Poética musical
17,50 €Ígor Stravinski
Introdución, tradución e notas de Javier Ares Yebra
Páxinas: 168
Formato: 13 x 23 cms.
ISBN 978-84-18567-14-8
Páxinas: 168
Formato: 13 x 23 cms.
ISBN 978-84-18567-14-8
Claves da comunicación política
ISBN: 978-84-89323-22-3
Páxinas: 198
Medidas: 13 x 23 cms
Idioma: galego
Encadernación: tapa branda con lapelas, plastificada
Primeira edición: febreiro 2008
Xosé Rúas utiliza neste libro a súa dilatada traxectoria como xornalista, columnista, profesor, investigador universitario e asesor de comunicación política, para achegarnos, nun ton didáctico e ameno, enriquecido por constantes anécdotas e notas de humor, as claves teóricas e técnicas da propaganda e do márketing electoral. Escrito por un experto teórico e profesional galego de referencia, Quero ser presidente. Claves da comunicación electoral ha marcar un antes e un despois nas estratexias electorais empregadas no noso país. Resultará imprescindible e mesmo revelador para calquera especialista ou curioso por coñecer un pouco máis o apaixonante mundo que se agocha detrás de cada campaña electoral.
A OPINIÓN DOS EXPERTOS
“O libro de Xosé Rúas está cheo de intelixencia práctica e ha ser unha lectura obrigada para calquera que guste do máxico mundo electoral, onde flúen os intereses e os soños, a democracia e o desexo. Unha boa entrega á bibliografía galega sobre comunicación política e unha proposta de debate sobre os procesos electorais e todo o que vai con eles”. Fermín Bouza. Catedrático de Opinión Pública da Universidad Complutense de Madrid (UCM).
“Descubre unha dimensión descoñecida da política e das campañas electorais que todo votante debería coñecer”. Pere Oriol Costa. Catedrático de Comunicación Política da Universitat Autònoma de Barcelona (UAB).
“Directas, divertidas, útiles, reais e prácticas, creo que estas Claves de Xosé Rúas constitúen agora o máis actualizado consello para candidatos que queren gañar”. Luis Arroyo. Experto en comunicación política e asesor do Goberno de España.
Un músico compostelano en los albores del galleguismo
Páxinas: 162
Medidas: 13×23
Idioma: castelán
Data de publicación 1ª edición: maio 2010
ISBN: 978-84-89323-40-7
Encadernación rústica
Santiago Tafall Abad (1858-1930) foi unha figura clave no panorama cultural da Galicia de fins do século XIX e primeiro terzo do XX. Destacado músico e musicólogo, mestre de capela e cóengo da catedral de Santiago. Este volume, Santiago Tafall. Un músico compostelano en los albores del galleguismo, constitúe unha importante –e pioneira– aproximación á súa vida e obra. A autora, Beatriz Cancela, estuda a súa tripla faceta como docente, compositor e teórico, para centrarse logo na vinculación do músico co movemento “rexeneracionista”.
Tafall apostaba polo purismo musical e o estudo do folclore tradicional galego, catalogando os alalás como os cánticos máis puros, conectados co propio canto gregoriano. Consideraba o pasado medieval como a culminación da cultura galega. Profundou nas teorías vixentes da época, dentro do galeguismo tradicionalista no que estaba inmerso Compostela, e chegou a teorizar ao redor dos vínculos entre o folclore galego e o bretón, defendendo a orixe celta para a gaita e a medieval para a zanfona. Esta obra recibiu en 2009 o I Premio de Ensaio Histórico “Domingo Fontán” da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago e a Universidade de Santiago de Compostela.
ISBN: 978-84-89323-51-3
Pp. 412 pp. Formato: 15,5 x 23 cms.
Ilustrado
O paso dos anos acumulou “segredos” —ou interpretacións discutibles— ao redor da arte e a monumentalidade da gran basílica compostelá. José Manuel García Iglesias, profundo coñecedor dun templo ao que dedicou moitos anos de estudo, dá a coñecer en Secretos de catedral o resultado das súas últimas investigacións.
A través dun enfoque orixinal e unha narración fluída que se apoia en máis de sesenta fotografías de Xulio Gil, este historiador da arte pretende desentrañar algo do “oculto, o ignorado, o silenciado, o calado…” ao redor do maior monumento xacobeo.
Páxinas: 484.
Formato 15,5 x 23,5 cms.
ISBN 978-84-18567-12-4
Rústica cosido.
Papel FSC Amigo dos Bosques
Emilio Navaza
234 pp . 15 x 23,5 cms.
Papel FSC-Amigo dos Bosques.
ISBN 978-84-18567-70-4
Idioma: castelán
NP_G_Vigo_Capital-Atlética_Alvarellos_Ed_marzo_2025
O novo traballo do veterano xornalista deportivo (e ex-atleta) Emilio Navaza. Ao longo de 16 capítulos e máis de oitenta fotografías históricas, rende homenaxe á cidade que o foi todo para o atletismo galego, e da que saíron nada menos que nove deportistas olímpicos.
Vigo é unha cidade única en Galicia pola súa contribución ao atletismo. Este novo libro de Emilio Navaza, Vigo, capital atlética (Alvarellos Editora, 2025), así o demostra nun volume centrado na singular historia deste deporte na cidade.
Ningún outro lugar fixo tanto por este deporte olímpico. As primeiras competicións organizáronse en 1913, e na década de 1920 creouse a Federación Galega de Atletismo. Pouco despois, a cidade organiza en Coia (1921) o V Campionato de España de Pista.
Ademais, a nómina de olímpicos vigueses é impresionante: de Carlos Pérez (Roma, 1960; México, 1968 e Múnich, 1972), seguido de Rogelio Rivas (Tokio, 1964), Javier Álvarez Salgado (México, 1968 e Múnic, 1972), Ramón Magariños (México, 1968), Alejandro Gómez (Seúl, 1988; Barcelona, 1992 y Atlanta, 1996), José Carlos Adán (Barcelona, 1992), Estela Estévez (Barcelona, 1992), Santiago Pérez (Atenas, 2004 e Pequín, 2008) e Ester Navarrete (París, 2024).
Despois da publicación de Más allá de la meta (Alvarellos Editora, 2022), Emilio Navaza volve deleitarnos coas súas historias atléticas dende Galicia, esta vez con Vigo como núcleo e inspiración. Navaza escribe co talento narrativo dos mellores xornalistas: entra en detalle, con rigor, ata a cita exacta, e tampouco se perde a anécdota engaiolante. A súa narrativa vese aínda máis enriquecida con máis de oitenta fotografías, moitas delas xa centenarias, e todas históricas.
Esta edición contou co apoio da Concellería de Deportes do Concello de Vigo e da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.