Autor

Xoán X. Piñeiro

"

Xoán Xosé Piñeiro Cochón nace e vive en San Martiño de Salcedo, Pontevedra. É sociólogo e xornalista. Traballa no sector audiovisual como produtor de documentais. Leva publicados varios libros de relatos como Coa lei de costas (1998) ou Lista de espera (2003). No eido da poesía (inédita ou dispersa na súa maioría), adoita optar por formas métricas frecuentemente rimadas.

"

Libros do Autor

QUENDA DA CATIVIDADE

8,00 

1º Premio Certame Literario-Concello de Vilalba, 2012

 

Formato: 50 pp. 14×21 cms
ISBN: 978-84-89323-47-6

 

Corenta sonetos de amor. Xoán Piñeiro recréase na música dos hendecasílabos para transmitirnos a ledicia da entrega amorosa: unha doce atadeira, unha cadea lene, a quenda da catividade.

 

“Preso por ti, / deitando un mesmo zume”, exclama.

 

Esta obra obtivo o I premio no XXXVIII Certame Literario do Concello de Vilalba (2012).