• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

Autor

X. L. Méndez Ferrín

X. L. Méndez Ferrín (Ourense, 1938) é un dos máximos referentes da literatura galega contemporánea. Autor dunha depurada, orixinal e prestixiosa obra literaria. Nela destaca, en narrativa, O crepúsculo e as formigas (1961), Retorno a Tagen Ata (1971), Crónica de nós (1980), Arraianos (1991) ou No ventre do silencio (1999). Como poeta, publica Con pólvora e magnolias (1976), Estirpe (1994) ou Contra Maquieiro (2005). A súa obra ensaística ocupa un espazo fundamental na súa escrita: en 1984 ve a luz De Pondal a Novoneyra, e dende 2007 ata 2020 asinou, cada sábado, nas páxinas de Faro de Vigo, a serie No fondo dos espellos, unha abraiante e erudita achega de artigos. Fotografía de Zaldi Ero.

X. L. Méndez Ferrín (Ourense, 1938) é un dos máximos referentes da literatura galega contemporánea. Autor dunha depurada, orixinal e prestixiosa obra literaria. Nela destaca, en narrativa, O crepúsculo e as formigas (1961), Retorno a Tagen Ata (1971), Crónica de nós (1980), Arraianos (1991) ou No ventre do silencio (1999). Como poeta, publica Con pólvora e magnolias (1976), Estirpe (1994) ou Contra Maquieiro (2005). A súa obra ensaística ocupa un espazo fundamental na súa escrita: en 1984 ve a luz De Pondal a Novoneyra, e dende 2007 ata 2020 asinou, cada sábado, nas páxinas de Faro de Vigo, a serie No fondo dos espellos, unha abraiante e erudita achega de artigos.

Libros do Autor

Castelao é noso

13,90 

X. L. Méndez Ferrín

 

92 pp . 12 x 19 cms.
ISBN 978-84-18567-61-2
Papel FSC Amigo dos Bosques

 

Castelao é noso reúne os ensaios que Xosé Luís Méndez Ferrín dedicou á figura política de Castelao dentro da súa coñecida serie de artigos «No Fondo dos Espellos» (publicada no Faro de Vigo entre 2007 e 2020). En total, trece textos aparecidos entre 2014 e 2019. Entre eles, a serie completa (en sete entregas) dos que titulou como «Castelao é noso», recollendo así un verso dun coñecido poema de Celso Emilio Ferreiro.

 

A presente edición, supervisada polo propio autor, está ao coidado do catedrático de Lingüística Xeral da Universidade de Vigo Fernando Ramallo, quen afirma no limiar: «A clarividencia coa que Ferrín reflexiona sobre a actividade política de Castelao permite achegármonos a unha mellor comprensión dos acontecementos que singularizaron a loita pola liberdade dunha etapa fundamental da nosa historia recente».

 

No texto, no que Ferrín percorre a súa memoria persoal e activismo político dende 1953 ata a actualidade, afirma o autor: «Castelao é dos demócratas, dos nacionalistas e dos antifeixistas. É dos republicanos. Sobre todo é dos que manteñen a memoria dos que sufriron e dos que perderon na Guerra Civil, coma el. Castelao é dos que resistiron o oprobio ao longo de corenta anos e máis».

 

Ferrín critica a apropiación da figura de Castelao por quen actúa en contradición co que o Guieiro fixo e deixou escrito.

 

Ler-as-primeiras-páxinas-de-Castelao-é-noso

 

Primeiro foi Galicia

13,90 

X. L. Méndez Ferrín

 

106 pp . 12 x 19 cms.
ISBN 978-84-18567-62-9
PAPEL FSC Amigo dos Bosques

 

Despois da publicación do volume Castelao é noso, presentamos Primeiro foi Galicia, unha nova reunión de textos ensaísticos de X. L. Méndez Ferrín onde o gran escritor e pensador reflexiona sobre as históricas relacións (e silencios) entre Galicia e Portugal, e sobre a importancia do reino Suevo na Gallaecia.

 

Despois da publicación do volume Castelao é noso (Alvarellos Editora, verán 2024), rescatamos desta volta Primeiro foi Galicia, unha nova serie de magníficos artigos –ou pequenos ensaios– de X. L. Méndez Ferrín. Trátase, tamén, dunha reunión de textos que tiveran unha primeira vida como publicacións semanais no Faro de Vigo na célebre serie denominada No Fondo dos Espellos (que o gran autor mantivo activa entre 2007 e 2020) e unha segunda existencia, xa en formato de opera omnia, baixo a edición da Universidade de Vigo, en tres volumes saídos do prelo entre 2020 e 2022, nunha edición ao coidado do profesor e investigador Fernando Ramallo, catedrático de Lingüística Xeral da Universidade de Vigo.

 

Se ben na anterior ocasión Ferrín centrábase na manipulación á que foi sometida a figura e o pensamento políticos de Daniel Castelao ao longo do século XX e XXI, agora son obxecto destas páxinas, por unha banda, as relacións históricas (e silencios) entre Galicia e Portugal, e viceversa, textos reunidos baixo o significativo epígrafe «Lonxe de nós e dentro: Portugal»; e un segundo apartado, titulado «Gallaecia suevica», no que o autor aborda a relevancia do estado que, no século V, ergueron na Gallaecia os suevos, con capital en Bracara Augusta, actual Braga. O primeiro reino da Europa despois da desaparición do Imperio romano.

 

Todos os textos foron revisados de novo polo autor, nunha edición que volve estar ao coidado de Fernando Ramallo.

 

Estamos convencidos de que este Primeiro foi Galicia pedía unha edición propia e nova. A súa calidade e orixinalidade, e o xeito en que estes textos axitan o noso pensamento crítico, ha seducir unha vez máis o público lector.

 

NP_G_Primeiro-Foi-Galicia-Méndez-Ferrín-out-2024