A lectura como pracer. A lectura como construtora de mundos. Ler como práctica imaxinativa. Ler tamén como práctica disidente. Ler para reconectar, non para desconectar. Ler para dubidar. Ler para recoñecernos e recoñecer aos demais. A lectura, así mesmo, como práctica defensiva contra todo dogmatismo. Ler, en fin, pola tolerancia, pola comprensión da diversidade. Ler para sentir a vida. Ler para sentir mellor.
Estas son algunhas das reflexións que aborda o filósofo José Miguel Valle no seu novo ensaio Ler para sentir mellor (Alvarellos Editora, 2022). Un libro que presentamos nas catro linguas do Estado español —galego, castelán, éuscaro e catalán—, nunha edición que atende precisamente a esa necesidade de recoñecer, valorar e protexer tamén a diversidade lingüística. Leer para sentir mejor – Ler para sentir mellor – Sentimena zorrozteko irakurri – Llegir per a sentir millor.
NP_GAL_Ler_para_sentir_mellor_2022
NP_CAST_Leer_para_sentir_mejor_2022