• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

Autor

Luis Mariscal Parado

Luis Mariscal Parado faría carreira como diplomático ocupando destinos por medio mundo. Portador dunha saúde feble, falecería en Chile aos 45 anos.

Libros do Autor

El gran viaje de estudios de García Lorca (2ª ed)

22,50 

 

Luis Mariscal

Federico García Lorca

 

Por vez primeira, a crónica íntegra da excursión cultural de 1916 por Castela, Galicia e León.

 

336 pp. | 13 x 23 cms.
ISBN 978-84-16460-35-9

 

No outono de 1916 García Lorca tomaría aos seus 18 anos unha decisión radical: abandonar un futuro prometedor na música e propoñerse ser escritor. Sucedeu durante unha longa viaxe de estudos –co seu profesor Domínguez Berrueta e catro alumnos máis– por Castela, Galicia e León.

 

Esta é a crónica íntegra, por vez primeira, daquela excursión. Unha edición ilustrada e anotada, publicada por Alvarellos Editora, que reúne os textos do compañeiro de Lorca, Luis Mariscal, e o propio caderno de viaxe do futuro poeta.

 

Un libro de viaxes moi especial; tamén é un libro de historia e de arte e, sobre todo, un libro lorquiano, do primeiro Lorca.

 

 

CENTENARIO DE IMPRESIONES Y PAISAJES (1918)

Alvarellos Editora publica esta obra coincidindo co centenario da edición do primeiro libro de Federico García Lorca (Impresiones y paisajes, abril de 1918) e cos 120 anos do nacemento do poeta. Unha edición anotada e ilustrada con 35 fotografías e documentos de época, ao coidado do editor e escritor Henrique Alvarellos.

 

O volume inclúe, por unha banda, o relato da viaxe narrada, durante a propia excursión cultural, polo compañeiro de Lorca, Luis Mariscal, que anota, en cada parada, datos precisos e reflexións sobre a paisaxe e as xentes. Un documento excepcional, nunca publicado en libro íntegro ata hoxe.

 

A VISIÓN DIRECTA E ÍNTIMA DE FEDERICO

Doutra banda, contamos coa visión directa e íntima de García Lorca. Reunimos as súas cartas, plenas de entusiasmo; as súas primeiras prosas, que destilan emoción e fondura crítica; ademais de importantes fragmentos daquel primeiro libro, Impresiones y paisajes, e outros textos seus referentes á viaxe.

 

O xornalista granadino e investigador Juan Luis Tapia traza un interesante perfil biográfico de Luis Mariscal, mentres que a doutora en historia da arte Carla Fernández se ocupa das notas histórico-artísticas da narración do compañeiro de Lorca.

 

ITINERARIO DA VIAXE

Madrid — El Escorial — Ávila — Medina del Campo — Salamanca — Zamora— Astorga — Ourense — Redondela — Santiago de Compostela — A Coruña—Lugo — León— Sahagún — Venta de Baños — Burgos — Segovia.

 

[Este libro recibiu unha axuda á edición do Ministerio de Cultura e Deporte].