• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

Autor

Emilio Navaza

Emilio Navaza naceu en Pontevedra en 1948. Traballou como xornalista deportivo en El Correo Gallego e Radio Obradoiro. É autor dos libros Galegos na gloria olímpica (1992) e Vontade de ferro. Os galegos do Barcelona 92, ano olímpico (1996) e Más allá de la meta. Historias atléticas de Galicia (Alvarellos Editora, 2022). A Federación Galega de Atletismo outorgoulle a Insignia de Ouro en 2003, e a Real Academia Olímpica Española, xunto coas tres universidades galegas, concedeulle a Medalla Pierre de Coubertin en 2013.

Libros do Autor

Más allá de la meta

19,50 

Emilio Navaza

 

220 pp. 15,5 x 23,5 cms.
978-84-18567-16-2

Un século de atletismo galego a través de 23 crónicas e cen fotografías

Emilio Navaza, veterano xornalista deportivo (e exatleta) leva a cabo, en Más allá de la meta, unha inesquecible crónica ilustrada a través de cen anos de atletismo galego. A partir de 23 singulares historias, esta obra rescata algúns dos intres e dos protagonistas máis destacados, mulleres e homes dun deporte cuxos valores son a constancia, o esforzo e a superación.

 

 

Vigo, capital atlética

19,50 

Emilio Navaza

 

234 pp . 15 x 23,5 cms.
Papel FSC-Amigo dos Bosques.
ISBN 978-84-18567-70-4
Idioma: castelán

 

NP_G_Vigo_Capital-Atlética_Alvarellos_Ed_marzo_2025

 

O novo traballo do veterano xornalista deportivo (e ex-atleta) Emilio Navaza. Ao longo de 16 capítulos e máis de oitenta fotografías históricas, rende homenaxe á cidade que o foi todo para o atletismo galego, e da que saíron nada menos que nove deportistas olímpicos.

 

Vigo é unha cidade única en Galicia pola súa contribución ao atletismo. Este novo libro de Emilio Navaza, Vigo, capital atlética (Alvarellos Editora, 2025), así o demostra nun volume centrado na singular historia deste deporte na cidade.

 

Ningún outro lugar fixo tanto por este deporte olímpico. As primeiras competicións organizáronse en 1913, e na década de 1920 creouse a Federación Galega de Atletismo. Pouco despois, a cidade organiza en Coia (1921) o V Campionato de España de Pista.

 

Ademais, a nómina de olímpicos vigueses é impresionante: de Carlos Pérez (Roma, 1960; México, 1968 e Múnich, 1972), seguido de Rogelio Rivas (Tokio, 1964), Javier Álvarez Salgado (México, 1968 e Múnic, 1972), Ramón Magariños (México, 1968), Alejandro Gómez (Seúl, 1988; Barcelona, 1992 y Atlanta, 1996), José Carlos Adán (Barcelona, ​​1992), Estela Estévez (Barcelona, ​​1992), Santiago Pérez (Atenas, 2004 e Pequín, 2008) e Ester Navarrete (París, 2024).

 

Despois da publicación de Más allá de la meta (Alvarellos Editora, 2022), Emilio Navaza volve deleitarnos coas súas historias atléticas dende Galicia, esta vez con Vigo como núcleo e inspiración. Navaza escribe co talento narrativo dos mellores xornalistas: entra en detalle, con rigor, ata a cita exacta, e tampouco se perde a anécdota engaiolante. A súa narrativa vese aínda máis enriquecida con máis de oitenta fotografías, moitas delas xa centenarias, e todas históricas.

 

Esta edición contou co apoio da Concellería de Deportes do Concello de Vigo e da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

 

 

Alvarellos Editora
Resumen de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e para mostrarche publicidade personalizada en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).