66 pp . 14 x 21 cms.
ISBN 978-84-18567-63-6
PAPEL FSC Amigo dos Bosques
Inclúe código QR con poemas recitados pola autora.
«A voz inmaculada dunha muller orfa que sabe que perdeu a súa condición de filla». Así define os novos versos de María Álvarez Landesa a tamén poeta Míriam Ferradáns, no limiar a esta obra, Os pozos elegantes das clavículas, na que a autora rende homenaxe á súa nai. O libro inclúe un código QR onde escoitar á autora recitando algúns dos seus poemas.
A AUTORA RECITA OS SEUS POEMAS:
O novo libro de poemas de María Álvarez Landesa leva por título Os pozos elegantes das clavículas (Alvarellos Editora, 2024). Ofrécenos nel, en palabras da autora do limiar, Míriam Ferradáns, «a voz inmaculada dunha muller orfa que sabe que perdeu a súa condición de filla».
»A través dunha retrospectiva tenra, madura e, en certo modo, irreverente, viaxamos canda ela a unha infancia en primeira persoa, a unha continua poética da apelación do nós.
»Indefensa, a poeta percorre distintos períodos vitais á intemperie. A súa voz coloniza un libro inzado dunha dozura suave pero firme como única ferramenta posible.
Convídovos a gozar desta paisaxe. Permitirnos a delicia da tristeza que nos ofreceOs pozos elegantes das clavículas é unha pausa necesaria».
POEMAS RECITADOS POLA AUTORA
O libro inclúe un código QR onde poder escoitar á autora recitando algúns destes poemas, sobre as bases musicais de Paco Dicenta.
"María Álvarez Landesa (Vigo, 1970). Era moi noviña cando aprendeu que, na area mollada da praia, podía xogar coas letras e escribir todas as historias que xa inventara o vento. Entre Vigo, Santiago de Compostela e Dijon estudou Filoloxía Hispánica polo pracer de vivir nas palabras. Tamén nos libros. Dá aulas para aprender un pouco máis cada día e forma parte do colectivo de escrita feminista As Comadres das Letras, con quen en 2023 publicou a obra coral Contármonos (Alvarellos Editora). De 2022 é o seu libro Como dúas crebas, que viu a luz da man das súas compañeiras. «Son ginkgo biloba no outono, faísca no inverno, candea na primavera e limoada no verán. Pés na terra e rizos onde aniñar, gústame sentir que a vida é pura sinestesia para deixar que o verso limpo se encargue da evocación». (Fotografía da autora: Eva Teixeiro)."
Non se atoparon produtos que concorden coa selección.
O novo libro de relatos de Antón Grande.
Ilustrado por Quique Bordell.
Medidas: 14 x 21 cms
Pp.: 135
Idioma: galego
ISBN: 978-84-89323-16-2
Encadernación: tapa branda plastificada, con lapelas.
Trinta historias cotiás que de súpeto encaixan ó abraio do inesperado. Dende as tabernas de Lugo até os ceos imposibles de Nova York. Antón Grande transita por paisaxes e xentes do seu contorno vital e crea un universo breve, fragmentado e relativo, ou sexa, narra o que podería ser o noso propio existir. Pé da prosa emerxen, poderosas, as ilustracións sempre a contrafío de Quique Bordell. “Antón Grande é un autor para ler contra a noitiña –afirma Xosé de Cora no seu limiar–; díría máis, é un autor para ler nun establecemento público, ao carón dun vaso de viño, agardando a chegada do amigo, da amada ou dese ninguén que xamais chega”.
“Elexías do calado, do que nace coa perda”. Así son estas nenias chairegas de Xosé Otero Canto. Palabras arredor da morte dos vellos da casa e do abandono do mundo rural. Un manancial expresivo nunha visión radical dun tempo que se foi.
Con Limiar de Xosé Manuel Carballo Ferreiro e Epígono de Alfonso Blanco Torrado.
Esta obra obtivo o II premio no XXXVIII Certame Literario do Concello de Vilalba (2012).
II premio no XXXVII Certame Literario do Concello de Vilalba.
Formato: 70 pp. 14×21 cms
ISBN: 978-84-89323-46-9
Un diario poético que se desprega de abril a xullo. Nel, o verso quere ser bálsamo contra a desesperanza, e loita na defensa da identidade e da lingua. “Versos espidos / poesía das emocións transparentes”, escribe o autor. Con Limiar de María Xosé Lamas.
Esta obra obtivo o II premio no XXXVII Certame Literario do Concello de Vilalba (2011).
1º Premio Certame Literario-Concello de Vilalba, 2012
Formato: 50 pp. 14×21 cms
ISBN: 978-84-89323-47-6
Corenta sonetos de amor. Xoán Piñeiro recréase na música dos hendecasílabos para transmitirnos a ledicia da entrega amorosa: unha doce atadeira, unha cadea lene, a quenda da catividade.
“Preso por ti, / deitando un mesmo zume”, exclama.
Esta obra obtivo o I premio no XXXVIII Certame Literario do Concello de Vilalba (2012).
Unha experiencia íntima coa paisaxe de Galicia. Nunha viaxe moi persoal para 23 espazos.
Páxinas: 113
Medidas: 14×21 cm
Idioma: galego
ISBN: 978-84-89323-66-7
Encadernación: rústica
Data de publicación: maio 2011
Este libro recolle unha viaxe moi persoal a través de Galicia. En máis de 23 etapas, o autor expresa a súa experiencia íntima, directa e profunda coa paisaxe: os bosques do Eume, Finisterre, Montefur, Pambre, Cortegada, San Simón, o refacho de Ourense e o Pico Sacro son algunhas das estancias. Vizosos os bosques, o pobo dos emigrantes, a parte superior da néboa, a maxia Regueiro… Todos eles se internan na poesía en prosa de Xosé Manuel Lobato. Lugares místicos, ás veces caóticos, nos estados contiguos entre a realidade e a ficción. “Magia Natural telar tal vez se reúnen una utopía”, di o autor na introdución; talvez o paraíso ideal, ou unha realidade descoñecida para a maioría. O libro pretende voar sobre o patrimonio de Galicia, refractada, e tamén sobre a verdade -o idealismo- nun puñado de textos que abrollan espontaneamente a partir dunha perspectiva de fortes contrastes.
[1º Premio XLI Certame de Poesía Concello de Vilalba]
76 pp | 14 x 21 cms
ISBN 978-84-16460-10-6
«Unha alta sinfonía do amor onde todo é tocado polo milagre dunha luz que emana da palabra poética». De tal xeito define a profesora Teresa Seara, no Limiar de Adagio por outono, a paixón lírica que destilan estes novos versos de Modesto Fraga, escritor de longa e premiada traxectoria literaria que suma, aos moitos recoñecementos recibidos, este primeiro premio de 2015 no XLI Certame Literario do Concello de Vilalba.
Adagio por outono é unha homenaxe a aqueles poetas italianos que, no século XIII, foron quen de rachar coa tradición e situar á muller no centro da súa lírica e ao sentimento amoroso na cerna da súa revolución estética e da súa esperanza. Foron coñecidos como o Dolce Stil Novo.
Modesto Fraga escolle da tradición a arquitectura plena do soneto e dende ela transita ata o verso libre. Camiñamos, coa súa palabra, a través de Florencia, contemplamos a dozura dos lenzos de Rafael, abraiámonos ante o Pórtico da Gloria en Compostela, ou asistimos a un banquete poético onde se dan cita escollidas voces da literatura e da arte universais de todos os tempos.
Cada lector, cada lectora, atopará aquí poderosas razóns para vivir máis vidas e máis fondas a través da poesía e do amor.