• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.
Novo

14,90 

Rosalía en familia

X. L. Méndez Ferrín

 

154 pp . 12 x 19 cms.
ISBN 978-84-18567-71-1
PAPEL FSC Amigo dos Bosques

 

Á VENDA A PARTIR DO 20 FEBREIRO DE 2025

 

Rosalía de Castro en familia, no seu fogar. De primeiras, nai, pai, parella, fillas e fillo. Unha Rosalía revelada, inmensa. X. L. Méndez Ferrín reúne neste volume ensaios breves e poemas onde reflexiona sobre a vida da escritora fundacional do noso Rexurdimento.

 

Rosalía de Castro en familia, no seu fogar. De primeiras, nai, pai, parella, fillas e fillo. Unha Rosalía revelada, inmensa. Ollamos para Ela desde a convicción da súa certeza, da súa palabra e do seu cantar. A orixinalidade deste libro —unha edición ao coidado de Fernando Ramallo, da Universidade de Vigo— áchase na reflexión sobre a súa vida coa que Méndez Ferrín nos agasalla. Desde o nacemento ata o pasamento. Unha Rosalía familiar, unha muller engaliolante e inconfundíbel.

 

X. L. Méndez Ferrín reúne en Rosalía en familia 23 ensaios breves (algúns deles, ilustrados con fotografías históricas) e poemas arredor da vida da escritora fundacional do noso Rexurdimento.

 

 

Este volume integra a nova colección de pensamento de Alvarellos Editora, Oeste 12×19, onde en 2024 publicamos outras dúas obras do autor: Castelao é noso e Primeiro foi Galicia.

 

EMPEZAR A LER:

Mostra-ROSALÍA-EN-FAMILIA-febr-2025

Compartir

Autoría

X. L. Méndez Ferrín (Ourense, 1938) é un dos máximos referentes da literatura galega contemporánea. Autor dunha depurada, orixinal e prestixiosa obra literaria. Nela destaca, en narrativa, O crepúsculo e as formigas (1961), Retorno a Tagen Ata (1971), Crónica de nós (1980), Arraianos (1991) ou No ventre do silencio (1999). Como poeta, publica Con pólvora e magnolias (1976), Estirpe (1994) ou Contra Maquieiro (2005). A súa obra ensaística ocupa un espazo fundamental na súa escrita: en 1984 ve a luz De Pondal a Novoneyra, e dende 2007 ata 2020 asinou, cada sábado, nas páxinas de Faro de Vigo, a serie No fondo dos espellos, unha abraiante e erudita achega de artigos. Fotografía de Zaldi Ero.