NP_G_Vigo_Capital-Atlética_Alvarellos_Ed_marzo_2025
NP_C_Vigo_Capital-Atlética_Alvarellos_Ed_marzo_2025
19,50 €
Emilio Navaza
234 pp . 15 x 23,5 cms.
Papel FSC-Amigo dos Bosques.
ISBN 978-84-18567-70-4
Idioma: castelán
NP_G_Vigo_Capital-Atlética_Alvarellos_Ed_marzo_2025
O novo traballo do veterano xornalista deportivo (e ex-atleta) Emilio Navaza. Ao longo de 16 capítulos e máis de oitenta fotografías históricas, rende homenaxe á cidade que o foi todo para o atletismo galego, e da que saíron nada menos que nove deportistas olímpicos.
Vigo é unha cidade única en Galicia pola súa contribución ao atletismo. Este novo libro de Emilio Navaza, Vigo, capital atlética (Alvarellos Editora, 2025), así o demostra nun volume centrado na singular historia deste deporte na cidade.
Ningún outro lugar fixo tanto por este deporte olímpico. As primeiras competicións organizáronse en 1913, e na década de 1920 creouse a Federación Galega de Atletismo. Pouco despois, a cidade organiza en Coia (1921) o V Campionato de España de Pista.
Ademais, a nómina de olímpicos vigueses é impresionante: de Carlos Pérez (Roma, 1960; México, 1968 e Múnich, 1972), seguido de Rogelio Rivas (Tokio, 1964), Javier Álvarez Salgado (México, 1968 e Múnic, 1972), Ramón Magariños (México, 1968), Alejandro Gómez (Seúl, 1988; Barcelona, 1992 y Atlanta, 1996), José Carlos Adán (Barcelona, 1992), Estela Estévez (Barcelona, 1992), Santiago Pérez (Atenas, 2004 e Pequín, 2008) e Ester Navarrete (París, 2024).
Despois da publicación de Más allá de la meta (Alvarellos Editora, 2022), Emilio Navaza volve deleitarnos coas súas historias atléticas dende Galicia, esta vez con Vigo como núcleo e inspiración. Navaza escribe co talento narrativo dos mellores xornalistas: entra en detalle, con rigor, ata a cita exacta, e tampouco se perde a anécdota engaiolante. A súa narrativa vese aínda máis enriquecida con máis de oitenta fotografías, moitas delas xa centenarias, e todas históricas.
Esta edición contou co apoio da Concellería de Deportes do Concello de Vigo e da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
220 pp. 15,5 x 23,5 cms.
978-84-18567-16-2
Emilio Navaza, veterano xornalista deportivo (e exatleta) leva a cabo, en Más allá de la meta, unha inesquecible crónica ilustrada a través de cen anos de atletismo galego. A partir de 23 singulares historias, esta obra rescata algúns dos intres e dos protagonistas máis destacados, mulleres e homes dun deporte cuxos valores son a constancia, o esforzo e a superación.
La edición clandestina de 1938
Formato: 13×23 cms. 281 pp.
ISBN: 978-84-89323-21-6
Lingua: castelán
Medidas: 13,5 X 23
Edición príncipe: 1938
1ª edición en Alvarellos Editora: 2005
2ª edición en Alvarellos Editora: 2017
Material complementario: Limiar e edición anotada por Carlos Fernández Santander. Tres Apéndices: “Otros escenarios: Lalín, Lugo y Ourense”, por Henrique Alvarellos Iglesias; “Falangistas coruñeses del año 38”, por Carlos Fernández, e Índice completo de nomes.
80 ANIVERSARIO DA PRIMEIRA EDICIÓN DE 1938
Os atroces acontecementos que sacudiron as provincias de Pontevedra e A Coruña entre agosto e decembro de 1936. Narrados por quen os viviu e sufriu. Galicia bajo la bota de Franco apareceu por primeira vez en castelán e francés en 1938 en Buenos Aires e París.
Unha crúa reportaxe periodística de autores anónimos onde se describe, con feroz realismo, o día a día en Vigo, A Coruña, Pontevedra, Santiago, Nigrán, Tui… nas tráxicas xornadas que seguiron ao golpe de Estado do xeneral Franco.
ALVARELLOS EDITORA reedita unha obra tan dura nos seus contidos como fundamental para coñecer e reflexionar sobre a dimensión duns feitos que endexamais poden volver a repetirse.
A presente edición conta cun Limiar e notas ao texto a cargo do historiador Carlos Fernández Santander (A Coruña, 1944), autor dunha das biografías máis completas sobre Franco e de máis de trinta libros sobre a guerra civil española e as catro décadas de ditadura que a seguiron. Ademais deste estudo de Fernández Santander, a presente edición complétase con tres Apéndices onde se narran outros escenarios da represión franquista en Galicia non recollidos no libro (a comarca do Deza, Lugo ou Ourense), se aporta un listado de falanxistas coruñeses de 1938 e se ofrece un práctico índice cos centos de nomes de vítimas e verdugos que aparecen citados ao longo das case 300 páxinas desta reveladora edición. Fernández Santander cita, no seu prólogo, a Luís Seoane e Manuel Domínguez Benavides como probables autores de Galicia bajo la bota de Franco, “un libro –di– que tuvo en su momento una gran difusión, pues se publicó tanto en castellano como en francés, y por varias editoras”.
UNHA NARRACIÓN VIBRANTE, ÉPICA E DE DENUNCIA ANTE EUROPA
Carlos Fernández define este libro como un instant-book da época, cun estilo “vibrante, ágil, combatiente, en ocasiones épico, donde se cita sin ningún reparo nombres de víctimas y represores, con una narración clara y periodística y un propósito bien claro: denunciar al mundo lo que está ocurriendo en Galicia, donde sólo en cinco meses de 1936, de agosto a diciembre, varios miles de personas habían sido fusiladas, o asesinadas –que para el caso era lo mismo– sin más ‘delito’ que profesar unas ideas o ser autoridad, en mayor o menor grado, de un Gobierno que había ganado las últimas elecciones generales, en febrero de 1936, de forma democrática”.
Formato: 12 x 22 cms.
ISBN 978-84-16460-64-9
Cosido a fío. Impreso en cor.
Nova edición ampliada da obra que impulsou a apertura do Bosque do Banquete de Conxo, o espazo natural ao sur de Compostela que fascinou a Rosalía de Castro. Incorpora os tres brindes oficiais daquel insólito acto de fraternidade na Galicia e España de 1856 (os de Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal e Luis Rodríguez Seoane) e tamén os clandestinos. Inclúe oitenta fotografías, planos e ilustracións; trinta deles, novos. Coordinados polo responsable da edición e coautor, Henrique Alvarellos, escriben tamén Xurxo Martínez, Francisco Singul, Martín Souto e Julio Estrada.
Alvarellos Editora publica a segunda edición actualizada e ampliada d’Os últimos carballos do Banquete de Conxo, a obra que, editada por vez primeira en 2016, impulsou a apertura do histórico Bosque do Banquete de Conxo de 1856. Unha edición ao coidado de Henrique Alvarellos (Lugo, 1968), impulsor da apertura ao público deste espazo natural e histórico.
Incorpora máis de trinta novas fotografías e ilustracións, actuais e históricas; os textos completos dos tres brindes pronunciados naquel acto por Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal e Luis Rodríguez Seoane, mais tamén a noticia doutros brindes, ata agora descoñecidos, tan atrevidos para o seu tempo que nin sequera chegarían a ser publicados. Xunto a todo isto, moitos datos novos —históricos e literarios— sobre este lugar, un mapa actualizado do bosque e un total de oitenta ilustracións, planos e fotografías.
Viaxamos ao espazo natural que tanto fascinou a Rosalía de Castro; ao histórico mosteiro que visitou Federico García Lorca en 1916; ao souto que versificou, na bruma do século XIII, o trobador Joam Airas; e tamén ao lugar de devoción pola Virxe da Cuncha de milleiros de peregrinos dende os tempos medievais.
Todos estes feitos figuran concentrados nun espazo concreto ao sur de Compostela: a carballeira do Banquete de Conxo. Nela, un domingo 2 de marzo de 1856 viviríase un feito insólito: a celebración dun banquete democrático onde brindaron xuntos, pola liberdade e a fraternidade, estudantes e artesáns. De aquí xurdirá a xeración que logo vai promover o Rexurdimento pleno da cultura galega.
Neste bosque, nas marxes do río Sar, resiste unha fraga onde se erguen os últimos carballos centenarios do Banquete de Conxo, testemuñas vivas de acontecementos únicos na historia de Galicia.
UNHA VIAXE POLA LITERATURA UNIVERSAL
282 pp. 13 x 23 cms
ISBN 978-84-89323-97-1
Mª Pilar García Negro convoca un excelente elenco de docentes e escritoras/es nun libro coral. Nel leremos textos de autoras e autores contemporáneos de Rosalía de Castro, nun diálogo literario que arrinca –como primeira obra escolmada– de Follas novas (1880).
Este ensaio demostra, con valentía e orixinalidade, como os debates ideolóxicos e estéticos no mundo do XIX están presentes na nosa escritora, e como, dende Galiza, se pode emprender unha viaxe á literatura universal.
COLABORAN NESTA OBRA
Eduardo Álvarez escolle e comenta a Guy de Maupassant.
Anxo Angueira escolle e comenta a Arthur Rimbaud.
Celia Mª Armas García escolle e comenta a Marchesa Colombi.
Xosé Luís Axeitos escolle e comenta a Alphonse Daudet.
Teresa Barro escolle e comenta a Frances Harper.
Carlos Callón escolle e comenta a Júlia Lopes de Almeida.
Marica Campo escolle e comenta a Castelo Branco | Verdaguer.
Luís Cochón escolle e comenta a Christina Rossetti.
Carme Fdez. Pérez-Sanjulián escolle e comenta a Eça de Queirós.
Mª Pilar García Negro escolle e comenta a Clarín | Pardo Bazán.
Mª Jesús Lorenzo Modia escolle e comenta a George Eliot.
Kathleen N. March escolle e comenta a Harriet Beecher Stowe.
Carlos Negro escolle e comenta a Curros Enríquez.
Pilar Pallarés escolle e comenta a Emily Dickinson.
Andrés Pociña-Aurora López escollen e comentan a José Martí.
Francisco Rodríguez escolle e comenta a Oscar Wilde.
Elvira Sanz Gómez escolle e comenta a Henrik Ibsen.
Xoán Ignacio Taibo escolle e comenta a Liev Tolstoi.
Cen anos de esquecemento
Formato: 156 pp. 13×23 cms
ISBN: 978-84-89323-87-2
Discípulo de Murguía e Valle-Inclán, amigo de Castelao, implicado no Rexionalismo e no movemento agrarista, escritor, pintor, ilustrador e promotor cultural, o humanista pontevedrés Prudencio Canitrot faleceu moi novo en Madrid nun mes de xaneiro de 1913. Dende aquela, a súa vida e obra ficaron no máis absoluto esquecemento. Malia ter sido tamén promotor de eventos como a primeira Exposición de Arte Regional Gallego (Madrid, 1912), fundador da Biblioteca de Escritores Gallegos (1910) ou corrector da obra completa de Rosalía de Castro, unha lousa inexplicable caeu sobre a súa figura dende o intre mesmo do seu pasamento: aquel día ao seu enterro só acudiron catro persoas (un irmán e tres amigos, entre eles, o escritor Antonio Rey Soto).
Cen anos despois da súa desaparición, o crítico literario, investigador e xornalista Carlos Gegúndez López tenta reparar esta inxustiza. O presente volume é breve e intenso como o foi a vida de Canitrot: unha reveladora primeira parte rescata a súa figura en datos, fotografías e unha mostra da obra pictórica do protagonista; na segunda, Gegúndez escolle dez dos mellores relatos breves de Canitrot, o que nos brinda unha magnífica oportunidade de acceder por vez primeira, dende o seu pasamento, á obra literaria deste gran esquecido.
485 pp. 15x 23 cms.
ISBN 978-84-89323-93-3
Autoría: ROSA MARGARITA CACHEDA BARREIRO, MIRIAM ELENA CORTÉS LÓPEZ, MARIO COTELO FELÍPEZ, ENRIQUE FERNÁNDEZ CASTIÑEIRAS, LEOPOLDO FERNÁNDEZ GASALLA, CARLA FERNÁNDEZ MARTÍNEZ, BEGOÑA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, M. CARMEN FOLGAR DE LA CALLE, JOSÉ MANUEL GARCÍA IGLESIAS, ANTONIO GARRIDO MORENO, VIOLETA GONZÁLEZ FORTE, CARME LÓPEZ CALDERÓN, JOSÉ MANUEL LÓPEZ VÁZQUEZ, ANA I. MESÍA LÓPEZ, IVÁN REGA CASTRO, OFELIA REY CASTELAO, MARÍA RIVO VÁZQUEZ e DIEGO RODRÍGUEZ PAZ.
Unha nova visión da arte de Galicia e a súa relación con outras manifestacións artísticas e culturais. Esta é a proposta que recolle o presente volume titulado La huella impresa. Textos e imágenes para una historia del arte gallego. Unha publicación de Alvarellos Editora e a Universidade de Santiago dirixida polo historiador Juan Manuel Monterroso Montero e coordinada por Carla Fernández Martínez.
Dezaoito historiadores da arte —integrantes do grupo de investigación Iacobus da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago— dan a coñecer nestas páxinas o resultado das súas últimas investigacións. Un esforzo colectivo, ilustrado con 130 imaxes, que abre novos camiños na interpretación da arte galega. Os especialistas estudan o patrimonio desde a arquitectura, a estampa e a pintura contemporánea e poñen en diálogo todas estas expresións artísticas coa aparición e decisiva influencia da imprenta.
Outra historia do galeguismo, distinta á oficial.
Formato: 633 pp. 20 x 19 cms
ISBN: 978-84-89323-53-7
Este volume recupera a figura esquecida de Leandro Carré Alvarellos (A Coruña, 1888-1976) e o inxente labor cultural do galeguismo coruñés, dende o século XIX ata o período democrático.
A obra estuda a súa produción atendendo aos diferentes xéneros literarios, integrando de xeito cronolóxico a obra editada e a inédita. Ao tempo, considérase o contexto sociolóxico de cando foi creada e a recepción de crítica e público.
O autor fixo un seguimento da crítica na prensa ou noutras fontes que puidesen achegar datos, co fin de encadrar o estudo das obras nun marco de análise sociolóxica, interdisciplinar e coa teoría literaria máis acaída.
UNHA REVISIÓN DA CULTURA GALEGA DENDE O SÉCULO XIX
Do mesmo xeito, tratouse a extensa obra ensaística deste polígrafo con vocación de activista cultural. Detívose na investigación da literatura popular, da etnografía, do folclore, as tradicións, as lendas ou a mitoloxía galega. Amais da reivindicación cultural ou lingüística, outra actividade importante foi o labor institucional. Alén disto está o servizo de Carré Alvarellos á filoloxía galega, un eido ao que dedicou esforzos e contributos desde a primeira década do século XX até o derradeiro artigo que escribiu.
En Leandro Carré. Un século de cultura e compromiso, Xosé Manuel Maceira Fernández revisa a historia literaria e cultural desde o século XIX, á luz dos contributos do grupo coruñés, un colectivo que construíu un relato galeguista enfrontado coa proposta oficial.
