• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

Federico García Lorca

Federico García Lorca en Santiago de Compostela [2ª edición, actualizada]

19,80 

Henrique Alvarellos

 

Pp.: 204. Formato 13 x 23 cms.
ISBN (2ª edición, actualizada) 978-84-18567-32-2
ISBN (1ª edición) 978-84-16460-87-8

 

“Libro imprescindible. Que ben explicado e que ben estruturado! Unha delicia”.
ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

 

“Un libro que percorre, minuciosamente e cun admirable pulso narrativo, os pasos do poeta granadino pola cidade”.
RAMÓN NICOLÁS

 

Pasear con García Lorca pola súa amada Compostela. Escoitalo recitar, cantar ou tocar o piano, observar como debuxa, como escribe, con quen fala, que lugares visita… Esta é a crónica do poeta andaluz que nos presenta Henrique Alvarellos, a dun escritor que se definiu como “poeta galego”. Federico García Lorca viviu nesta cidade momentos inesquecibles. Un volume ilustrado con máis de setenta documentos e fotografías, ademais de numerosas anécdotas e testemuños, moitos deles moi descoñecidos. Inclúe o trazado da primeira ruta lorquiana pola cidade de Santiago de Compostela.

 

Santiago de Compostela deixou fascinado a Federico García Lorca. Xa aos 18 anos, en 1916, cando descubrira a cidade durante unha viaxe de estudos por Galicia­­, escribiría «Esto me hipnotiza». Regresará a Compostela tres veces máis, todas en 1932, ben como conferenciante, sempre como famosísimo poeta e tamén como director de “La Barraca”. En Santiago é recibido, arroupado e agasallado coa admiración e a sincera amizade de toda unha xeración de estudantes e intelectuais que, naquel ano de ouro da República, inzan as rúas da medieval cidade coa súa nova ansia de cultura, galeguismo e liberdade.

 

Este libro, Federico García Lorca en Santiago de Compostela (Alvarellos Editora), escrito por Henrique Alvarellos, é a crónica detida e minuciosamente documentada desta relación do poeta coa cidade.

 

En Santiago, García Lorca dá a coñecer algúns dos versos inéditos de Poeta en Nueva York, debuxa, canta e toca o piano no Hotel Compostela, vivirá unha memorable noite teatral na Quintana e será retratado por Carlos Maside e Luís Seoane. Compostela é, finalmente, o fogar editorial dos Seis poemas galegos, esa impagable ofrenda literaria que o granadino tributará á nosa lingua e cultura.

 

UNHA RUTA CON 14 LUGARES IMPRESCINDIBLES

O presente libro camiña con Lorca polas rúas da cidade e relata polo miúdo estes días únicos (con quen está, que fala, que visita…). Tamén recolle as súas impresións cando regresa a Madrid ou na súa viaxe a Bos Aires, onde falará de nós con enorme entusiasmo. O volume aporta numerosos datos e tamén máis de setenta ilustracións e documentos, algúns deles moi descoñecidos, e conclúe co rescate de valentes testemuños que, despois do seu asasinato, teimaron en manter viva, durante a longa noite de pedra, a memoria deste Lorca en Compostela. Como colofón, nesta obra trázase a primeira Ruta lorquiana por Compostela, onde se identifican e documentan 14 lugares imprescindibles.

 

FINALISTA NOS PREMIOS FOLLAS NOVAS DO LIBRO GALEGO

Esta obra foi finalista en 2021 dos Premios Follas Novas do Libro Galego na categoría de Mellor Obra de Divulgación do Ano.

Sonetos del amor oscuro [Facsímil de la edición clandestina de 1983]

13,90 

Federico García Lorca

 

 

24 pp . 12 x 15 cms.
ISBN 978-84-18567-79-7

 

 

Rescatamos, en riguroso facsimilar, a primeira edición dos Sonetos del amor oscuro de Federico García Lorca. Un volume publicado de modo clandestino en 1983. Aquela insólita e polémica edición pirata rexorde agora, nun exemplar totalmente fiel ao orixinal, reprodución exacta dunha verdadeira xoia bibliográfica.

 

 

No outono de 1983 aparecía en España, de forma clandestina, a primeira edición dos coñecidos como Sonetos del amor oscuro de Federico García Lorca. Unha publicación non venal, de 250 exemplares numerados, que se distribuíu de maneira anónima a unha listaxe selecta de personalidades da cultura española de entón. Nela non figuraba o nome do autor, tampouco se identificaban as citas de apertura, nin había referencia algunha a imprenta, editoriais ou promotores.

 

A sorprendente circulación de aquel libro, cuxo obxectivo sería provocar a publicación «oficial» deste conxunto de poemas que Lorca escribira entre 1935 e 1936, causou un enorme impacto.

 

Dende Alvarellos Editora quixemos rescatar aquel libro pirata, e facelo nunha edición totalmente fiel á orixinal, porque pensamos que se trata dunha verdadeira xoia bibliográfica.

 

 

Esta edición foi composta na mesma tipografía Bodoni do orixinal e impresa en papel tipo vergado Conqueror Laid Oister de 120 gramos. Para a capa e a sobrecuberta eliximos unha cartolina Bristol ready Rojo Fuego: 180 gramos para a capa e 250 para a nova sobrecuberta. Igualmente, respectamos o mesmo sistema de montaxe/encadernado da primeira edición, atada cun cordel bicolor.

 

 

Sobre a edición clandestina de 1983

 

«Fue un juego literario exquisito».
MARIO HERNÁNDEZ

 

«Una pequeña joya».
JOSÉ LUIS CANO

 

«A mí me llegó una copia, sin remitente, anónima. Yo no sabía nada de este asunto, ¡lo juro!».
IAN GIBSON

 

Sobre os Sonetos del amor oscuro

 

«Solo tiene parangón, en lengua española, con san Juan de la Cruz o Quevedo».
MIGUEL GARCÍA-POSADA

 

«Toda la obra de Lorca está transida de amor homosexual. Es un prodigio de escritor, hablando solo de este tema habla a todos los hombres y mujeres del mundo».
LUIS ALBERTO DE CUENCA

 

«Me leía sus Sonetos del amor oscuro, prodigio de pasión, de entusiasmo, de felicidad, de tormento, puro y ardiente monumento al amor».
VICENTE ALEIXANDRE (1937)

 

«Me dijo de memoria seis o siete sonetos (…)
de una increíble belleza».
PABLO NERUDA (1968)

 

 

 

 

 

Alvarellos Editora
Resumen de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e para mostrarche publicidade personalizada en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).