• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

18,50 

Contármonos

Varias autoras

 

HISTORIAS DE VIDA DAS MULLERES A TRAVÉS DE 14 VOCES DO COLECTIVO “COMADRES DAS LETRAS”

 

262 pp . 21 alto x 14 ancho
ISBN 978-84-18567-43-8
Impreso en papel amigo dos bosques

 

A partir dun Obradoiro da Escrita impartido en 2021 e 2022 por Eli Ríos e impulsado polo Concello de Santiago e a AELG, nace o colectivo literario Comadres das Letras, que agora ve publicado, na colección Libros do Sarela de Alvarellos Editora, un volume con textos de catorce autoras.

 

Contármonos (Alvarellos Editora, 2023) reúne catorce voces nun volume que xorde a partir do Obradoiro da Escrita impulsado en 2021 e 2022 polo Concello de Santiago co apoio da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e impartido por Eli Ríos.

Son textos creados arredor de historias de vida das mulleres. Daqueles obradoiros naceu o colectivo Comadres das Letras e de feito moitas das autoras estréanse na literatura con esta publicación.

Eli Ríos sinala no Limiar: «Na literatura xa está todo escrito, o que importa é como o contas. A túa propia voz. Isto, que parece moi sinxelo, é dunha complexidade inmensa xa que, desde que somos crianzas, mállase na construción da identidade das mulleres coma en centeo verde e medramos entre os homes-que-nos-explican-cousas, o síndrome da impostora ou as cento e mil actitudes machistas que nos invisibilizan sistematicamente. (…) Tanto os textos colectivos coma os individuais xiran pola volta da memoria histórica das mulleres. O tema viña dado pola temática do Obradoiro da Escrita e éncheme de orgullo contarvos as innumerables horas de investigación e documentación que lle dedicaron a este proceso. Cada unha das súas creacións comporta unha rigorosidade histórica incrible».

 

AUTORAS

 

Carmen Villar Alonso
Ana Lorenzo Blanco
Lorena Gómez Calvo
Isabel Cribeiro Galego
Beatriz Guerra García
M. C. García
Chus Prol Gómez
María Álvarez Landesa
Óscar Monti
Flora Miranda Pena
Marga Castro Rey
Eva Teixeiro Suárez
Nela Valado
Marta Abal Vaquero.

 

Compartir