• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

Libros do Sarela [Creación]

QUENDA DA CATIVIDADE

8,00 

1º Premio Certame Literario-Concello de Vilalba, 2012

 

Formato: 50 pp. 14×21 cms
ISBN: 978-84-89323-47-6

 

Corenta sonetos de amor. Xoán Piñeiro recréase na música dos hendecasílabos para transmitirnos a ledicia da entrega amorosa: unha doce atadeira, unha cadea lene, a quenda da catividade.

 

“Preso por ti, / deitando un mesmo zume”, exclama.

 

Esta obra obtivo o I premio no XXXVIII Certame Literario do Concello de Vilalba (2012).

RETORNO A NATURA

13,90 

Páxinas: 140
Medidas: 14×21
Idioma: galego
Data de publicación: abril 2009
ISBN: 978-84-89323-30-8
Encadernación: rústica plastificada con lapelas
Ilustracións: Alfonso Martínez

 

Unha chamada última -que non derradeira- a salvar a paisaxe galega. Unha crítica fonda ás desfeitas. Un berro contra a destrución do noso contorno. E un clamor, tamén, con raiolas de esperanza, para soñar nun futuro de apego coa terra. 36 crónicas de prosa poética e denuncia, acompañadas -e acougadas, a un tempo- polo trazo lene e onírico do ilustrador Alfonso Martínez.

 

Selección de ilustracións de Alfonso Martínez para este libro.

Retorno sen volta

13,00 
Nota de Prensa de “Retorno sen volta” 
47º Premio de Poesía do Concello de Vilalba
Xosé Lastra Muruais

70 pp. 14 x 21 cms.
ISBN: 978-84-18567-19-3

 

O paso fuxidío do tempo e o imposible retorno son algúns dos temas sobre os que reflexiona o autor neste libro de poemas, unha obra que recibiu en 2021 o Premio do Certame Literario do Concello de Vilalba. Está ilustrada por Leandro Lamas e conta cun Limiar da poeta Rosalía Fernández Rial.

RÍO ALZHEIMER

9,00 

1º Premio Certame Literario-Concello de Vilalba, 2011

 

Formato: 76 pp. 14×21 cms
ISBN: 978-84-89323-44-5

 

Un conmovedor relato en verso arredor da derradeira etapa vital da nai do autor, enferma de Alzheimer. “Unha viaxe profunda e estremecedora”, en palabras no prólogo da poeta Eva Veiga. Ela afirma: “Cando a fala se retira, aparece a escrita”. E o poeta escribe: “Xa non sentes que abril / trouxo tépedas choivas”.

 

Esta obra obtivo o I premio no XXXVII Certame Literario do Concello de Vilalba (2011).

Rosa tántrica

12,50 

Luz Pozo Garza

 

114 pp. | 14 x 21 cms.
ISBN 978-84-16460-08-3

 

 

Luz Pozo Garza regresa á poesía en galego cuns versos retadores. Levan por título Rosa tántrica e publícase no verán de 2016 na Colección Libros do Sarela de Alvarellos Editora. Asistimos a un microcosmos poético moi singular. Afastada de calquera moda ou tendencia, a escritora e filóloga  —nada en Ribadeo en 1922 e autora do seu primeiro libro de poemas hai case setenta anos (Ánfora, 1949)— establece aquí un diálogo con Jorge Luis Borges a partir do relato “La rosa de Paracelso”, onde o escritor arxentino narra a historia do mago alquimista e do seu incrédulo discípulo. Neste conto, Borges afonda na orixe da creación como algo transcendente. Sobre estes vimbios constrúe Luz, ceibe, a súa Rosa tántrica.

 

DEZ ANOS DE TRABALLO  EN 63 POEMAS

É o seu regreso, despois de Deter o día cunha flor (2009), á poesía en galego. Un conxunto de versos nos que a creadora levaba traballando preto dunha década. O libro consta de 63 poemas, estruturados en dúas partes ou “Libros” e trece capítulos.

 

Luz Pozo mergúllanos nun peculiar universo poético no que, por veces, a puntuación xoga cos lectores e a lingua galega atrae como imán termos e xiros do sánscrito, latín, inglés, portugués e castelán.

 

SIMBOLOXÍA BUDISTA

Aquí, a simboloxía budista e o tantra agroman en cada intre: a enerxía positiva de Pundarika, o vieiro cara ao alén da Tábula Esmeralda, o ciclo de vida-morte-reencarnación do Samsara, a pureza da Flor de Loto… Mais tamén os enigmáticos tigres de Borges ou a aparición de filósofos como Carl Jung “aquel sabio que entendía a alma”.

 

A IDEA DE ETERNIDADE A TRAVÉS DA CREACIÓN

Pídenos Luz, dende o seu outeiro vital, que, coma ela, nos enfrontemos á idea de eternidade a través da palabra e da creación. Así de rica e complexa é esta misteriosa e transcendente Rosa tántrica.

 

Esta edición, ao coidado de Olivia Rodríguez e Henrique Alvarellos, conta coa colaboración dos escritores Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer, que asinan senllos poemas ao final da obra. Así mesmo, Luz Pozo é a responsable da ilustración da capa e dos debuxos interiores.

Sobre ruínas

11,00 

Xesús Rábade Paredes

 

Poemas para o combate neste tempo de vencidos e derrotas.

 

PREMIO AO MELLOR LIBRO DE POESÍA EN GALEGO DO ANO 2013

 

Formato: 108 pp. 14×21 cms
ISBN: 978-84-89323-50-6

 

Unha poesía de altura sobre ruínas e fronte a elas. Estes novos versos de Xesús Rábade Paredes (Seixas, Cospeito-Lugo, 1949) son un berro para espelir aos rendidos. Tamén un laio contra a desolación. Álzase neles a voz contra os malditos, os ruíns e os mercadeiros. O universo literario, en fin, dun dos nosos mellores creadores.

 

No poema titulado “Devastación”, dise: “Quizais é que exhibimos en exceso / a infinita paciencia. / Que na mesma mirada delatamos, / como os peixes e as vacas, / a tristeza xenética”.

 

“Atoparás aquí, lector, cousas que che fagan pensar e cousas que te conmovan (…). O único valor da arte, dixo alguén, é lembrarnos que a vida é o que importa.” (María do Cebreiro, no Limiar).

SONETOS PREPOSICIONAIS

9,00 

O amor, o desamor, a paisaxe, o paso do tempo…

 

44 pp. | 14 x 21 cms
ISBN 978-84-16460-23-6

 

A poesía que todo o nomea: o amor, o desamor, a paisaxe, o tempo… Eixes sobre os que transcorre, fuxe, o noso vivir. Sentimentos recreados en trinta e cinco composicións poéticas, construídas baixo a aparente sinxeleza, musical e perfecta, do soneto. “Soneto do desacougo”, “Soneto dende un Boeing 747”, “Soneto da eterna amizade”, “Soneto da seca”…

 

María Xosé Lamas mergúllase na utopía e poetiza a vida, o día a día e, tamén, os seus desvelos. Esta obra recibiu o Segundo Premio do Certame Literario do Concello de Vilalba na súa edición nº 42.

Telúrica

9,00 

Un berro que sae do profundo

 

58 pp. | 14 x 21 cms.
ISBN 978-84-16460-22-9

 

Telúrica é un berro que sae do profundo, unha forza que se revira contra nós e que participa da terra. Herdeiro da mellor tradición poética dunha comarca tan literaria como a luguesa da Terra Chá, Xosé Otero Canto penetra como “o lume nas entrañas” na terra convertida en “corpo sacratísimo dos nosos”, mais tamén “sementada de luz” e “bébeda de auga”, unha terra moura que agroma en verde, tatuada e esculpida en vento.

 

Nestes poemas, a riqueza léxica actúa cun brío fortificado ante o bastión inexpugnable do Telúrico.

 

Xosé Otero Canto logrou coa solidez enérxica da palabra o Primeiro Premio do Certame Literario do Concello de Vilalba na súa edición nº 42 (2016).

 

O presente volume enriquécese coas ilustracións de José María Lugilde.

Y tú, por qué quieres hablar de eso

16,50 

Paz Leirós

 

144 pp. Formato: 14 x 21 cms.
ISBN 978-84-18567-22-3

 

Quen apoiaron o golpe de estado de 1936 en Santiago de Compostela? Por que o fixeron? Un testemuño literario cunha enorme carga de verdade, honestidade, dor e contradicións, que plasma un tempo difícil e incómodo de maneira extremadamente orixinal, un tempo que expresa ademais a dificultade das mulleres para tomar decisións sobre a súa propia vida.
Unha colaxe de voces, situacións, viñetas e fragmentos emerxen ao redor dunha familia, os Cifuentes; e dunha cidade, Compostela. Historias narradas a través dunha estrutura coral, dun fluír entrecortado de alocucións e silencios… É a Historia oficial e sobre todo a oculta. A memoria e os feitos. A palabra contra o esquecemento.
«Moi claro e emotivo».
Julián Casanova, historiador.
1 2
Alvarellos Editora
Resumen de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e para mostrarche publicidade personalizada en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).