[AGOTADO] Santiago, 1909
13,50 €Centenario da Exposición Rexional Galega [edición en rústica]
ISBN 978-84-89323-34-6
Medidas: 20,5×19,5 cm
Páxinas: 142
Encadernación: rústica
Papel: Estucado semi de 170 gr. cun verniz especial
Material gráfico: 60 fotografías (b/n) e 10 ilustracións (cor).
Idioma: Galego
A Expo de 1909 marcou época. Era tamén o primeiro Ano Santo do século e polo recinto (instalado ao suroeste da Alameda e no colexio San Clemente) pasaron en cinco meses máis de 53.000 persoas, o dobre da poboación de Santiago naquel intre.
Cen anos despois, aquela peculiar simbiose de arte e industria ben merece un rescate. O autor –o editor e xornalista Henrique Alvarellos Casas– viaxa á Galicia daqueles días para reconstruír a crónica da Exposición Rexional e recuperar do esquecemento preto de setenta fotografías e ilustracións únicas.
Este volume, que conta cun limiar da historiadora da Universidade de Santiago Margarita Barral Martínez, é o primeiro monográfico que se publica sobre a Exposición Rexional de 1909. A colección de imaxes e ilustracións aquí reunidas –máis de setenta– constitúe a máis completa editada ata hoxe.
O traballo de documentación centrouse en diversas fontes arquivísticas e xornalísticas. O autor accedeu aos fondos de centros ou institucións onde posuían imaxes ou datos daquel evento: Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos, Museo do Pobo Galego, Real Academia Galega, Arquivo Histórico maila Hemeroteca da Universidade de Santiago ou Palacio Real de Madrid. Para elaborar a crónica, foron consultados diarios e revistas da época dos anos 1909 e 1910: os diarios locais El Eco de Santiago ou Diario de Galicia, o xornal de Madrid El Imparcial ou o catalán La Vanguardia, ademais de revistas gráficas do momento como a viguesa Vida Gallega ou a madrileña Nuevo Mundo.
O resultado é un volume cunha edición moi coidada, encadernado en capa dura e impreso nun papel especial de alta gramaxe, dotado dun verniz que potencia a intensidade e o contraste das imaxes centenarias.