teñen 64 páxinas e unha coidada presentación e edición con cartolina de capa Masterblank liño de 270 gr. e papel interior Coral Book W de 90 gr.
Pódense adquirir a través da web de Alvarellos Editora, www.alvarellos.info, e serviranse baixo pedido ás librarías que as soliciten.

 

Características

64 pp. Tamaño: 9 x 13 cm.
Cosido con fío vexetal.
Cartolina capa: Masterblanck liño 270 gr.
Papel interior: Coral Book W. 90 gr.

El gran viaje de estudios de García Lorca (2ª ed)

22,50 

 

Luis Mariscal

Federico García Lorca

 

Por vez primeira, a crónica íntegra da excursión cultural de 1916 por Castela, Galicia e León.

 

336 pp. | 13 x 23 cms.
ISBN 978-84-16460-35-9

 

No outono de 1916 García Lorca tomaría aos seus 18 anos unha decisión radical: abandonar un futuro prometedor na música e propoñerse ser escritor. Sucedeu durante unha longa viaxe de estudos –co seu profesor Domínguez Berrueta e catro alumnos máis– por Castela, Galicia e León.

 

Esta é a crónica íntegra, por vez primeira, daquela excursión. Unha edición ilustrada e anotada, publicada por Alvarellos Editora, que reúne os textos do compañeiro de Lorca, Luis Mariscal, e o propio caderno de viaxe do futuro poeta.

 

Un libro de viaxes moi especial; tamén é un libro de historia e de arte e, sobre todo, un libro lorquiano, do primeiro Lorca.

 

 

CENTENARIO DE IMPRESIONES Y PAISAJES (1918)

Alvarellos Editora publica esta obra coincidindo co centenario da edición do primeiro libro de Federico García Lorca (Impresiones y paisajes, abril de 1918) e cos 120 anos do nacemento do poeta. Unha edición anotada e ilustrada con 35 fotografías e documentos de época, ao coidado do editor e escritor Henrique Alvarellos.

 

O volume inclúe, por unha banda, o relato da viaxe narrada, durante a propia excursión cultural, polo compañeiro de Lorca, Luis Mariscal, que anota, en cada parada, datos precisos e reflexións sobre a paisaxe e as xentes. Un documento excepcional, nunca publicado en libro íntegro ata hoxe.

 

A VISIÓN DIRECTA E ÍNTIMA DE FEDERICO

Doutra banda, contamos coa visión directa e íntima de García Lorca. Reunimos as súas cartas, plenas de entusiasmo; as súas primeiras prosas, que destilan emoción e fondura crítica; ademais de importantes fragmentos daquel primeiro libro, Impresiones y paisajes, e outros textos seus referentes á viaxe.

 

O xornalista granadino e investigador Juan Luis Tapia traza un interesante perfil biográfico de Luis Mariscal, mentres que a doutora en historia da arte Carla Fernández se ocupa das notas histórico-artísticas da narración do compañeiro de Lorca.

 

ITINERARIO DA VIAXE

Madrid — El Escorial — Ávila — Medina del Campo — Salamanca — Zamora— Astorga — Ourense — Redondela — Santiago de Compostela — A Coruña—Lugo — León— Sahagún — Venta de Baños — Burgos — Segovia.

 

[Este libro recibiu unha axuda á edición do Ministerio de Cultura e Deporte].

Seis poemas galegos [Edición facsimilar e ilustrada]

16,00 
Premio ao Mellor Libro Editado en Galicia en 2018

 

60 pp . 17 x 21 cms.
ISBN 978-84-16460-53-3

 

Edición facsimilar do libro galego máis reeditado e traducido de todo o século XX. Incorpora as fotografías do poeta en Galicia. Nunha edición ao coidado de Henrique Alvarellos.

 

Federico García Lorca foi un gran embaixador da cultura galega. A única lingua na que decidiu escribir, á parte do seu castelán natal, foi a galega. A primeira edición dos Seis poemas galegos saíu do prelo de Ánxel Casal en Santiago de Compostela en decembro de 1935,  oito meses antes do asasinato do gran poeta granadino. A tiraxe apenas superaba os douscentos exemplares e foron moi poucos os que sobreviviron ao saqueo dos fascistas en agosto do 36.

 

Non obstante, os poemas galegos de Lorca serían axiña incorporados ás súas obras completas e reeditados e traducidos durante este tempo por todo o mundo. Hoxe constitúen o libro en galego máis difundido do século XX.

 

AS FOTOGRAFÍAS DE GARCÍA LORCA EN GALICIA

 

A presente edición facsimilar reproduce fielmente un daqueles contados exemplares de 1935. Respecta, por unha banda, o deseño, formato e papel orixinais da editorial Nós; por outra, incorpora, como un singular apéndice gráfico, as fotografías comentadas de García Lorca en Galicia, ata dez imaxes de 1916 e 1932 obtidas na terra onde el se sentía “poeta gallego… poeta de alta hierba, de la lluvia alta y pausada”, algunhas delas, moi descoñecidas, mais outras catro fotografías directamente relacionadas coa xestación dos Seis poemas galegos.

 

O editor e escritor Henrique Alvarellos, responsable da edición, tamén este ano, do libro El gran viaje de estudios de García Lorca (Alvarellos Editora), ocupouse neste facsimilar da selección e comentario de cada unha das fotografías.

 

Este coidado volume recibiu na IV Gala do Libro Galego o Premio ao Mellor Libro Editado en Galicia en 2018.