• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

6,00 

Cartel histórico de La Barraca de Lorca en A Coruña [Facsimilar de 1932]

EDICIÓN FACSIMILAR 90 ANIVERSARIO DE LA BARRACA EN GALICIA

Medidas 30 x 44 cm.
Cartolina estucada semimate 300 gr.

 

Os días luns 22 e martes 23 de agosto de 1932, a compañía teatral universitaria La Barraca, dirixida por Federico García Lorca, actuaba na cidade da Coruña, primeira parada dentro da ampla xira galega de dez días que tamén a levaría a Santiago de Compostela, Vigo, Baiona, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa e Ribadeo. Este é o cartel histórico que anunciaba polas rúas da cidade aquela actuación. Nunha edición facsimilar de Alvarellos Editora que conmemora os 90 anos de La Barraca en Galicia.

 

NP-G-Cartel-La-Barraca-Lorca-Coruna-1932

 

 

 

Compartir

Para conmemorar os 90 anos da xira galega de La Barraca, Alvarellos Editora publica, en edición facsimilar, o cartel anunciador da actuación da compañía teatral na cidade da Coruña os días 22 e 23 de agosto de 1932. O orixinal pertence ao arquivo persoal de quen fora un dos actores de La Barraca, Modesto Higueras Cátedra (Jaén, 1910 – Madrid, 1985). Foi impreso na Coruña na imprenta e editorial de Manuel Rodríguez Moret, a célebre Imprenta Moret (1923-1974).

La Barraca era unha compañía universitaria, non profesional, con actores e actrices estudantes. Viaxaba un elenco total duns 35 integrantes. Creada e dirixida por Federico García Lorca, o seu paso por Galicia, hai agora 90 anos, fora todo un acontecemento, chegando a actuar na Quintana, en Santiago de Compostela, ante máis de 6.000 asistentes, segundo as crónicas xornalísticas.

Na Coruña a compañía faría tres pases: dous no teatro Rosalía de Castro ás 19:30 horas e outro máis, de noite, na praza de María Pita. Porían en escena tres Entremeses de Cervantes e o auto sacramental La vida es sueño de Calderón de la Barca (onde o propio Lorca interpretaba o personaxe da Sombra), con decorados de Ramón Gaya e Benjamín Palencia.

Federico García Lorca xa estivera na Coruña ese mesmo ano, en maio, no Teatro Linares Rivas, onde pronunciara unha inesquecible conferencia. E tamén estivera moitos anos antes, nunha viaxe de estudos, en outubro de 1916, polo que esta era a terceira vez que visitaba a cidade.

A prensa da época relatou así o paso de La Barraca pola Coruña naquel agosto de 1932:

«Se aplaudió mucho a los simpáticos artistas y singularmente al celebrado poeta Federico García Lorca, que leyó a modo de prólogo unas líricas cuartillas exaltando la finalidad cultural de la obra y anunciando que “La Barraca” parte ahora para Padrón, el punto neurálgico de Galicia, donde con la leyenda jacobea revive también el espíritu de Rosalía»”.

«Por la noche, los animosos y cultos faranduleros, respondiendo a la empresa de difusión que se han impuesto, actuaron al aire libre, en un tabladillo, ante el palacio municipal. Un gran gentío, como en los tiempos idos, escuchó y aplaudió a los jóvenes comediantes en los pasos de comedia clásica que representaron».

La Voz de Galicia, 24 de agosto de 1932.

Consérvase unha fotografía daquela visita. O autor é Juan Cancelo (A Coruña, 1892-1988) e foi incluída na nosa edición facsimilar dos Seis poemas galegos. Publicada orixinalmente como portada en La Voz de Galicia, aparece nela o grupo con Lorca no centro e, como pé de imaxe, este texto:

«Los jóvenes universitarios matritenses que constituyen la ambulante y artística agrupación “La Barraca” y que tan merecido éxito obtuvieron en La Coruña».

 

NP-G-Cartel-La-Barraca-Lorca-Coruna-1932