• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

9,00 

RÍO ALZHEIMER

1º Premio Certame Literario-Concello de Vilalba, 2011

 

Formato: 76 pp. 14×21 cms
ISBN: 978-84-89323-44-5

 

Un conmovedor relato en verso arredor da derradeira etapa vital da nai do autor, enferma de Alzheimer. “Unha viaxe profunda e estremecedora”, en palabras no prólogo da poeta Eva Veiga. Ela afirma: “Cando a fala se retira, aparece a escrita”. E o poeta escribe: “Xa non sentes que abril / trouxo tépedas choivas”.

 

Esta obra obtivo o I premio no XXXVII Certame Literario do Concello de Vilalba (2011).

3e40a2af2fd2
Compartir

Autoría

Carlos Pereira Martínez (Montevideo, 1959). Reside na Coruña. Licenciado en Xeografía e Historia. Publicou máis dunha docena de libros, entre os que se poden destacar Os Templarios. Artigos e ensaios, Asociacionismo e movemento obreiro en Oleiros (1900-1936), Germinal. Centro de Estudios Sociais (Cultura obreira na Coruña, 1902-1936) (con Ana Romero Masiá), O orballo da igualdade. Asociacionismo femenino progresista na Coruña (con Ana Romero Masiá), A Galicia heterodoxa, Xaime Quintanilla Martínez. Vida e obra dun socialista e galeguista ao servizo da República (con Ana Romero Masiá, Premio Luis Tilve de Investigación e Divulgación Histórica no ano 2011) e Xaime Quintanilla Martínez, xornalista en Ferrol (con Ana Romero Masiá). Formou parte do colectivo poético coruñés "Os Habitantes do Lago” e foi tamén un dos fundadores do Grupo de Teatro "Maiolongo" de Culleredo (1976).