• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

23,90 

Un diálogo entre supervivientes: Eugenio Granell y Vicente Llorens

Inmaculada Real López

Páxinas: 484.

Formato 15,5 x 23,5 cms.

ISBN 978-84-18567-12-4

Rústica cosido.

Papel FSC Amigo dos Bosques

Máis de cen cartas inéditas entre o pintor surrealista galego Eugenio Granell e o historiador valenciano Vicente Llorens. Catro décadas de amizade e exilio precedidas dun documentado estudo introdutorio que inclúe fotografías e documentos moi descoñecidos.

 

 

Compartir

Autoría

INMACULADA REAL LÓPEZ (Toledo, 1984) é investigadora posdoutoral na Universidade de Zaragoza e membro do Instituto Universitario de Investigación en Patrimonio e Humanidades. Foi profesora e investigadora na Université de Rouen-Normandie e comisaria de exposicións en España e Francia. Tamén colaborou en institucións como o Musée National Picasso-Paris. Autora de varios libros, a súa principal liña de investigación é "El retorno artístico del patrimonio del exilio", tema da súa tese doutoral publicada en 2016. Publicou, ademais, entre outros, El Museo Gallego de Arte Contemporáneo Carlos Maside (2018).

A Eugenio F. Granell (A Coruña, 1912 – Madrid, 2001) gustáballe charlar por escrito, en cartas extensas e mecanografadas que lle axudaban a evadirse do desterro e a combater a soidade. Este libro Un diálogo entre supervivientes: Eugenio Granell y Vicente Llorens, xorde tras a localización por parte de Inmaculada Real, doutora en Historia da Arte e investigadora da Universidade de Zaragoza, de máis de cen cartas inéditas intercambiadas entre Eugenio Granell e o historiador Vicente Llorens (Valencia, 1906 – Cofrentes, 1979), durante as súas máis de catro décadas de amizade, desde o seu encontro no exilio da República Dominicana nos anos 40.

Resulta sorprendente o feito de que ata o de agora pasase tan desapercibida a relación que houbo entre o escritor valenciano —recoñecido como o mellor historiador dos exilios culturais— e o pintor galego              —considerado como o último surrealista español—. Con todo, a correspondencia que aquí se recompila transcrita e documentada infórmanos do valor deste testemuño directo, con cartas que abren un interesantísimo espazo de reflexión sobre as súas respectivas diásporas.

A transcrición das cartas está precedida por un detido estudo introdutorio onde a autora analiza as pontes culturais entre os desterrados e a España franquista, a ardua vida do exiliado —especialmente os problemas económicos e a vida nómade de Granell—, as bibliotecas perdidas pola Guerra Civil e o empeño dos nosos protagonistas por volvelas a reconstruír e, finalmente, a crónica do retorno, con grandes dúbidas, temores e enormes interrogantes sobre que se atoparían en España.