• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

14,50 

Compostela como desexo

Antón Baamonde
Fernando Barros
Xerardo Estévez
Alfonso Salgado
Xosé Manuel Villanueva

 

ISBN 978-84-18567-53-3
Pp. 120. Formato: 12 x 19 cms
Impreso en offset en papel FSC Amigo dos Bosques

 

→ PLANO DE COMPOSTELA

 

Nota de prensa: Compostela como desexo

 

CINCO AUTORES PROPOÑEN UNHA NOVA MIRADA SOBRE SANTIAGO DE COMPOSTELA

 

Un filósofo, Antón Baamonde; un economista, Fernando Barros; dous arquitectos –Xerardo Estévez e Alfonso Salgado– e un filólogo, Xosé Manuel Villanueva, presentan nesta obra, Compostela como desexo, o que definen como “un documento de reflexión e de ilusión” para compartir coa cidadanía, conscientes de que a capital de Galicia afronta unha década crucial.

 

Estamos ante un libro moi singular. Un ensaio divulgativo onde cinco autores, todos eles cunha longa traxectoria profesional e persoal desenvolvida na capital de Galicia, propoñen unha nova mirada sobre a cidade.

 

A obra aborda, en catro breves capítulos, a historia, a economía, o territorio, o urbanismo e a cultura de Compostela. E propón, para cada un deles, ideas para construír e compartir entre todos un desexo común.

 

Os autores afirman que “este libro nace da constatación dunha insatisfacción á que non debemos resignarnos. É preciso volver a ilusionarse coa cidade e aproveitar todo o seu potencial para converterse nunha Compostela creativa, intelixente, plural, bohemia, respectuosa, creadora de alto valor engadido e repartidora de riqueza. Un Santiago de benestar e igualdade, amable, verde e acolledor”.

 

“Compostela debe elaborar un pensamento propio. O desexo que formulamos é que esta cidade non sexa só ‘punto de chegada’ de milleiros de persoas, senón tamén ‘punto de partida’ para un futuro posible e engaiolante”.

 

Compartir

Autoría

Antón Baamonde (Vilalba, 1959). Filósofo e ensaísta. Autor, entre outras obras, de A rosa sen porqué (1997), Aire para respirar (2002) ou Unha nova Olanda. De Ferrol ao Porto: as cidades galegas e o norte de Portugal no escenario global (2021). Fernando Barros (Neda, 1960). Economista. Foi secretario da Cámara de Comercio de Santiago. É profesor de Economía Financieira e Contabilidade na Universidade de Santiago de Compostela e ecónomo do Arcebispado. Xerardo Estévez (Santiago, 1948). Arquitecto. En 1983 foi elixido alcalde de Santiago de Compostela. En 1998 deixou a política para dedicarse de novo aos temas da cidade, o territorio e o patrimonio como arquitecto, escritor e conferenciante. Alfonso Salgado (Santiago, 1966). Arquitecto. Xunto a Francisco Liñares dirixe o estudo “Salgado e Liñares”. A súa obra foi recoñecida ata en sete ocasións polo Colexio de Arquitectos. En 2020 recibiu o Premio de Arquitectura Española do Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España. Xosé Manuel Villanueva (Lugo, 1959). Filólogo e novelista, autor de Adeus India, Adeus, Premio á creación literaria da Fundación Premios da Crítica de Galicia en 2001; Cuarteto con Piano (2003); Legado para el Olvido (2016) e San Jorge, el dragón y la princesa (2017). Foi tenente de alcalde de Santiago, e xerente da USC e do Consorcio de Santiago.