25-10-2019 Televisión de Galicia Galicia redescobre o seu vínculo con García Lorca
25-10-2019 Radio Galega 25 de outubro: Día de Lorca en Galicia
25-10-2019 Diario de Pontevedra–Ramón Rozas O Día de García Lorca en Galicia
25-10-2019 VivaLugo Día de García Lorca en Galicia
25-10-2019 Praza Pública. Regreso ao cuarto da García Lorca en Lugo…
24-10-2019 Cope Pontevedra Imágenes de un Lorca sonriente…
24-10-2019 Lugo Xornal De cando García Lorca camiñou pola Muralla de Lugo.
21-10-2019 Pontevedra Viva Las dos visitas de García Lorca a Pontevedra…
19-10-2019 La Voz de Galicia-Edición Lugo El Día de García Lorca traerá a Lugo una filmación del poeta…
07-08-2019 El Español “Cuando García Lorca dijo que era un ‘poeta gallego’ y paseó por A Coruña”
06-08-2019 Praza.com García Lorca volve a Galicia pola Feira do Libro da Coruña
06-08-2019 La Voz de Galicia-Edición A Coruña “García Lorca foi un coruñés máis”
06-08-19 La Opinión A Coruña, da man de Federico García Lorca
10-01-19 Faro de Vigo. Entrevista a Henrique Alvarellos: “Lorca decidiu ser escritor durante…”
27-12-2018 La Voz de Galicia El gran año de los ‘Seis poemas galegos’
Sonetos del amor oscuro [PREMIO NACIONAL 3º MELLOR FACSIMILAR DE ESPAÑA 2025]
13,90 €Federico García Lorca
24 pp . 12 x 15 cms.
ISBN 978-84-18567-79-7
3º PREMIO NACIONAL “LIBRO MEJOR EDITADO -FACSIMILAR- DE 2025”
Rescatamos, en riguroso facsimilar, a primeira edición dos Sonetos del amor oscuro de Federico García Lorca. Un volume publicado de modo clandestino en 1983. Aquela insólita e polémica edición pirata rexorde agora, nun exemplar totalmente fiel ao orixinal, reprodución exacta dunha verdadeira xoia bibliográfica. A presente edición foi elixida en novembro de 2026 como un dos 15 libros mellor editados de España, en concreto recibiu, por parte do Ministerio de Cultura, o 3º Premio ao Facsimilar Mellor Editado de España en 2025.
No outono de 1983 aparecía en España, de forma clandestina, a primeira edición dos coñecidos como Sonetos del amor oscuro de Federico García Lorca. Unha publicación non venal, de 250 exemplares numerados, que se distribuíu de maneira anónima a unha listaxe selecta de personalidades da cultura española de entón. Nela non figuraba o nome do autor, tampouco se identificaban as citas de apertura, nin había referencia algunha a imprenta, editoriais ou promotores.
A sorprendente circulación de aquel libro, cuxo obxectivo sería provocar a publicación «oficial» deste conxunto de poemas que Lorca escribira entre 1935 e 1936, causou un enorme impacto.
Dende Alvarellos Editora quixemos rescatar aquel libro pirata, e facelo nunha edición totalmente fiel á orixinal, porque pensamos que se trata dunha verdadeira xoia bibliográfica.
Esta edición foi composta na mesma tipografía Bodoni do orixinal e impresa en papel tipo vergado Conqueror Laid Oister de 120 gramos. Para a capa e a sobrecuberta eliximos unha cartolina Bristol ready Rojo Fuego: 180 gramos para a capa e 250 para a nova sobrecuberta. Igualmente, respectamos o mesmo sistema de montaxe/encadernado da primeira edición, atada cun cordel bicolor.

QUE SE DIXO NO SEU DÍA SOBRE A EDICIÓN CLANDESTINA DE 1983
«Fue un juego literario exquisito».
MARIO HERNÁNDEZ
«Una pequeña joya».
JOSÉ LUIS CANO
«A mí me llegó una copia, sin remitente, anónima. Yo no sabía nada de este asunto, ¡lo juro!».
IAN GIBSON
OPINIÓNS HISTÓRICAS E DE ESPECIALISTAS SOBRE OS SONETOS DEL AMOR OSCURO
«Solo tiene parangón, en lengua española, con san Juan de la Cruz o Quevedo».
MIGUEL GARCÍA-POSADA
«Toda la obra de Lorca está transida de amor homosexual. Es un prodigio de escritor, hablando solo de este tema habla a todos los hombres y mujeres del mundo».
LUIS ALBERTO DE CUENCA
«Me leía sus Sonetos del amor oscuro, prodigio de pasión, de entusiasmo, de felicidad, de tormento, puro y ardiente monumento al amor».
VICENTE ALEIXANDRE (1937)
«Me dijo de memoria seis o siete sonetos (…)
de una increíble belleza».
PABLO NERUDA (1968)

![Seis poemas galegos [Edición facsimilar e ilustrada]](https://alvarelloseditora.gal/wp-content/uploads/2019/12/Seis-poemas-galegos-facsimilar-CAPA-libro-alvarellos-scaled.jpg)