Santiago Tafall
17,00 €Un músico compostelano en los albores del galleguismo
Páxinas: 162
Medidas: 13×23
Idioma: castelán
Data de publicación 1ª edición: maio 2010
ISBN: 978-84-89323-40-7
Encadernación rústica
Santiago Tafall Abad (1858-1930) foi unha figura clave no panorama cultural da Galicia de fins do século XIX e primeiro terzo do XX. Destacado músico e musicólogo, mestre de capela e cóengo da catedral de Santiago. Este volume, Santiago Tafall. Un músico compostelano en los albores del galleguismo, constitúe unha importante –e pioneira– aproximación á súa vida e obra. A autora, Beatriz Cancela, estuda a súa tripla faceta como docente, compositor e teórico, para centrarse logo na vinculación do músico co movemento “rexeneracionista”.
Tafall apostaba polo purismo musical e o estudo do folclore tradicional galego, catalogando os alalás como os cánticos máis puros, conectados co propio canto gregoriano. Consideraba o pasado medieval como a culminación da cultura galega. Profundou nas teorías vixentes da época, dentro do galeguismo tradicionalista no que estaba inmerso Compostela, e chegou a teorizar ao redor dos vínculos entre o folclore galego e o bretón, defendendo a orixe celta para a gaita e a medieval para a zanfona. Esta obra recibiu en 2009 o I Premio de Ensaio Histórico “Domingo Fontán” da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago e a Universidade de Santiago de Compostela.