• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

17,50 

Poética musical

Ígor Stravinski

Introdución, tradución e notas de Javier Ares Yebra

Páxinas: 168
Formato: 13 x 23 cms.
ISBN 978-84-18567-14-8

As célebres conferencias de Ígor Stravinski e a súa conexión coa cultura galega
Traducidas agora por vez primeira ao galego, as conferencias que Ígor Stravinski pronunciou en Harvard no curso 1939-40 son unha delicia para calquera amante da música e das artes, e un goce de lectura. A presente edición, ao coidado do músico e investigador Javier Ares Yebra (Betanzos, 1983), inclúe un revelador estudo onde Ares Yebra explora a relación do compositor ruso coa cultura galega.
Compartir

Autoría

Presentamos, traducidas por vez primeira ao galego e directamente desde os textos orixinais, a Poética musical en forma de seis leccións de Ígor Stravinski, as célebres conferencias pronunciadas polo xenial músico e compositor na Universidade de Harvard no curso 1939-40.
Cando se cumpren 50 anos do seu pasamento (Oranienbaum, 1882 – Nova York, 1971), un dos músicos máis relevantes do século XX é estudado a fondo e traducido polo tamén músico, investigador e doutor en Comunicación Javier Ares Yebra (Betanzos, 1983). O resultado é esta vibrante e inspiradísima Poética musical.
Estas conferencias foran publicadas inicialmente en 1942 en lingua francesa, e deron lugar a varias edicións posteriores, empregadas por Javier Ares Yebra para a presente versión galega, na que tamén acudiu, entre outros, aos manuscritos do propio Stravinski, redactados en francés con pasaxes en ruso, o que engade un valor especial á presente tradución.
Este volume inclúe así mesmo un revelador estudo introdutorio que explora a relación do compositor ruso coa cultura galega. En concreto, a súa amizade co lucense Xesús Bal y Gay e a súa influencia no betanceiro Carlos López García-Picos.
No pensamento estético de Stravinski destaca a noción da arte como o contrario do caos. A Poética musical é un texto enormemente sedutor, unha delicia para calquera amante da música e das artes, e un goce de lectura.