• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

5,00 

Caderno lorquiano con froitos

64 pp. Tamaño: 9 x 13 cm.
Cosido con fío vexetal.
Cartolina capa: Masterblanck liño 270 gr.
Papel interior: Coral Book W. 90 gr.

 

Con debuxos de Federico García Lorca realizados en Santiago de Compostela en maio de 1932.

 

Alvarellos Editora lanza este outono cinco Cadernos lorquianos. Trátase de cinco modelos ilustrados con debuxos que realizou o propio Federico García Lorca en Santiago de Compostela en maio de 1932.

 

Os orixinais pertencen á Biblioteca do escritor e amigo de Lorca Carlos Martínez-Barbeito (A Coruña, 1913-1997) e permanecen hoxe no Arquivo da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.

 

Foron cinco debuxos que Federico García Lorca incluíu como dedicatorias dos seus libros en dous exemplares para Martínez-Barbeito, un de Canciones e outro do Romancero gitano. Segundo testemuño do propio receptor, o poeta andaluz debuxounas en maio de 1932 no hall do Hotel Compostela onde se hospedaba, e utilizando dúas plumas estilográficas prestadas polo seu amigo galego.

 

Estas cinco ilustracións aparecen publicadas e comentadas –xunto con outras tamén realizadas en Compostela– no libro Federico García Lorca en Santiago de Compostela (Alvarellos Editora, 2020), de Henrique Alvarellos, que saíu á luz en outubro de 2020.

 

Cada un dos modelos de caderno leva un nome identificativo: Pierrot, Biface, Negrita, Floreiro e Froitos, facendo referencia aos motivos que os ilustran.

 

García Lorca era tamén un orixinal e inspiradísimo artista plástico. Nos seus debuxos composteláns emprega técnicas superrealistas e liñas delicadas, aparecen elementos florais e rostros bifaces e sobrevoa nalgúns deles a omnipresente idea da morte e do fracaso que define boa parte da súa obra poética e dramática.

 

COIDADA EDICIÓN E PRESENTACIÓN

Os novos cadernos lorquianos están cosidos a fío e teñen 64 páxinas e unha coidada presentación e edición con cartolina de capa Masterblank liño de 270 gr. e papel interior Coral Book W de 90 gr.
Pódense adquirir a través da web de Alvarellos Editora, www.alvarellos.info, e serviranse baixo pedido ás librarías que as soliciten.

 

Características

64 pp. Tamaño: 9 x 13 cm.
Cosido con fío vexetal.
Capa en cartolina Masterblanck liño 270 gr.
Papel interior: Coral Book W. 90 gr.

ec7c17046162-1-2-1
Compartir

Autoría

Federico García Lorca (Fuente Vaqueros-Granada, 1898 – Víznar-Granada, 1936) é hoxe o poeta español máis lido de todos os tempos, autor tamén en lingua galega dos Seis poemas galegos (1935) que esta editorial recupera en edición facsimilar e ilustrada. Integrante da Xeración do 27, é autor dunha selecta obra en verso (onde destacan os poemarios Romancero gitano, Poema del cante jondo ou Poeta en Nueva York) e teatral (con obras como Bodas de sangre, Yerma ou La Casa de Bernarda Alba). A súa poesía conecta dun xeito único a tradición popular coa vangarda. En 2018, coincidindo cos cen anos da publicación do seu primeiro libro (Impresiones y paisajes) e os 120 do seu nacemento, celebrouse, o 25 de outubro, o primeiro “Día de García Lorca en Galicia”, promovido por Alvarellos Editora.