• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

Oeste 12x19

Castelao é noso

13,90 

X. L. Méndez Ferrín

 

92 pp . 12 x 19 cms.
ISBN 978-84-18567-61-2
Papel FSC Amigo dos Bosques

 

Castelao é noso reúne os ensaios que Xosé Luís Méndez Ferrín dedicou á figura política de Castelao dentro da súa coñecida serie de artigos «No Fondo dos Espellos» (publicada no Faro de Vigo entre 2007 e 2020). En total, trece textos aparecidos entre 2014 e 2019. Entre eles, a serie completa (en sete entregas) dos que titulou como «Castelao é noso», recollendo así un verso dun coñecido poema de Celso Emilio Ferreiro.

 

A presente edición, supervisada polo propio autor, está ao coidado do catedrático de Lingüística Xeral da Universidade de Vigo Fernando Ramallo, quen afirma no limiar: «A clarividencia coa que Ferrín reflexiona sobre a actividade política de Castelao permite achegármonos a unha mellor comprensión dos acontecementos que singularizaron a loita pola liberdade dunha etapa fundamental da nosa historia recente».

 

No texto, no que Ferrín percorre a súa memoria persoal e activismo político dende 1953 ata a actualidade, afirma o autor: «Castelao é dos demócratas, dos nacionalistas e dos antifeixistas. É dos republicanos. Sobre todo é dos que manteñen a memoria dos que sufriron e dos que perderon na Guerra Civil, coma el. Castelao é dos que resistiron o oprobio ao longo de corenta anos e máis».

 

Ferrín critica a apropiación da figura de Castelao por quen actúa en contradición co que o Guieiro fixo e deixou escrito.

 

Ler-as-primeiras-páxinas-de-Castelao-é-noso

 

Compostela como desexo

14,50 

Antón Baamonde
Fernando Barros
Xerardo Estévez
Alfonso Salgado
Xosé Manuel Villanueva

 

ISBN 978-84-18567-53-3
Pp. 120. Formato: 12 x 19 cms
Impreso en offset en papel FSC Amigo dos Bosques

 

→ PLANO DE COMPOSTELA

 

Nota de prensa: Compostela como desexo

 

CINCO AUTORES PROPOÑEN UNHA NOVA MIRADA SOBRE SANTIAGO DE COMPOSTELA

 

Un filósofo, Antón Baamonde; un economista, Fernando Barros; dous arquitectos –Xerardo Estévez e Alfonso Salgado– e un filólogo, Xosé Manuel Villanueva, presentan nesta obra, Compostela como desexo, o que definen como “un documento de reflexión e de ilusión” para compartir coa cidadanía, conscientes de que a capital de Galicia afronta unha década crucial.

 

Estamos ante un libro moi singular. Un ensaio divulgativo onde cinco autores, todos eles cunha longa traxectoria profesional e persoal desenvolvida na capital de Galicia, propoñen unha nova mirada sobre a cidade.

 

A obra aborda, en catro breves capítulos, a historia, a economía, o territorio, o urbanismo e a cultura de Compostela. E propón, para cada un deles, ideas para construír e compartir entre todos un desexo común.

 

Os autores afirman que “este libro nace da constatación dunha insatisfacción á que non debemos resignarnos. É preciso volver a ilusionarse coa cidade e aproveitar todo o seu potencial para converterse nunha Compostela creativa, intelixente, plural, bohemia, respectuosa, creadora de alto valor engadido e repartidora de riqueza. Un Santiago de benestar e igualdade, amable, verde e acolledor”.

 

“Compostela debe elaborar un pensamento propio. O desexo que formulamos é que esta cidade non sexa só ‘punto de chegada’ de milleiros de persoas, senón tamén ‘punto de partida’ para un futuro posible e engaiolante”.

 

La bondad es el punto más elevado de la inteligencia

13,90 

José Miguel Valle

 

Pp: 132 Formato: 12 x 19 cms.
ISBN 978-84-18567-56-8
Impreso en papel amigo dos bosques

 

Despois da publicación de Leer para sentir mejor (Alvarellos Editora, 2022 –en edición tetralingüe– é só en castelán en 2024), un lúcido ensaio sobre o poder da lectura, agora, ol filósofo José Miguel Valle aborda a ética da bondade.

 

Este novo traballo leva por título La bondad es el punto más elevado de la inteligencia (Alvarellos Editora, 2024), un lúcido, inspirado e breve ensaio onde pon en diálogo a bondade cos coidados, a ética, a política, a xustiza, o coñecemento, a dignidade, a axencia, os afectos, o amor.

 

“La bondad es ayudar a que el bienestar y el bienser puedan comparecer en la vida del otro”.

 

“La bondad es el mayor ejercicio malabar que practica la inteligencia cuando se evade de los enanos confines del yo y accede a las vastedad del Nosotros. La contrapongo a la crueldad, a la maldad, a la perversidad y la malicia”.

 

 

Leer para sentir mejor [Edición ampliada]

13,90 

José Miguel Valle

 

Pp: 110. Formato: 12 x 19 cms.
ISBN 978-84-18567-55-1
Impreso en papel amigo dos bosques

 

A lectura como pracer. A lectura como construtora de mundos. Ler como práctica imaxinativa. Ler tamén como práctica disidente. Ler para reconectar, non para desconectar. Ler para dubidar. Ler para recoñecérmonos e recoñecer aos demais. A lectura igualmente como práctica defensiva contra todo dogmatismo. Ler, en fin, pola tolerancia, pola comprensión da diversidade. Ler para sentir a vida. Ler para sentir mellor. Estas son algunhas das reflexións que aborda o filósofo vasco José Miguel Valle neste breve, revelador e orixinalísimo ensaio.

A presente edición é unha versión ampliada da obra que, en 2022, publicou esta mesma editorial, naquela ocasión en versión tetralingüe (galego, castelán, éuscaro e catalán).

 

 

 

Primeiro foi Galicia

13,90 

X. L. Méndez Ferrín

 

106 pp . 12 x 19 cms.
ISBN 978-84-18567-62-9
PAPEL FSC Amigo dos Bosques

 

Despois da publicación do volume Castelao é noso, presentamos Primeiro foi Galicia, unha nova reunión de textos ensaísticos de X. L. Méndez Ferrín onde o gran escritor e pensador reflexiona sobre as históricas relacións (e silencios) entre Galicia e Portugal, e sobre a importancia do reino Suevo na Gallaecia.

 

Despois da publicación do volume Castelao é noso (Alvarellos Editora, verán 2024), rescatamos desta volta Primeiro foi Galicia, unha nova serie de magníficos artigos –ou pequenos ensaios– de X. L. Méndez Ferrín. Trátase, tamén, dunha reunión de textos que tiveran unha primeira vida como publicacións semanais no Faro de Vigo na célebre serie denominada No Fondo dos Espellos (que o gran autor mantivo activa entre 2007 e 2020) e unha segunda existencia, xa en formato de opera omnia, baixo a edición da Universidade de Vigo, en tres volumes saídos do prelo entre 2020 e 2022, nunha edición ao coidado do profesor e investigador Fernando Ramallo, catedrático de Lingüística Xeral da Universidade de Vigo.

 

Se ben na anterior ocasión Ferrín centrábase na manipulación á que foi sometida a figura e o pensamento políticos de Daniel Castelao ao longo do século XX e XXI, agora son obxecto destas páxinas, por unha banda, as relacións históricas (e silencios) entre Galicia e Portugal, e viceversa, textos reunidos baixo o significativo epígrafe «Lonxe de nós e dentro: Portugal»; e un segundo apartado, titulado «Gallaecia suevica», no que o autor aborda a relevancia do estado que, no século V, ergueron na Gallaecia os suevos, con capital en Bracara Augusta, actual Braga. O primeiro reino da Europa despois da desaparición do Imperio romano.

 

Todos os textos foron revisados de novo polo autor, nunha edición que volve estar ao coidado de Fernando Ramallo.

 

Estamos convencidos de que este Primeiro foi Galicia pedía unha edición propia e nova. A súa calidade e orixinalidade, e o xeito en que estes textos axitan o noso pensamento crítico, ha seducir unha vez máis o público lector.

 

NP_G_Primeiro-Foi-Galicia-Méndez-Ferrín-out-2024

 

Rosalía en familia

14,90 

X. L. Méndez Ferrín

 

154 pp . 12 x 19 cms.
ISBN 978-84-18567-71-1
PAPEL FSC Amigo dos Bosques

 

Á VENDA A PARTIR DO 20 FEBREIRO DE 2025

 

Rosalía de Castro en familia, no seu fogar. De primeiras, nai, pai, parella, fillas e fillo. Unha Rosalía revelada, inmensa. X. L. Méndez Ferrín reúne neste volume ensaios breves e poemas onde reflexiona sobre a vida da escritora fundacional do noso Rexurdimento.

 

Rosalía de Castro en familia, no seu fogar. De primeiras, nai, pai, parella, fillas e fillo. Unha Rosalía revelada, inmensa. Ollamos para Ela desde a convicción da súa certeza, da súa palabra e do seu cantar. A orixinalidade deste libro —unha edición ao coidado de Fernando Ramallo, da Universidade de Vigo— áchase na reflexión sobre a súa vida coa que Méndez Ferrín nos agasalla. Desde o nacemento ata o pasamento. Unha Rosalía familiar, unha muller engaliolante e inconfundíbel.

 

X. L. Méndez Ferrín reúne en Rosalía en familia 23 ensaios breves (algúns deles, ilustrados con fotografías históricas) e poemas arredor da vida da escritora fundacional do noso Rexurdimento.

 

 

Este volume integra a nova colección de pensamento de Alvarellos Editora, Oeste 12×19, onde en 2024 publicamos outras dúas obras do autor: Castelao é noso e Primeiro foi Galicia.

 

EMPEZAR A LER:

Mostra-ROSALÍA-EN-FAMILIA-febr-2025

Alvarellos Editora
Resumen de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e para mostrarche publicidade personalizada en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).