Quero ser Presidente
5,90 €Claves da comunicación política
ISBN: 978-84-89323-22-3
Páxinas: 198
Medidas: 13 x 23 cms
Idioma: galego
Encadernación: tapa branda con lapelas, plastificada
Primeira edición: febreiro 2008
Xosé Rúas utiliza neste libro a súa dilatada traxectoria como xornalista, columnista, profesor, investigador universitario e asesor de comunicación política, para achegarnos, nun ton didáctico e ameno, enriquecido por constantes anécdotas e notas de humor, as claves teóricas e técnicas da propaganda e do márketing electoral. Escrito por un experto teórico e profesional galego de referencia, Quero ser presidente. Claves da comunicación electoral ha marcar un antes e un despois nas estratexias electorais empregadas no noso país. Resultará imprescindible e mesmo revelador para calquera especialista ou curioso por coñecer un pouco máis o apaixonante mundo que se agocha detrás de cada campaña electoral.
A OPINIÓN DOS EXPERTOS
“O libro de Xosé Rúas está cheo de intelixencia práctica e ha ser unha lectura obrigada para calquera que guste do máxico mundo electoral, onde flúen os intereses e os soños, a democracia e o desexo. Unha boa entrega á bibliografía galega sobre comunicación política e unha proposta de debate sobre os procesos electorais e todo o que vai con eles”. Fermín Bouza. Catedrático de Opinión Pública da Universidad Complutense de Madrid (UCM).
“Descubre unha dimensión descoñecida da política e das campañas electorais que todo votante debería coñecer”. Pere Oriol Costa. Catedrático de Comunicación Política da Universitat Autònoma de Barcelona (UAB).
“Directas, divertidas, útiles, reais e prácticas, creo que estas Claves de Xosé Rúas constitúen agora o máis actualizado consello para candidatos que queren gañar”. Luis Arroyo. Experto en comunicación política e asesor do Goberno de España.