12,50 

ROSA TÁNTRICA

Un diálogo con Borges en novos e orixinais poemas

 

114 pp. | 14 x 21 cms.
ISBN 978-84-16460-08-3

 

Luz Pozo Garza regresa á poesía en galego cuns versos retadores. Levan por título Rosa tántrica e publícase no verán de 2016 na Colección Libros do Sarela de Alvarellos Editora. Asistimos a un microcosmos poético moi singular. Afastada de calquera moda ou tendencia, a escritora e filóloga  —nada en Ribadeo en 1922 e autora do seu primeiro libro de poemas hai case setenta anos (Ánfora, 1949)— establece aquí un diálogo con Jorge Luis Borges a partir do relato “La rosa de Paracelso”, onde o escritor arxentino narra a historia do mago alquimista e do seu incrédulo discípulo. Neste conto, Borges afonda na orixe da creación como algo transcendente. Sobre estes vimbios constrúe Luz, ceibe, a súa Rosa tántrica.

 

DEZ ANOS DE TRABALLO  EN 63 POEMAS

É o seu regreso, despois de Deter o día cunha flor (2009), á poesía en galego. Un conxunto de versos nos que a creadora levaba traballando preto dunha década. O libro consta de 63 poemas, estruturados en dúas partes ou “Libros” e trece capítulos.

 

Luz Pozo mergúllanos nun peculiar universo poético no que, por veces, a puntuación xoga cos lectores e a lingua galega atrae como imán termos e xiros do sánscrito, latín, inglés, portugués e castelán.

 

SIMBOLOXÍA BUDISTA

Aquí, a simboloxía budista e o tantra agroman en cada intre: a enerxía positiva de Pundarika, o vieiro cara ao alén da Tábula Esmeralda, o ciclo de vida-morte-reencarnación do Samsara, a pureza da Flor de Loto… Mais tamén os enigmáticos tigres de Borges ou a aparición de filósofos como Carl Jung “aquel sabio que entendía a alma”.

 

A IDEA DE ETERNIDADE A TRAVÉS DA CREACIÓN

Pídenos Luz, dende o seu outeiro vital, que, coma ela, nos enfrontemos á idea de eternidade a través da palabra e da creación. Así de rica e complexa é esta misteriosa e transcendente Rosa tántrica.

 

Esta edición, ao coidado de Olivia Rodríguez e Henrique Alvarellos, conta coa colaboración dos escritores Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer, que asinan senllos poemas ao final da obra. Así mesmo, Luz Pozo é a responsable da ilustración da capa e dos debuxos interiores.

5c5b8dd2bd6c
Compartir

Autoría

Luz Pozo Garza (Ribadeo, 1922), catedrática, poeta, ensaísta e crítica, pertence á Real Academia Galega desde 1996. A súa obra poética principia con Ánfora (1949), El Vagabundo, Cita en el viento... En galego: O paxaro na boca, Verbas derradeiras, Concerto de outono, Códice Calixtino, Prometo a flor de loto, Medea en Corinto, As arpas de Iwerddon, Memoria solar, As vodas palatinas, Deter o día cunha flor (2009)... Dirixiu a revista literaria Nordés. Na actualidade (2011), leva Clave Orión, en galego, con colaboracións en alemán, ruso, grego e outras linguas. Como ensaísta e crítica, publicou A bordo de “Barco sin luces” —agora renovado—, Álvaro Cunqueiro e “Herba aquí e acolá “, Galicia ferida/A visión de Luís Seoane, Ondas do mar de Vigo e Diálogos con Rosalía. A súa traxectoria poética levouna, a través de diversas correntes e técnicas, a acadar unha voz moi persoal, hoxe amplamente recoñecida.

13-07-2016 La Voz de Galicia – Edición Barbanza Poetas, por Maxi Olariaga

08-07-2016 Laduda.net Luz Pozo Garza e o peiteado do ex presidente por Anxo Carracedo

07-07-2016 Agencia EFE Pozo Garza indaga en el “misterio de la vida” en “Rosa tántrica”

07-07-2016 La Región de Ourense Luz Pozo dialoga con Borges

07-07-2016 La Opinión de A Coruña Luz Pozo Garza presenta su nuevo poemario titulado ‘Rosa tántrica’

07-07-2016 El Correo Gallego Luz Pozo retorna ós seus 94 anos a uns “versos retadores”

07-07-2016 La Voz de Galicia Luz Pozo Garza mergúllase no labirinto borgiano…

06-07-2016 La Opinión de A Coruña Entrevista a Luz Pozo Garza

01-07-2016 Galicia Confidencial Luz Pozo dialoga con Borges e xoga coa simboloxía budista

09-03-2015 Mundiario.com La poeta Luz Pozo prepara un nuevo libro, por Quique Alvarellos